O Día da Muller Emprendedora celébrase cada ano o 19 de novembro desde que no ano 2014 a Fundación das Nacións Unidas decidiu escoller este días para sensibilizar á sociedade sobre os obstáculos na contorna empresarial e financeiros cos que aínda se enfrontan as mulleres á hora de emprender.
En Pazo de Vilane coñecemos de primeira man as dificultades ás que unha muller se debe enfrontar cando decide poñer en marcha o seu propio proxecto e por iso apostamos por lanzar unha iniciativa dentro da nosa Responsabilidade Social Empresarial co obxectivo de axudar e apoiar a tres delas. As tres emprendedoras seleccionadas por recibirán un programa de mentoring de seis meses de duración ademais de viaxar con todos os gastos pagos ata Galicia para coñecer Pazo de Vilane e aprender da experiencia empresarial de Nuria e Piedade Varela-Portas, emprendedoras e fundadoras de Pazo de Vilane.
Presentación de candidaturas
As mulleres interesadas en presentar a súa candidatura poden inscribirse a través da seguinte ligazón da plataforma Easypromos. Soamente é necesario cumprimentar un formulario cos datos da emprendedora, e do proxecto indicando obxectivos, misión, visión e filosofía do mesmo. O proxecto pode estar xa en marcha ou coa intención de desenvolvelo proximamente.
As ideas pódense presentar desde o 4 ata o 29 de novembro de 2019. Un xurado composto por membros da directiva de Pazo de Vilane escollerá aos tres proxectos gañadores, que se darán a coñecer o 7 de xaneiro de 2020. Pazo de Vilane manterá en todo momento a total confidencialidade sobre os proxectos presentados.
Premios
As mulleres emprendedoras cuxos proxectos sexan elixidos beneficiaranse dun programa de mentoring de seis meses, que se iniciará en abril de 2020 e terminará en novembro do mesmo ano. As clases poden ser presenciais ou virtuais, en función da localización das mulleres gañadoras. O programa valorado en 4.000 € será impartido por Piedade Varela-Portas, avogada, empresaria, formada en técnica de desenvolvemento persoal e cofundadora de Pazo de Vilane.
Ademais, a fin de semana do 27, 28 e 29 de marzo desprazaranse ata Pazo de Vilane para coñecer de preto o noso proxecto. Nuria e Piedade Varela-Portas serán as encargadas de guialas e de darlles a coñecer a súa experiencia propia aos mandos da nosa empresa. As galardoadas aloxaranse nunha casa rural da comarca da Ulloa con dúas noites de aloxamento con almorzo e manutención.