fbpx

¿Cómo cocer un ovo correctamente?

Descubrímosche os segredos para que saibas como cocer un ovo á perfección.

Todo o mundo sabe cocer un ovo: metelo en auga fervendo 10-12 minutos e listo. Aparentemente é algo sinxelo pero seguro que nalgunha ocasión, cando vas quitarlle a casca quedou pegada ou se che rompeu cando o introduciches na auga. Hoxe en Pazo de  Vilane imos dar as claves para facer ben un ovo cocido e gozar dos nosos ovos camperos.

Un ovo cocido perfecto ten os seus pequenos trucos para que sexa fácil de pelar e teña unha xema centrada e callada. Antes de comezar a cociñar, hai que asegurarse de que o ovo está fresco:

Sabendo isto, outro paso previo para cocer un ovo correctamente é sacalo da neveira uns minutos antes de mergullalo, isto evitará que rompa a casca ao metelo na auga. Outra posibilidade para que non rompan é, antes de metelos na auga, facerlle un pequeno buraco cun alfinete na base para liberar o aire de dentro.

Encher o cazo con auga suficiente que cubra o ovo enteiro para que se coza e botarlle sal, permite que pelar o ovo sexa máis sinxelo. En ocasións, seguro que che pasou que ao partir en dous o ovo, a xema non está centrada. Para evitalo, podes introducilo cando a auga está a ferver en lugar de cando está fría. Así, a mesma auga fervendo fará que o ovo vire. Para reforzar o efecto, ao comezo da cocción podes viralos con axuda dunha espátula.  

Unha vez a auga rompa a ferver, baixa un pouco o lume para manter o punto de ebulición. En canto ao tempo e saber canto tarda en cocerse un ovo, depende do seu tamaño, o número de ovos que esteamos a cocer e dos gustos persoais de cada un. Pero en calquera caso, o tempo indicado unha vez a auga está a ferver é entre 11-12 minutos. O importante é non excederse no tempo de cocción porque pola contra, a xema sairá verdosa. Para que pelalos sexa máis fácil, unha vez pasado uns minutos, mergulla os ovos en auga fría con xeo e pélaos cando estean fríos, ou polo menos mornos.

Se por exemplo esqueciches controlar o tempo, non sabes canto leva o ovo na auga e pregúntasche como saber se están cocidos, hai un pequeno truco que pode servir de axuda. Colle o ovo e faino virar sobre si mesmo, se ao deixar de virar queda de pé, quere dicir que o ovo está duro. 

Tipo de ovo segundo a súa cocción

Segundo o tipo de ovo que queiras facer terá un tempo de cocción.

Se o deixas entre 2-3 minutos, terás ovos á coque. De consistencia  semilíquida.

Podes cocer o ovo sen casca, envolto en filme de cociña e poñer un pouco de vinagre uns 3-4 minutos. Así consegues uns ovos poché ou escalfados. 

Deixalo entre 4-5 minutos fai que a clara exterior estea sólida, o interior leitoso e a xema quente. Así consegues ovos pasados por auga para comelos con culler.

Entre 5 e 6 minutos deixa a clara cocida e a xema semilíquida. Son ovos mollet e pélanse con coidado.

Entre 8-10 minutos consegues os ovos duros. Sólidos e tenros e coa xema centrada.

E tamén poden cociñarse ao vapor ou entre as cinzas dunha brasa.

Ovos camperos de Pazo de Vilane

O noso produto principal é o ovo de galiñas en liberdade. A inxesta de herbas que comen nos seus paseos, achega ás galiñas nutrientes, fibras e aminoácidos que incorporan ao ovo que poñen.

O resultado son uns ovos de cor marrón tenue, moreno e uniforme con maior consistencia, aroma intenso e un sabor característico. A súa excelencia non só vén da súa alimentación, tamén é o resultado dunha atención esmerada por cada unha das persoas que formamos parte de Pazo de Vilane. 

Consegue os nosos ovos nas principais cadeas de distribución e goza dos teus ovos cocidos con Pazo de Vilane.

< Volver

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies