Celebrando o Día da Muller Rural en Pazo de Vilane

O Día da Muller Rural celébrase o 15 de outubro desde que no ano 2007 a Organización de Nacións Unidas, ONU, decidiu establecer un día para recoñecer “a función e contribución decisivas da muller rural, na promoción do desenvolvemento agrícola e rural, a mellora da seguridade alimentaria e a erradicación da pobreza rural”. No 2008 celebrouse a primeira edición desta efeméride que ten como obxectivo que as nacións membro asignen maior importancia á mellora da situación das mulleres rurais nas súas estratexias de desenvolvemento nacionais, rexionais e mundiais.

Para Pazo de Vilane, o Día da Muller Rural é un día de celebración de tódalas mulleres que nos axudan a que sigamos crecendo día a día e ano tras ano. Grazas á súa contribución, a nosa aposta pola contorna rural da comarca da Ulloa segue adiante. Como pequena homenaxe neste o seu día, hoxe ímosvos a descubrir a 8 das nosas traballadoras e cal é a súa visión sobre o mundo rural.

Yanira, 26 anos, liña de envasado

Que pensas que achega Pazo de Vilane ao rural galego?

Postos de traballo e dá vida ao pobo.

Que valores achega o rural á túa vida?

Benestar, vivir tranquila sen tanta contaminación

Que se podería mellorar na comarca da Ulloa?

Potenciar o turismo para que todo o mundo poida ver isto.

Cal é o teu lugar favorito na comarca da Ulloa?

Torrentes do Mácara e Palas de Rei.

María del Mar, 45 anos, liña de envasado

Que pensas que achega Pazo de Vilane ao rural galego?

Emprego e produtos de alimentación como ovos.

Que valores achega o rural á túa vida?

Zonas verdes e respirar sen contaminación.

Que se podería mellorar na comarca da Ulloa?

O emprego.

Cal é o teu lugar favorito na comarca da Ulloa?

Miradoiro, Monte Farelo.

María Jesús, 34 anos, liña de envasado

Que pensas que achega Pazo de Vilane ao rural galego?

Emprego.

Que valores achega o rural á túa vida?

Tranquilidade e nada de agobios nin ruídos.

Que se podería mellorar na comarca da Ulloa?

Emprego.

Cal é o teu lugar favorito na comarca da Ulloa?

A Peneda, un sitio de descanso e lecer.

(FOTO)

María del Mar, 43 anos, liña de envasado

Que pensas que achega Pazo de Vilane ao rural galego?

Postos de traballo e inserción da muller rural.

Que valores achega o rural á túa vida?

Vivir con tranquilidade e rodeada de natureza.

Que se podería mellorar na comarca da Ulloa?

Creación de máis empresas para postos de traballo sen necesidade de marchar ás cidades.

Cal é o teu lugar favorito na comarca da Ulloa?

O miradoiro de Monte Farelo.

Laura, 33 anos, liña de envasado

Que pensas que achega Pazo de Vilane ao rural galego?

Fai visible o papel da muller.

Que valores achega o rural á túa vida?

O valor da familia e o coidado da natureza.

Que se podería mellorar na comarca da Ulloa?

A rehabilitación das aldeas e a axuda a pequenos empresarios que tentan crear postos de traballo.

Cal é o teu lugar favorito na comarca da Ulloa?

A Peneda.

Paula, 20 anos, liña de envasado

Que pensas que achega Pazo de Vilane ao rural galego?

Visibilizar zonas que non son tan coñecidas, postos de traballo e boas tortillas.

Que valores achega o rural á túa vida?

Para min o rural é sinónimo de familia, un ambiente onde nos coñecemos todos e dá moita tranquilidade.

Que se podería mellorar na comarca da Ulloa?

Principalmente zonas desmelloradas como estradas, bosques e natureza que se perde por falta de coidados.

Cal é o teu lugar favorito na comarca da Ulloa?

A aldea dos meus avós, Quintela, en Antas de Ulla.

María, 25 anos, liña de envasado

Que pensas que achega Pazo de Vilane ao rural galego?

Postos de traballo e coñecer mellor a comarca.

Que valores achega o rural á túa vida?

Respecto polos animais e a natureza.

Que se podería mellorar na comarca da Ulloa?

Os servizos e o emprego.

Cal é o teu lugar favorito na comarca da Ulloa?

Palas de Rei, concretamente Lestedo.

Susana, 46 anos, responsable do Departamento de Administración

Que pensas que achega Pazo de Vilane ao rural galego?

Pazo de Vilane actúa como un núcleo de reactivación económica, social e cultural para a comarca da Ulloa e zonas próximas. A xeración de emprego duradeiro, pero tamén sustentable no rural é moi importante e é algo que está moi presente na esencia de Pazo de  Vilane .

Que valores achega o rural á túa vida? 

A posibilidade de levar unha vida tranquila e en contacto coa natureza, algo que aínda valoro máis desde que son nai.

Que se podería mellorar na comarca da Ulloa?

Mellorar a oferta de servizos á poboación: un hipermercado ou un supermercado con maior variedade e instalacións deportivas. Doutra banda, a oferta cultural é realmente reducida, tes que desprazarte principalmente a Lugo para poder ir ao cinema ou a calquera outro tipo de espectáculo.

Cal é o teu lugar favorito na comarca da Ulloa?

Sen dúbida, o castelo de Pambre, unha fortaleza medieval do s. XIV, que ben merece unha visita.