Pazos galegos: as románticas casas señoriais da Galicia rural

Misteriosos, románticos, evocadores. ¿Conoces el origen de los Pazos y su historia a lo largo de los siglos? En Pazo de Vilane te lo contamos

Vista frontal de pazo gallego

Misteriosos, románticos, evocadores.., A simple contemplación dun pazo galego fainos caer na conta da riqueza do noso patrimonio cultural e histórico. ¿Pero coñeces a orixe dos Pazos e a súa historia ao longo dos séculos?

O pazo galego é unha típica construción tradicional galega que xorde no século XV como casa señorial ou solariega rural. Adoitaba pertencer a un personaxe nobre e fidalgo, e nela vivían tanto a familia, nas áreas de maior rango, como os servidores, en construccións encostadas menores.

¿Cómo xurdiron los pazos?

A súa orixe e expansión vincúlase ao final das guerras entre señores feudais galegos- ao longo do XV e en consecuencia, ao abandono paulatino das torres fortificadas ou castelos , máis axeitados para os tempos bélicos.

Unha vez lograda a paz e estabilidade social , os pazos (ou palacios, do latín palatium) foron proliferando no ámbito rural galego como lugares de retiro da clase fidalga e baixa nobreza, e non deixaron de estenderse ata ben entrado o século XIX. De feito , hoxe en día o Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia conta cuns 900 pazos catalogados.

Os pazos galegos poderían ser fogares palaciegos, destinados ao descanso e entretemento do figalgo e aos seus invitados- con actividades como a caza, os paseos campestres ou as danzas- ou ben centros agrícolas, todo iso dependendo da riqueza e desexos do propietario.

E aínda que nacen a finais da Idade Media, son o punto neurálxico dunha organización feudal da economía e as relacións sociais que con certos matices prolongarase ao longo dos séculos. Ë dicir, o pazo galego era o principal foco de riqueza ao redor do cal transcorría a vida dos aldeáns da comarca, pois era onde se prestaban servicios a éstes (como o molino, o mercado  por exemplo) a cambio dos seus impostos.

Vista de la torre de un pazo gallego (Pazo de Vilane)

A preeminencia do pazo sobre a sociedade rural galega descansaba non só na edificación solariega, senón nun considerable conxunto de terras de labranza ao seu redor, que moitas veces eran arrendadas aos campesinos. A súa localización adoitaba escollerse estratéxicamente atendendo tanto á fertilidade das leiras como á súa posible defensa. Así, era común que o edificio principal se ubicara sobre un monte ou promontorio elevado.

A súa estructura adoitaba ser de pranta rectangular ou cadrada con algunhas pezas engadidas ao longo dos séculos- según as necesidades- e con escasos vanos ou aperturas para xanelas. Eran construcións escuras, levantadas invariablemente sobre grandes perpiaños de pedra, para protexelas da constante humidade galega.

Estaban rodeadas dun xardín, un pombal, as casas dos servidores, a capela e estancias do sacerdote, e se eran de carácter agrícola ou gandeiro, dos recintos propios para estas tarefas: os cortellos , o hórreo, ou a palleira ou pallar, entre outros.

Non se coñece o nome de ningún arquitecto que asinase estes preciosos palacios rurais galegos. Probablemente non fosen de gran renome, senón máis ben mestres de obras ou canteiros. Por iso é que o estilo arquitectónico sexa ecléctico ou beba indistintamente nas raíces do Renacemento, do Barroco e do Neoclásico, segundo o gusto do nobre propietario ou incluso da época na que se construíra un á concreta.

Aínda que os pazos repártense por toda Galicia, hai quen aprecia diferenzas segundo a provinza na que se enclavan. A división máis común establécese entre os xa mencionados pazos de recreo ou pazos agrícolas, pero tamén se distingue entre os da Coruña, máis moderados, os de Pontevedra, os máis ricos e espectaculares, ou os do interior, tanto Ourense como Lugo, moito máis solemnes e de carácter case monacal.

Os pazos galegos na literatura

Pazo gallego (Pazo de Meirás)

Grandes autores da literatura inspiráronse nos pazos galegos para ambientar as súas obras. Ese foi o caso de Emilia Pardo Bazán, quen foi a propietaria inicial do Pazo de Meirás, lugar onde escribiu “Os Pazos de Ulloa” en 1886.

A novela estaba ambientada nun lugar supostamente imaxinario, pero que claramente identifícase coa comarca da Ulloa, onde asimesmo se localiza Pazo de Vilane. Na súa obra aprécianse os choques culturais entre os fidalgos e burgueses urbáns e os campesinos galegos.

Pola súa parte, Ramón María Valle-Inclán tamén retratou a vida dos pazos na súa triloxía de guerras carlistas Comedias Bárbaras, encabezada polos Cruzados da Causa. As néboas, o espesor da maleza, as covas de lobos, as raposas, as fogueiras en metade da noite… Valle-Inclán reflicte na súa obra todo o misterio e o universo espectral da Galicia rural, cos seus pazos grises e a súa nobreza romántica encarnada no Marqués de Bradomín.

Tamén este autor salpica aquí e alá os seus textos con pazos imaxinarios, o máis famoso de todos é o bautizado como Flavia Longa en Romance de Lobos e onde a localización exacta nunca se poido demostrar, se ben recentes investigacións o sitúan no Pazo da Rúa Nova, en Vilanova de Arousa, Pontevedra.

O propio Valle-Inclán alimentou o mito do seu nacemento a bordo dun vaporciño que cubría a travesía entre o pobo mariñeiro e Pobra do Caramiñal. Pero créese que máis probable que nacera no pazo Casa do Cuadrante, hoxe Casa Museo Valle-Inclán.

Moitos máis autores galegos levaron os pazos nas súas obras, como Gonzalo Torrente Ballester, na súa triloxía “Os Gozos e as Sombras” ou Wenceslao Fernández Flórez, no “Bosque Animado”.

Os pazos no século XXI… e Pazo de Vilane

Vista lateral de pazo gallego (Pazo de Vilane)

Como mencionamos anteriormente, actualmente están rexistrados por parte da Xunta de Galicia uns 900 pazos dedicados a moi distintos usos: museos, casas rurais, centros de convencións ou eventos, hoteis, restaurantes, viñedos, casas privadas de recreo e ata unha granxa avícola, como Pazo de Vilane.

Non todos son visitables, pero os que está abertos ao público son todo un espectáculo, en grande parte pola beleza dos seus xardíns, cargados de camelias, magnolios e palmeiras.

Algúns dos pazos máis famosos son o Pazo de Oca na Estrada, o Pazo de Meirás na Coruña, o Pazo de Santa Cruz de Rivadulla, o Pazo de Rubiales, o de Lourizán en Pontevedra, o de Villamarín en Ourense, o de Montesacro en Cambados, o Pazo Museo de Quiñones de León en Vigo e o Pazo de Baión en Vilanova de Arousa.

Se queres aloxarte nun deles, poderás facelo non moi lexos de Pazo de Vilane, en Palas de Rei, en Lugo. Contas col Pazo de Laia, o col Pazo Mariñao, antaño propiedade dos marqueses de Camarasa.   

Respeto a Pazo de Vilane, ubicado en Antas de Ulla (Lugo) na comarca da Ulloa, leva pertencendo á familia Varela-Portas desde 12 xeracións atrás, a finais do século XVIII.

Non se conservan documentos acerca das súas orixes nin dos seus habitantes, pero sí se sabe pola disposición e estrutura que foi un pazo agrícola durante os tres séculos que contemplaron os seus muros: XVIII, XIX e XX.

Durante os 60 e 70 acolleu unha granxa de vacas leiteiras e un negocio de pensos, pero non foi ata 1996 cando iniciou o seu verdadeiro renacer a través dunha granxa avícola, a primeira de ovos camperos de España.

Previamente á pandemia organizábanse anualmente en Pazo de Vilane xornadas de portas abertas, que de momento foron aprazadas ata que mellore a situación sanitaria. Ao longo destas visitas previamente concertadas podían visitarse as zoas rehabilitadas, como a antiga Palleira (convertida en sala multiusos para actividades culturais) o hórreo, a Casa dos Caseiros, a Capela ou a Casa Rectoral.

Fontes:

El Mundo

Turismo de Galicia

¿Te ha interesado esta noticia? ¡Suscríbete a nuestro boletín y recibirás gratis un libro digital!

Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade