San Salvador de Vilar de Donas; unha ventá á historia de Galicia a uns minutos de Pazo de Vilane

A igrexa mosteiro de San Salvador de Vilar de Donas está situada no municipio de Palas de Rei, en pleno Camiño de Santiago. O Día de Galicia, é un bo momento para fixarnos e pór en valor os recursos que nos rodean, naturais pero tamén patrimoniais e históricos. Documentos históricos din que o seu fundador foi Arias Pérez de Monterroso, aínda que se atribúe a súa fundación a un grupo de mulleres da súa familia que aparecen representadas en pinturas góticas da capela maior; de aí viría o nome de “donas”. A orixe desta construción data do século XII.
Foto: turismo.gal
A igrexa está vinculada á famosa Orde dos Cabaleiros de Santiago e os templarios. Está considerada como Ben de Interese Cultural desde o ano 1931, dentro do catálogo de monumentos do patrimonio histórico de España.