Coa finalidade de axudar ao medio ambiente puxémosvos un reto coa vosa imaxinación: que segunda vida daríaslle/daríanlle ás nosas caixas de ovos campeiros? E vaia se o conseguistes con fartura. Chegáronnos máis de 400 ideas e non podemos estar máis agradecidos.
Con cada proposta que nos enviárades, comprometiámonos a plantar unha árbore na comarca da Ulloa durante o inverno de 2020. Axudamos así a reforestar e conservar a biodiversidade que rodea Pazo de Vilane con árbores autóctonas.
Non podemos deixar de sorprendernos vendo as novas vidas que lle dades ás nosas caixas. Xoguetes, instrumentos, utensilios de cociña… Un sen fin de creatividade. Seguro que coñecedes a alguén que lle encanta coleccionar obxectos, como moedas, selos ou pedras e despois non saben como clasificalas ou conservalas. Hoxe traémosvos distintas formas orixinais de ter as túas coleccións ordenadas e gardadas evitando que collan po e estean ben protexidas. Temos varios deseños para ti!
Como Raquel, que nos ensina a súa preciosa colección de minerais coa nosa caixa de ovos campeiros. Colocou cada caixiña de cada mineral na caixa de ovos e clasificounos onde ía cada ovo. Unha forma ideal e orixinal para que non perda o valor e poder gardalas como un tesouro.
Hai moitas persoas que viven da arte e da súa creatividade. Unha forma cómoda de transportar as túas obras e mostralas en postos para vendelas ou simplemente, exhibilas na túa casa, é a que nos ensina Paqui coas súas pedras pintadas. Cunha caixa de ovos como soporte e unha caixa ofrécenos un mostrador orixinal para que a xente párese a admirar as súas creacións.
Outra idea de gardar as túas coleccións máis espazosas é como nos ensina Olga, que usou tres cartóns como separadores e así ata os minerais máis grandes teñen o seu lugar e non collen po.
Que non tes cartón? Non pasa nada, Susana tráenos a mesma idea con outro material como separador: poliespan. Así non tes escusa e podes comezar a clasificar as túas pedras e minerais de forma práctica e sinxela.
Como vedes a nosa caixa de ovos campeiros de Pazo de Vilane serve para gardar e mostrar as túas coleccións e que queden ben ordenadas. E non só coleccións, poden ser máis cousas, como xoias ou tesouros e recordos das túas viaxes. Un magnífico arquivador que che axudará a non perder nada. A que é xenial?
Lembrade que podedes consultar as ideas de reutilización da caixa de ovos campeiros recibidas en 2014, 2015 , 2016 , 2017 e 2018.