22 Xuño 2017
San Xoán celébrase nas praias galegas, pero tamén no interior. Buscades un plan alternativo para a noite do 23 de xuño?
En San Xoan de Antas (Antas de Ulla), moi preto de Vilane, celébranse as festas patronais. En Palas de Rei, a 15 minutos de aquí, tamén celebran a noite máxica; sardiñada e fogueira para espantar aos malos espíritos.
Se vos decidides a achegarvos, preguntade polo Castelo de Sirgal. Conta a lenda que, na noite máxica de San Xoán, os veciños se lavaban coa auga acumulada durante todo o ano na lousa que cubría un dos sepulcros.