Volve o noso concurso de reciclaxe 1 idea, 1 árbore: xa temos gañadores

Texto actualizado a 20/mayo/2021

¡Xa temos gañadores¡ Dous xustos vencedores que grazas ao seu talento e orixinalidade gañaron dúas viaxes de fin de semana do 16, 17 e 18 de xullo de 2021 a Pazo de Vilane con todos os gastos pagos. Aquí poderán gozar dunha contorna marabillosa, unha gastronomía sen igual e un aloxamento de ensoño nunha casa rural das inmediacións.

 Pero antes de daros os nomes dos vencedores da 8ª Edición do noso concurso de reciclaxe 1 idea, 1 árbol só queremos dirixiros unha palabra:

¡GRAZAS!

Unha vez máis, apréciase en cada unha das vosas propostas o enorme cariño , esforzo e tempo que dedicastes en reutilizar a caixa de ovos de Pazo de Vilane.

Foron nada menos que 462 ideas participantes as que nos chegaron ao Pazo. Todas ellas son iniciativas cheas de encanto, bo gusto, orixinalidade e inxenio.

Por iso, queremos facer constar desde aquí o noso máis profundo agradecemento.

E sen máis, aquí van os nomes dos gañadores:

Carmela Romay, polo seu proxecto Quebrarte

María Isabel Rodríguez Opazo, polos seus tres proxectos: caixa de ferramentas, máquina de chuches e dispensador de auga.

As ideas gañadoras de Carmela Romay: proxecto Quebrarte.

Carmela Romay coordinou un proxecto de arte pictórico cos seus alumnos de Bacharelato de Artes. Seleccionamos a túa proposta polo seu carácter colaborativo, participativo e educativo. Estas son só unha pequena mostra das preciosas obras que crearon aproveitando as caixas de ovos camperos de Pazo de Vilane, transformando un elemento cotián en arte.

As ideas gañadoras de María Isabel Rodríguez Opazo: caixa de ferramentas, dispensador de auga e máquina de chuches.

Nas ideas de reutilización de María Isabel Rodríguez premiamos a orixinalidade, o inxenio, a funcionalidade e a impecable execución.

¡Parabéns Carmela e María Isabel¡ Poñorémonos en contacto con vós para formalizar e concretar os detalles da vosa viaxe¡

Gañadores dos 10 lotes de productos Pazo de Vilane:

Despois do sorteo celebrado entre o resto das propostas participantes, os seguintes son os afortunados que recibirán un completo lote de productos Pazo de Vilane, integrados por 1 bote de marmelada artesanal de frambuesa, 1 bote de marmelada artesanal de arandos, 1 bote de marmelada artesanal de tomate agridoce, un delantal e unha bolsa de tea “Pazo de Vilane”.

Amparo Garcia Moret, pola súa idea «Pintball«.

Familia Clavijo Garisoain polo seu «Mini futbolín«, feito por uns xemelgos de 12 anos e o seu irmán maior.

Cristina Sancho (Familia Gallud), por su «Skate park«, realizado entre pai, nai, Darío e o seu irmán.

Florinda Castanheira, pola súa idea para amontoar e colocar libros.

@ciudades_en_juego (Carmen Alcalde Aramburu) pola súa «Casita de los libros«.

Diana Wrana, polo seu «Teatrillo Marino«.

Adrian Luciague, polas súas esculturas feitas con pasta de papel obtida da caixa de Pazo de Vilane.

Dario Gil Ruiz e Jose Antonio Gil Villanova (Darío Gil Ruiz e familia) polo seu «Dispositivo para xogar ao videoxogo Real Turbo Car Racing» desde o teléfono móbil.

María del Hoyo, polo seu xogo «Pollitos traviesos«.

Miguel Angel, polas súas gafas para FPV (visión en primeira persoa) para practicar o pilotaxe de drons.

¡Parabéns! Porémonos en contacto con todos vós para concretar a entrega do lote de productos.

¿Non resultaches afortunado? ¡Claro que sí, plantaremos unha árbore no teu nome¡

Xa cheira a primavera¡ E sigue sendo tradición dos últimos anos, lanzamos a 8ª edición do noso gran concurso de reciclaxe 1 idea 1 á

Xa sabes que no noso concurso 1 idea, 1 árbore todos os participantes teñen premio.

Como facemos ao rematar cada edición, a finais do próximo inverno (xusto cando os expertos aconsellen para que se adapten óptimamente á climatoloxía) plantaremos unha árbore por cada proposta recibida na comarca da Ulloa (Lugo).

Máis abaixo podes ver a plantación que fixemos este ano a partir das propostas da edición precedente.

Como ves, con esta iniciativa todos gañamos: o medio ambiente, e por suposto todos nós.

rbore, unha iniciativa na que todos saímos gañando. Tí mándanos unha foto, video ou texto coa túa idea de reutilización da caixa de Pazo de Vilane, e a cambio nós plantamos unha árbore. Así de fácil.

Recicla, reduce, reutiliza…¡Cada idea conta¡

Edición especial familias

Ademáis, como este ano se cumpre o 25 aniversario de Pazo de Vilane, empresa fundada en 1996 pola Familia Varela-Portas, decidimos celebralo sorteando 10 lotes dos nosos productos entre todos os participantes e engadindo dous súper premios, isto é , 2 viaxes en familia ao Pazo (Antas de Ulla, Lugo) con todos os gastos pagados para as dúas mellores propostas.

¡Ensínanos xa cómo reutiliza a túa familia a caixa da galiña e poderedes pasar xuntos un espectacular fin de semana visitando a comarca da Ulloa!

A mecánica do concurso é ben sinxela.

Enviádenos unha idea ben orixinal para reciclar, reutilizar ou darlle outro uso á nosa caixa.

Non olvidedes facer as fotos, videos ou textos máis espectaculares…

Hai dúas formas igualmente válidas de participar:

  1. Desde as túas RRSS (Facebook, Instagram o Twitter) entra no perfil de Pazo de Vilane (síguenos si todavía non o fas) e comparte unha foto, vídeo ou texto explicativo da túa proposta de reciclaxe da nosa caixa de ovos camperos. Non olvides etiquetarnos (@PazodeVilane) e engadir o hashtag #1Idea1Arbol. Deberás comprobar que tanto a etiqueta (@PazodeVilane) como a entrada da publicación no hashtag é correcta e pública.
  2. Si o prefires, podes mandarnos unha foto, vídeo ou texto explicativo a: comunicacion@pazodevilane.com
  3. Ou a través de correo postal a: Pazo de Vilane. Lugar de Vilane, 31 27570 Antas de Ulla (Lugo)

Recorda: podes mandar tantas ideas como queiras, pero sólo ata o 15 de maio de 2021, Día Mundial das Familias.

Consulta as bases do concurso aquí

Unha plantación moi especial

Aproveitamos para contarte que, como este 25 Aniversario é moi especial para Pazo de Vilane, a principios de marzo plantamos as árbores da pasada edición de 1 idea, 1 árbore (7ª Edición, 2020)

Por iso recorremos á empresa especializada en paisaxismo Hifas da Terra, quen nos axudou  a diseñar sendos bosques do 25 Aniversario Pazo de Vilane, ubicados nas nosas fincas de Susnavás e A Margada, onde pastan as nosas galiñas camperas nos seus parques.

Empregados do Departamento de Producción (Granxas) participaron ó largo de varias xornadas na plantación de decenas de castaños, faias, carballos americanos, fresnos europeos, bidueiros, e cerdeiras.

¿Qué mellor maneira de celebrar os nosos 25 anos como empresa que colaborar no enriquecemento medioambiental da nosa comarca?

Estamos convencidos de que gracias ao clima e a riquísima terra galega, en canto pasen uns anos , os nosos bosques darán sombra e acubillo abundante as nosas queridas galiñas, e todo aquel que visite Pazo de Vilane se admirará da súa frondosidad e riqueza de tonalidades.