Gandería extensiva: ¿por qué é moito más sostible?

Gallinas en ganadería extensiva

¿Preguntácheste algunha vez qué é a gandería extensiva? ¿En qué se diferenza da intensiva e por que é moito máis sostible? Pazo de Vilane apostou desde os seus inicios en 1996 pola gandería extensiva, ou máis concretamente por un modelo avícola extensivo; por iso podemos falarche desde a experiencia. Sigue lendo e entenderás por que o noso mundo necesita recuperar os modelos de produción extensivos e apostar por un futuro no que a sustentabilidade económica, humana e medioambiental sexan compatibles.

¿Qué é a gandería extensiva?

Según a Plataforma pola Gandería Extensiva e o Pastoralismo, la gandería extensiva é o tipo de produción gandeira no que se aproveitan con eficacia os recursos do territorio onde se aplica, contando coas razas axeitadas e harmonizando a produción (e a súa rendibilidade económica) coa sustentabilidade ambiental e social.

Aspectos clave da gandería extensiva son a elección de razas autóctonas, a libre mobilidade do gando (fronte o aloxamento ou o peche permanente en cortellos) o benestar o coidado animal e unha densidade de animais axeitada, dependente dos recursos do espazo e climáticos da zona.

¿Cáles son as ventaxas da gandería extensiva e por que deberíamos voltar á este modelo productivo?

A gandería extensiva, cando segue estos criterios fundamentais,

  • Xera produtos alimenticios de gran calidade
  • Conserva e mellora a paisaxe
  • Axuda a previr incendios forestais
  • Preserva os chans
  • Potencia a biodiversidade de especies
  • Fai un uso razoable da auga.
  • Axuda a evitar o despoboamento humano
  • Axuda a conservar o patrimonio cultural das zonas rurais e a desenvolver a identidade dos territorios.

Naturalmente, a gandería extensiva tamén presenta inconvenientes, pero o desenvolvemento actual da ciencia e as modernas técnicas agrícolas e gandeiras axudan a superalos.

É dicir, hoxe en día sempre existen alternativas para superar os posibles contras da gandería extensiva.

O modelo Pazo de Vilane é un claro exemplo diso. Así gracias a que destinamos recursos humanos, técnicos e presuposto en I+D, conseguimos unha gandería extensiva sostible medioambientalmente ao tempo que unha produción viable desde o punto de vista empresarial ou económico.

Gandería extensiva vs intensiva: diferenzas e pros e contras

Existen diferenzas moi marcadas entre a gandería extensiva e a intensiva.

A máis clara e salientable é o libre pastoreo da gandería extensiva fronte ao confinamento da intensiva. Así, na extensiva os animais poden pastorear libremente ao aire libre tódolos días do ano (sempre e cando as condicións climatolóxicas o permitan)

Isto non só se traduce nunha mellora da súa saúde, senón na case ausencia de nerviosismo ou estrés e na posibilidade do desenvolvemento de instintos que na gandería intensiva quedan cortados de raíz.

Ademáis é innegable que o pastoreo, especialmente se se dá en zonas apropiadas- con abundante herba fresca-aporta nutrientes ao animal que se traducen en mellores produtos alimenticios.

Polo contrario, os animais que viven en sistemas de gandería intensiva permanecen toda a súa vida aloxados nos cortellos ou pechados en cortellos ou naves. Non se lles permite camiñar, correr ou aletear; tampouco elexir onde dormir ou comer. Contan cun espazo moi limitado e non poden saír del.

Dado que os animais están máis restrinxidos (en moitas ocasións, enxaulados) a man de obra necesaria é moi inferior aos sistemas de gandería extensiva. Por iso, paradóxicamente, as grandes granxas intensivas con elevadas facturacións non crean tanto emprego en relación ás explotacións gandeiras tradicionais.

Unha característica típica dos sistemas intensivos é que apenas se da contacto entre coidador e animal.

Habitualmente, grandes producións intensivas gandeiras, de varios miles de animais, organízanse con poucos empregados que vixían que os sistemas automáticos de alimentación, bebida, ventilación e climatización funcionen correctamente.

Polo contrario, nos sistemas extensivos o granxeiro observa a diario os comportamentos dos animais e gracias á esa valiosa experiencia, saca conclusións.

Así, un coidador experimentado pode deducir a partir dun comportamento anómalo se nunha parte do seu lote está empezando un brote epidémico, ou sospeitar polo aspecto físico se non se está alimentando axeitadamente

Tamén, en especies que instintivamente desenvolven comportamentos xerárquicos -como ocorre coas galiñas- o granxeiro pode “poñer orden” cando se producen pelexas que poñen en perigo aos membros máis sumisos.

En conclusión, mentres os sistemas de gandería extensiva se constrúen a partir de criterios de benestar animal (aínda que se apliquen en maior ou menor medida, dependendo de cada explotación) nos sistemas intensivos estos parámetros non se teñen en conta, e prima a produción e a rendibilidade económica.

O futuro da gandería extensiva

Precisamente a viabilidade económica e a sustentabilidade a longo prazo é o gran hándicap da gandería extensiva.

Xa vimos que para que poidan desenvolverse estos sistemas necesítanse grandes extensións de terreo e moita máis man de obra especializada. Ademáis, a produción lograda (en termos cuantitativos) nunca pode compararse coas das explotacións intensivas.

Isto tradúcese en que é máis dificil colocar os produtos gandeiros extensivos nos mercados e canais de distribución (porque necesitan grandes volúmenes) e que cando se logra saen con precios máis elevados.

Sen embargo, é aquí onde os consumidores xogamos un papel determinante.

Porque só se os consumidores caemos na conta de que os produtos gandeiros extensivos son máis sans e están mellor producidos (axudan a manter emprego e a poboación en zonas rurais, ademáis de preservar o medio ambiente) podrán seguir existindo no futuro.

As declaración de principios ou a firma de manifestos axudan á dar visibilidade, pero a gandería extensiva únicamente sairá adiante se os consumidores interiorizamos que non podemos escatimar no que comemos, pois, neste caso “ o barato sae caro”.

En definitiva, se eleximos produtos gandeiros ben producidos cando imos á compra estaremos apoiando- de verdade- un sistema moito máis respectuosos coa natureza e as persoas.

Fontes
Plataforma por la Ganadería Extensiva y el Pastoralismo

¿Te ha interesado esta noticia? ¡Suscríbete a nuestro boletín y recibirás gratis un libro digital!

Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade