Desde os nosos inicios, en 1996, unha das maiores preocupacións de Pazo de Vilane foi o coidado da contorna e a sustentabilidade dos recursos naturais.
Agora, grazas ao avance das técnicas medioambientais, estamos a medir e reducir a nosa pegada de carbono (o impacto causado pola nosa actividade agropecuaria) a través dun proxecto integral que implica a toda a empresa. Unha das vías de mellora máis efectivas foi o consumo de enerxía eléctrica procedente de fontes renovables.
Desde 2018 estamos inmersos nun ambicioso proxecto medioambiental que implica a todos os empregados e membros da xerencia de Pazo de Vilane, e cuxo obxectivo é a redución da nosa pegada de carbono, isto é, a cantidade de gases de efecto invernadeiro, que como resultado da nosa actividade agropecuaria, emitimos ao medioambiente.
Aínda que sempre coidamos da nosa contorna, a comarca da Ulloa, esta reflexión como empresa – colaboramos todos os empregados– fíxonos caer na conta de que contaminamos máis do que cremos e que realizando pequenos esforzos ou modificando certos hábitos , podemos mellorar o noso desempeño medioambiental.
Recentemente coñecemos os resultados da Pegada de Carbono de Pazo de Vilane en 2019 respecto ao 2018, e chegamos a conclusións moi interesantes para a nosa aprendizaxe:
- Gracias ao esforzo de todo o persoal, reducimos un 3.3% a nosa pegada de carbono, a pesar de que a produción (e o número de galiñas) subiu un 19% nese periodo.
- A principal disminución da nosa pegada de carbono lográmola ao contratar empresas de luz que apostan por enerxías renovables. É dícir ,rebaixamos as nosas emisións porque eliximos fontes máis sustentables.
- Unha das accións de maior impacto que tivo na compensación da nosa pegada de carbono , foi a plantación de árbores que con carácter anual e con motivo do noso concurso “1 idea , 1 árbore”, efectuamos nas fincas do Pazo.
- Estas accións de compensación son moi importantes, sobre todo porque o seu efecto é acumulativo e irase reflexando nos anos vindeiros.
Sabemos que a redución da nosa pegada de carbono é un reto complicado. ¡Pero non nos rendimos!
Seguimos dando pequenos pasos e revisando continuamente os nosos procesos internos co fin de reducir consumos e baixar as nosas emisións.
Por iso prestamos moita atención aos resultados das nosas auditorías enerxéticas anuais e tratamos de aplicar todas as recomendacións que nos fan os expertos.
Así, estamos inmersos en varias accións, como a substitución de todas as luminarias de Pazo de Vilane por tecnoloxía Led, a monitoraxe do noso consumo eléctrico en tempo real, a instalación de sistemas automáticos de control de iluminación, a formación en condución eficiente aos choferes, a optimización do mantemento dos distintos motores (dos galiñeiros , as oficinas…) e o estudo de opcións para dar valor enerxético aos excrementos das galiñas, que na actualidade revalorízanse en parte como abono.
¿Qué accións sinxelas podes emprender para reducir a túa pegada de carbono?
Todos, en maior ou menor medida, contaminamos; pero por iso mesmo tamén está na nosa man cambiar actitudes para mellorar a nosa pegada de carbono.
Propoñémoste uns pequenos xestos ben sinxelos que os empregados de Pazo de Vilane xa estamos practicando a favor do medioambiente.
- Desenchufa o teu cargador cando termines de recargar o teu móbil. Aínda que non o pareza, segue consumindo enerxía aínda despois de completada a carga.
- Proba a baixar medio grao o termostato da calefación da túa casa (ou a subir o do aire acondicionado en verán) e a regular a temperatura coa axuda da ventilación natural e a roupa. Verás como casi non notarás a diferencia
- Ten sempre limpa a túa neveira e recicla todos os envases de plástico que podas. Se deixas dentro moitas bolsas e embalaxes superflúos, o frigo fará un esforzo extra e consumirá máis enerxía- para conservar os alimentos.
- Camiña sempre que podas. Tres paradas de transporte público nunha cidade , supoñen uns 20-30 minutos de camiñata (que ademáis mellorarán a túa saúde).
- Leva sempre un bolso ou unha mochila, e garda dentro unha bolsa reutilizable que podas sacar en calquer momento. Todavía hai moitos productos que nos sirven en bolsas; uns pantalóns, unhas barras de pan, as medicinas da farmacia, calquer cousa que compres na ferretería , na droguería…
- Trata de poñerte de acordo con compañeiros de traballo para compartir coche– se non podes optar polo transporte público – túrnate con outros pais para recoller aos nenos do colexio.
- Chea de plantas o teu fogar. Hai algunhas, como a sansevieria, que ademáis de decorativas, se manteñen con pouquísima auga e limpan de toxinas o aire da túa casa.
- Reutiliza a nosa caixa todo o que podas e se non é posible, lévaa ao contenedor de reciclaxe (cartón).