Colina, o nutriente descoñecido (pero moi valioso) que atoparás nos ovos camperos.

La colina no es un nutriente muy conocido, pero es esencial para el buen funcionamiento del hígado, los músculos y el cerebro. ¿En qué alimentos se encuentra?

Huevos camperos, ricos en colina

A colina non é un nutriente moi coñecido, pero é esencial para o bo funcionamento do teu fígado, os teus músculos e sobre todo, o teu cerebro, así como para mellorar o metabolismo das graxas e a reparación da membrana das túas células.

Ao mellor nunca oiches falar dela, pero a colina, un nutriente que forma parte das vitaminas do Grupo B, xoga un papel determinante no teu bienestar. Entre as propiedades da colina están o correcto funcionamiento de órganos como o fígado ou o cerebro, ademáis do sistema muscular, incluso podes ter maiores riscos cardiovasculares.

Ten en conta que o corpo é capaz de “fabricar” ou sintetizar esta vitamina no fígado por sí só , pero en pequenas cantidades. É dicir, esta produción endóxena ou interna é case sempre insuficiente; polo tanto, debes asegurarte de inxerir suficiente colina a través da túa dieta.

E é que, según numerosos expertos, e tal como recolle un recente estudio levado a cabo por un grupo de investigadores de la Universidade Complutense, unha parte significativa da poboación non ten os niveis de colina adecuados.

En realidade, hai estudos que corroboran que tanto en EEUU como en Europa ningún grupo de poboación analizado , alcanza os mínimos.

E isto é serio-dado o papel da colina na saúde- pero máis aínda se reparamos nos grupos que máis o necesitan: mulleres embarazadas ou lactantes, bebés e nenos e anciáns.

Huevos cocidos

De feito, este traballo científico considera que non é boa idea limitar en algunhas dietas os ovos e os lácteos, porque con iso faise moi dificil alcanzar os niveis idóneos de colina no organismo e non queda outro remedio que recorrer á suplementación.

Este mesmo estudo sinala que as persoas que inclúen ovo na súa dieta inxiren case o dobre de colina que os non consumidores e, precisamente por iso soen alcanzar mellor as súas necesidades diarias.

Alimentos ricos en colina

Entre os principais alimentos que aportan colina á nosa dieta destacan:

  • Fígado de tenreira
  • Ovos
  • Carnes de polo, pavo e terneira
  • Soia
  • Pescados como o bacalao
  • Mariscos
  • Patacas
  • Brócoli e coliflor
  • Leite

Así pois, parece claro que se levas unha alimentación equilibrada na que non falten os ovos camperos, terás o teu aporte de colina cuberto. E é que o ovo, tras o fígado de tenreira, é o alimento que máis colina contén.

Por detrás de este super alimento figuran outros, como a carne de tenreira , o polo, o bacalao, a pataca, a leite o brócoli , pero nunha proporción considerablemente menor. En concreto, un ovo, de media, aportará uns 147 mg deste nutriente, é dicir, máis dun tercio das túas necesidades diarias, mentres que a leite aporta 43 mg e o brócoli 31 mg.

¿Sabes que é o mellor? Que a colina atópase en abundancia nos ovos camperos, así que nunca foi tan pracenteiro coidarse. Engade un ovo revolto, poché, en tortilla ou frito á túa dieta e estarás dando un paso adiante na túa saúde.

Un apunte: ten en conta este consello especialmente se estás na menopausa. Nesta época as necesidades de colina aumentan considerablemente nas mulleres, porque entran en xogo alteracións hormonais.

A importancia da colina en mulleres embarazadas

Mujer embarazada sujetando ropa de bebé

Según un estudo levado a cabo en Canadá entre xestantes e lactantes e que recollen os investigadores da Universidade Complutense , apenas un 23% destas mulleres compren os niveis recomendados de colina en calquer dos tres trimestres do embarazo, e só un 11% fai o propio durante a lactancia.

Por certo, quedou demostrado que as que non incluían ovos na súa dieta tiñan máis dificultades para alcanzar a cantidade necesaria.

Os expertos insisten en que é necesario concienciar ás mulleres embarazadas do risco de non contar con suficiente colina no seu organismo, e non só para a súa saúde, senón para a do bebé. E é que a colina desempeña un papel determinante no mantemento da estructura e función cerebral desde as primeiras etapas da vida.

Demostrouse que produce un intercambio de colina a través da placenta e que a cantidade que a nai inxire condiciona directamente os niveis do feto. De feito, incide no seu desenrolo xeral e na boa formación da médula espinal e do tubo neural (DTN).

Outro dato curioso é que a colina durante o embarazo parece influir na futura capacidade do aprendizaxe do bebé. Neste sentido, realizáronse varios estudos científicos nos que parece deducirse que os nenos, pasados varios anos, obteñen mellores puntuacións en tests tanto de memoria visual como de procesamento da información.

A colina, tamén moi beneficiosa en maiores.

Personas mayores paseando de la mano

Pero non acaban aquí as bondades da colina, pois tamén se asociaron á menor risco de demencia en adultos maiores. Así, observouse que as persoas de edad media e avanzada, se inxiren unha cantidade adecuada de colina, contan con maior memoria verbal e visual e unha mellora apreciable da súa función cognitiva.

Estos estudos leváronse a cabo con anciáns institucionalizados (en hospitais ou residencias) con maior inxesta de ovo frente a outros grupos con peores dietas.

FONTES:

Grupo de Investigación VALORNUT-UCM

¿Te ha interesado esta noticia? ¡Suscríbete a nuestro boletín y recibirás gratis un libro digital!

Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade