fbpx

Chega a 4ª edición do concurso de anécdotas campestres

Participa no noso concurso de anécdotas e gaña unha viaxe a Pazo de Vilane.

En Pazo de  Vilane, as túas historias teñen premio. O noso tesouro é a nosa historia e, por iso, estamos sempre desenvolvendo iniciativas que nos axuden a compartir o patrimonio inmaterial para construír a memoria da nosa terra, grazas á que somos o que somos e mantemos unha esencia ligada á natureza. Por iso, presentamos a cuarta edición do Concurso de Anécdotas, unha iniciativa coa que queremos coñecer todas aquelas historias que forxan o noso carácter.

Cóntanos a túa anécdota

Tes unha historia? Queremos sabela! Se a túa vida transcorreu ligada ao campo ou se pasaches grandes momentos familiares nel, non o dubides e escríbenos. Viches nacer algún animal? Perdícheste algunha vez na natureza? Roubabas os ovos do curral dos teus avós? Sexa cal for, estamos a desexar ler os teus relatos curiosos ou divertidos que ti ou algún dos teus vivísedes nunha contorna rural.

Que teño que facer para participar?

Participar no Concurso de Anécdotas é moi sinxelo. Empeza por elixir o teu recordo e comeza a dar forma ao teu relato, xa sexa unha historia ou un acontecemento sen igual. Cando relates tódolos detalles, xa estará lista para que nola envíes a través da plataforma  EasyPromos. E se a acompañas dunha fotografía ou dun debuxo para que podamos ver a túa experiencia, ademais de lela, xenial! 

O prazo de presentación dos relatos estará aberto desde o 8 de xullo ata o 23 de agosto de 2019 e, durante ese tempo, poderás utilizar o hashtag #AnécdotaPazoDeVilane para difundir as vosas historias en redes sociais. A máis votada será a gañadora.

Coñece Pazo de Vilane

Se queres que a túa historia sexa a máis votada, non dubides en difundila nas túas redes sociais. Cuantos máis votos consigas, máis posibilidades terás de gañar o premio que en Pazo de Vilane preparamos para ti os días 6, 7 e 8 de setembro.

Se a túa historia ou receita sae como gañadora da cuarta edición do Concurso de Anécdotas, terás a oportunidade de visitar as nosas instalacións. Non só percorrerás un auténtico pazo do século XVII senón que ademais poderás ver como nosas galiñas gozan da liberdade que lles outorga correr polas nosas leiras e descubrirás o proceso que seguimos para envasar con agarimo e de forma artesanal os nosos ovos campeiros. A túa visita a Pazo de Vilane incluirá dúas noites con almorzo nun aloxamento de turismo rural da comarca da Ulloa e unha comida ou cea nun establecemento da zona. 

Como a misión deste concurso é a de compartir historias, reservamos un recoñecemento especial para o seguintes catro historias máis votadas. Se es o autor dunha delas, recibirás en casa un lote composto por un mandil e unha bolsa serigrafiadas coa marca de Pazo de Vilane, acompañadas por marmeladas artesanais de arando, framboesa e tomate. 

Non o penses máis! Fai memoria e comeza a escribir a túa anécdota agora mesmo. Estamos desexando coñecela.

< Volver

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies