Aos poucos imos cumprindo os soños que tiñamos cando fundamos Pazo de Vilane, hai 25 anos. Un deles foi e é , a recuperación das leiras do Pazo e o enriquecemento ambiental da nosa contorna, xunto coa procura dun benestar cada vez maior para as nosas galiñas.
Grazas ao compromiso de todos vós, coa reciclaxe e reutilización da # caixa da galliña na iniciativa #1Idea 1 Árbol, que este ano 2021 chega á súa 8ª edición, acabamos de dar un paso máis , cara á nosa meta do coidado do medioambiente coa plantación de decenas de árbores en dúas das nosas leiras.
Os dous bosques que acabamos de plantar nas leiras Susnavás e A Margada corresponden a un plan forestal desenvolto con Hifas Foresta e serán os primeiros de varios en distintas parcelas e leiras de Pazo de Vilane.
Os chamaremos “Bosques do 25 aniversario” y cos anos transformaranse en senllos bosques de máis de 8 hectáreas de especies diversas que debuxarán hermosísimos paisaxes.
Cumprirán un dobre obxectivo: en primeiro lugar, mellorarán a calidade ambiental e paisaxística da nosa contorna con especies frondosas de alto valor ecolóxico.
En segundo, pero non menos importante, crearán zonas protexidas para as nosas galiñas, co fin de que perdan o medo para afastarse dos galiñeiros e poidan así aproveitar plenamente os amplos espazos dos que dispoñen.
Acubillo natural para as nosas galiñas camperas
Estreamos o noso Plan Paisaxístico Pazo de Vilane 2021 na nosa leira Susnavás, a máis próxima ao edificio histórico do Pazo e na Margada, onde se sitúan as nosas plantacións de frambuesas e coas que elaboramos as nosas marmeladas artesanais.
Aínda que xa contábamos con algúns castiñeiros e freixos, as superficies principais eran praderías, algo danadas nas áreas máis próximas aos galiñeiros (dado que a maioría agrúpanse alí nos seus paseos, polo seu instinto de autoprotección, e impedían o crecemento das herbas).
Precisamente para evitar esta sensación de indefensión, a distribución das árbores que formarán os novos bosques comezan na súa zona de confort, é dicir, dentro dos límites que o medo lles impón, co fin de que no futuro, cando a arboleda estea crecida, se sintan protexidas e se atrevan a explorar máis aló.
Na elección das árbores no sólo se tiveron en conta criterios paisaxísticos, senón a magnitude das súas futuras copas, de forma que se logre formar unha espesura que actúe como teito vexetal.
O obxetivo é que as galiñas non vexan o ceo aberto- para que non se sintan expostas a posibles aves rapaces, e que éstas tampouco podan distinguir a manada desde o aire.
É dicir, todo está pensado- a través da plantación de pequenos bosques, corredores de árbores e setos con tanxencia de copas entre eles- para que as galiñas poidan percorrer a súas anchas as fincas de Susnavás e A Margada.
Dos futuros paisaxes espectaculares
Os que traballamos a terra e os animales sabemos que nada se consigue sen paciencia… Pero realmente non podemos esperar a que pasen os anos e vexamos o resultado final dos bosques que acabamos de plantar.
Todas as especies se seleccionaron baixo un coidado criterio paisaxístico, con árbores de porte similar pero de cores distintos e chamativos, que formarán uns bonitos cadros que lucirán especialmente en outono.
Castiñeiros, faias púrpuras, carballos americanos, freixos europeos, bidueiros e cerdeiras se combinarán armónicamente con arbustos como carpes, loureiros reais, berberis, cotoneasters ou ligustros en forma de coidados sebes.
Os carballos armericanos, por exemplo, en outono se tiñen de tonalidades que van desde o amarelo forte ata o vermello intenso, alcanzando incluso tons casi morados propios da faia púrpura; así pois, combinaremos estas dúas especies nas zonas máis próximas o galiñeiro.
Tanto os carballos como as faias son frondosos e de gran porte, polo que darán boa sombra. As nosas galiñas disfrutarán así de ambiente máis frescos en verán , protexidas da insolación directa.
Mención aparte merece o límite Este da parcela Susnavás, onde plantamos un pequeño bosque de cerdeiras. ¿Imaxinádevos cómo se verá cando a súa floración branca neve estea no seu máximo esplendor?
Pero, sen dúbida, será o castaño a especie estrela destas composicións boscosas, porque fará de enlace entre unhas e outras especies.
Usarémolos para unir os pequenos bosques, creando corredores que percorrerán as parcelas. E chegado o outono, os seus cores amarelos, pardos e laranxa integraránse a perfección cos do resto de árbores.
Por último, remataremos as lindes con setos de arbustos, algúns deles con espiñas, como elementos disuasorios para que as alimañas non penetren nas fincas ou as galiñas non se atrevan máis aló dos seus límites.
Nas zonas que queden ser arbolar, instalaremos uns pequenos refuxios de madeira e breixo, perfectamente integrados no paisaxe, non só para dar protección adicional ás galiñas, senón para que no futuro poidan baixo os seus pilares darse os seus desexados baños de po, que lles aportan gran bienestar
Un gran traballo en equipo
Ainda que dirixidos por paisaxistas, foi o equipo de Granxas de Pazo de Vilane o que levou o peso da plantación dos bosques, o que ten especial mérito porque as condicións meteorolóxicas fixéronse duras algúns días.
Desde aquí queremos facer chegar o noso agradecemento a Sergio, Sergio Cid, Gabriel, Roberto, Iker, Norberto, Ángeles, Maik, Rafa e Cristian, ademáis de a Basi, o noso capataz e a Joaquín de Hifas da Terra.