Unha semana máis, seguimos igual de felices vendo como gozades coas nosas caixas de ovos campeiros. Xa sabedes que en Pazo de Vilane lanzamos a 6ª edición de 1 idea, 1 árbore cunha dobre intención: aprender a reciclar e contribuír á reforestación na comarca da Ulloa. Por cada idea que nos enviardes, en Vilane comprometiámonos a plantar durante o inverno de 2020 unha árbore de especie autóctona, como castaños, carballos, freixos, bidueiros e chopos na comarca da Ulloa (Lugo), contribuíndo así á reforestación da zona.
Máis de 400 ideas son as que participaron nesta iniciativa e non podemos parar de ensinarvos o orixinais e divertidos que chegades a ser. Instrumentos musicais, contos interactivos, xoguetes para mascotas ou caixas de ferramentas son só algunhas das ideas que nos chegaron. Hoxe imos a ensinarvos como facer un costureiro grazas á caixa de ovos campeiros de Pazo de Vilane.
Seguro que tes por casa algunha lata de galletas chea de fíos, dedais e alfinetes (a máis dun neno rompéuselle o corazón pensando que tería galletas). Pois grazas a Ángeles e o seu costureiro customizado poderás deixar de usar latas. Que necesitas? Soamente unha tea, creatividade e unha caixa de ovos campeiros. Cunha pistola de silicona pega a tea ao redor da caixa, forrándoa por completo. Dentro podes meter unhas caixiñas ou usar a caixa de ovos para organizala e enchela cos teus utensilios de costura. A decoración deixámola á creatividade de cada un. Neste caso, Ángeles pegou na parte superior diferentes obxectos de costura deixando unha almofada no medio para non perder os alfinetes.
O usuario @ MCh tráenos outro precioso costureiro, máis sinxelo e rápido de elaborar, para gardar os teus utensilios e teas. Comeza cortando a tapa da caixa de ovos, forra o interior cunha tea utilizando unha pistola de silicona quente e decóraa bordeando a caixa cunha corda, en pouco tempo terás un costureiro ideal para ter gardadas as túas teas, metros e alfinetes. Tamén podes usar esta idea para gardar outras cousas ou usalo de paneira ou froiteiro; nós ensinámosche a idea, ti pos a creatividade.
Se che gusta tecer e estás cansada de perder o fío, temos outra idea fabulosa para ti. Laura tráenos este costureiro para nobelos. Novamente forra a caixa enteira con tea e acolcha o seu interior. Despois só tes que gardar as agullas e o nobelo. Cando termines de tecer, terás o nobelo intacto e poderás gardar as túas creacións sen perder o teu traballo. Non é ideal?
Unha vez máis temos que darvos as grazas por todas as vosas marabillosas ideas e axudarnos a contribuír a mellorar o medio ambiente facendo que Pazo de Vilane sexa un sitio único. Lembrade que podedes consultar na web as ideas de reutilización da caixa de ovos campeiros de 1 idea, 1 árbore recibidas en 2014, 2015 , 2016 , 2017 , 2018 e 2019.