fbpx

Grazas emprendedoras!

O pasado mes de novembro lanzamos unha iniciativa destinada ás mulleres emprendedoras e recibimos 70 candidaturas. Moitas grazas a todas!

Como ben sabedes, a inicios de novembro lanzamos unha iniciativa que formaba parte da Responsabilidade Social Empresarial de Pazo de Vilane con motivo da celebración do Día da Muller Emprendedora. A resposta non puido ser máis positiva pola vosa banda xa que recibimos 70 inscricións de mulleres emprendedoras para facerse cun dos tres postos do noso programa de mentoring de seis meses.

No principio do ano daremos a coñecer o nome das tres emprendedoras seleccionadas e que contarán co noso apoio durante medio ano, ademais de viaxar ata Pazo de Vilane para coñecer de primeira man a experiencia das fundadoras Nuria e Piedade Varela-Portas. O anuncio será o día 7 de xaneiro, despois de que un xurado composto por membros da directiva delibere sobre as propostas recibidas.

Sorte a todas!

< Volver

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies