fbpx

Non perdas o fío con 1 idea, 1 árbore

Coñece máis ideas orixinais para ter a túa casa organizada coas caixas de ovos campeiros de Pazo de Vilane.

Unha semana máis, seguimos igual de felices vendo como gozades coas nosas caixas de ovos campeiros. Xa sabedes que en Pazo de Vilane lanzamos a 6ª edición de 1 idea, 1 árbore cunha dobre intención: aprender a reciclar e contribuír á reforestación na comarca da Ulloa. Por cada idea que nos enviardes, en Vilane comprometiámonos a plantar durante o inverno de 2020 unha árbore de especie autóctona, como castaños, carballos, freixos, bidueiros e chopos na comarca da Ulloa (Lugo), contribuíndo así á reforestación da zona.

Máis de 400 ideas son as que participaron nesta iniciativa e non podemos parar de ensinarvos o orixinais e divertidos que chegades a ser. Instrumentos musicais, contos interactivos, xoguetes para mascotas ou caixas de ferramentas son só algunhas das ideas que nos chegaron. Hoxe imos a ensinarvos como facer un costureiro grazas á caixa de ovos campeiros de Pazo de Vilane. 

Seguro que tes por casa algunha lata de galletas chea de fíos, dedais e alfinetes (a máis dun neno rompéuselle o corazón pensando que tería galletas). Pois grazas a Ángeles e o seu costureiro  customizado poderás deixar de usar latas. Que necesitas? Soamente unha tea, creatividade e unha caixa de ovos campeiros. Cunha pistola de silicona pega a tea ao redor da caixa, forrándoa por completo. Dentro podes meter unhas caixiñas ou usar a caixa de ovos para organizala e enchela cos teus utensilios de costura. A decoración deixámola á creatividade de cada un. Neste caso, Ángeles pegou na parte superior diferentes obxectos de costura deixando unha almofada no medio para non perder os alfinetes. 

O usuario @ MCh tráenos outro precioso costureiro, máis sinxelo e rápido de elaborar, para gardar os teus utensilios e teas. Comeza cortando a tapa da caixa de ovos, forra o interior cunha tea utilizando unha pistola de silicona quente e decóraa bordeando a caixa cunha corda, en pouco tempo terás un costureiro ideal para ter gardadas as túas teas, metros e alfinetes. Tamén podes usar esta idea para gardar outras cousas ou usalo de paneira ou  froiteiro; nós ensinámosche a idea, ti pos a creatividade. 

Se che gusta tecer e estás cansada de perder o fío, temos outra idea fabulosa para ti. Laura tráenos este costureiro para nobelos. Novamente forra a caixa enteira con tea e acolcha o seu interior. Despois só tes que gardar as agullas e o nobelo. Cando termines de tecer, terás o nobelo intacto e poderás gardar as túas creacións sen perder o teu traballo. Non é ideal?

Unha vez máis temos que darvos as grazas por todas as vosas marabillosas ideas e axudarnos a contribuír a mellorar o medio ambiente facendo que Pazo de Vilane sexa un sitio único. Lembrade que podedes consultar na web as ideas de reutilización da caixa de ovos campeiros de 1 idea, 1 árbore recibidas en 2014, 2015 , 2016 , 2017 , 2018 e 2019.


< Volver

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies