Grazas emprendedoras!

 

Como ben sabedes, a inicios de novembro lanzamos unha iniciativa que formaba parte da Responsabilidade Social Empresarial de Pazo de Vilane con motivo da celebración do Día da Muller Emprendedora. A resposta non puido ser máis positiva pola vosa banda xa que recibimos 70 inscricións de mulleres emprendedoras para facerse cun dos tres postos do noso programa de mentoring de seis meses.

No principio do ano daremos a coñecer o nome das tres emprendedoras seleccionadas e que contarán co noso apoio durante medio ano, ademais de viaxar ata Pazo de Vilane para coñecer de primeira man a experiencia das fundadoras Nuria e Piedade Varela-Portas. O anuncio será o día 7 de xaneiro, despois de que un xurado composto por membros da directiva delibere sobre as propostas recibidas.

Sorte a todas!