1 idea, 1 árbore: preservando a biodiversidade da Ulloa

 

É imprescindible para todas e cada unha das persoas que formamos parte desta empresa familiar. Unha das iniciativas que realizamos para trasladar o noso amor pola terra aos nosos clientes é o concurso 1 idea, 1 árbore. Neste 2019 alcanzamos a sexta edición e recibimos, nin máis nin menos que máis de 400 propostas!

O obxectivo principal deste concurso de ideas é reutilizar a caixa de ovos campeiros de Pazo de Vilane para darlle unha nova vida en cada fogar ao que chega. Conseguimos así fomentar a reciclaxe das nosas míticas caixas, elaboradas con cartón reciclado. A reutilización é unha das liñas básicas para preservar o medio ambiente e reducir a contaminación. Por cada idea que chega para darlle un novo uso á caixa de Pazo de Vilane comprometémonos a plantar unha árbore na Ulloa durante o inverno de 2020.

A Ulloa é unha comarca que se atopa en pleno corazón de Galicia. Está formada polos  concellos de Palas de Rei, Monterroso e Antas de Ulla, lugar no que se atopa Pazo de Vilane. A súa localización no centro da provincia de Lugo outórgalle unha posición privilexiada e chea de paisaxes únicas. Precisamente para axudar á conservación desas paisaxes e da contorna natural galego plantamos unha árbore dunha especie autóctona por cada idea que nos enviastes ao noso concurso.

A idea que nos move é axudar a preservar a biodiversidade da comarca da Ulloa e conseguir que manteña a súa esencia natural. Para iso apostamos por plantar árbores como castaños, chopos, freixos, bidueiros ou carballos. Coa contribución de Pazo de Vilane e de todas as persoas que participan no noso concurso 1 idea, 1 árbore, axudamos a  reforestar toda a zona.

Con esta plantación créanse novos bosques autóctonos, que son un dos numerosos hábitats que se dan en Galicia. A comunidade conta cunhas 20.000 especies animais e vexetais que ven cada vez máis ameazada a súa existencia pola destrución da contorna natural, os incendios ou a aparición de especies invasoras. O territorio galego foi historicamente una das zonas con máis biodiversidade agraria de toda Europa. Isto é debido ás características xeográficas, que crean gran variedade de paisaxes e de hábitats, e ao seu clima atlántico con toques mediterráneos.

Tamén influíron as actividades agrícolas, gandeiras e forestais, xa que modelaron a paisaxe de Galicia e da Ulloa ao longo dos séculos. É aquí onde entramos nós e a pegada que queremos deixar como parte de Pazo de Vilane para as próximas xeracións. Para que os que veñen tamén poidan descubrir as marabillas naturais que nós tanto queremos e que loitamos por conservar co noso traballo diario.