Todo o mundo sabe cocer un ovo: metelo en auga fervendo 10-12 minutos e listo. Aparentemente é algo sinxelo pero seguro que nalgunha ocasión, cando vas quitarlle a casca quedou pegada ou se che rompeu cando o introduciches na auga. Hoxe en Pazo de Vilane imos dar as claves para facer ben un ovo cocido e gozar dos nosos ovos camperos.
Un ovo cocido perfecto ten os seus pequenos trucos para que sexa fácil de pelar e teña unha xema centrada e callada. Antes de comezar a cociñar, hai que asegurarse de que o ovo está fresco:
Sabendo isto, outro paso previo para cocer un ovo correctamente é sacalo da neveira uns minutos antes de mergullalo, isto evitará que rompa a casca ao metelo na auga. Outra posibilidade para que non rompan é, antes de metelos na auga, facerlle un pequeno buraco cun alfinete na base para liberar o aire de dentro.
Encher o cazo con auga suficiente que cubra o ovo enteiro para que se coza e botarlle sal, permite que pelar o ovo sexa máis sinxelo. En ocasións, seguro que che pasou que ao partir en dous o ovo, a xema non está centrada. Para evitalo, podes introducilo cando a auga está a ferver en lugar de cando está fría. Así, a mesma auga fervendo fará que o ovo vire. Para reforzar o efecto, ao comezo da cocción podes viralos con axuda dunha espátula.
Unha vez a auga rompa a ferver, baixa un pouco o lume para manter o punto de ebulición. En canto ao tempo e saber canto tarda en cocerse un ovo, depende do seu tamaño, o número de ovos que esteamos a cocer e dos gustos persoais de cada un. Pero en calquera caso, o tempo indicado unha vez a auga está a ferver é entre 11-12 minutos. O importante é non excederse no tempo de cocción porque pola contra, a xema sairá verdosa. Para que pelalos sexa máis fácil, unha vez pasado uns minutos, mergulla os ovos en auga fría con xeo e pélaos cando estean fríos, ou polo menos mornos.
Se por exemplo esqueciches controlar o tempo, non sabes canto leva o ovo na auga e pregúntasche como saber se están cocidos, hai un pequeno truco que pode servir de axuda. Colle o ovo e faino virar sobre si mesmo, se ao deixar de virar queda de pé, quere dicir que o ovo está duro.
Tipo de ovo segundo a súa cocción
Segundo o tipo de ovo que queiras facer terá un tempo de cocción.
Se o deixas entre 2-3 minutos, terás ovos á coque. De consistencia semilíquida.
Podes cocer o ovo sen casca, envolto en filme de cociña e poñer un pouco de vinagre uns 3-4 minutos. Así consegues uns ovos poché ou escalfados.
Deixalo entre 4-5 minutos fai que a clara exterior estea sólida, o interior leitoso e a xema quente. Así consegues ovos pasados por auga para comelos con culler.
Entre 5 e 6 minutos deixa a clara cocida e a xema semilíquida. Son ovos mollet e pélanse con coidado.
Entre 8-10 minutos consegues os ovos duros. Sólidos e tenros e coa xema centrada.
E tamén poden cociñarse ao vapor ou entre as cinzas dunha brasa.
Ovos camperos de Pazo de Vilane
O noso produto principal é o ovo de galiñas en liberdade. A inxesta de herbas que comen nos seus paseos, achega ás galiñas nutrientes, fibras e aminoácidos que incorporan ao ovo que poñen.
O resultado son uns ovos de cor marrón tenue, moreno e uniforme con maior consistencia, aroma intenso e un sabor característico. A súa excelencia non só vén da súa alimentación, tamén é o resultado dunha atención esmerada por cada unha das persoas que formamos parte de Pazo de Vilane.
Consegue os nosos ovos nas principais cadeas de distribución e goza dos teus ovos cocidos con Pazo de Vilane.