Coñece A Ulloa: Torrentes de Mácara

Hoxe imos dar unha volta pola natureza e contarche todo sobre os Torrentes de Mácara situados no municipio de Palas de Rei que, xunto con Monterroso e Antas de Ulla, forman a comarca galega da Ulloa. Pertence á provincia de Lugo e é o sitio dende o que saen ao resto de España os ovos campeiros de Pazo de Vilane. Adéntrate a coñecer todo sobre este emblemático paraíso: os Torrentes de Mácara.

O municipio de Palas de Rei conserva numerosos restos arqueolóxicos, destacando a igrexa de Vilar de Doas, un dos referentes principais do románico galego. Un amplo patrimonio con restos de fortaleza, torres, castelos e tamén de natureza digna de coñecer. Os Torrentes de Mácara son un conxunto de rápidos situados no río Ulla, con pequenas fervenzas e pozas creando unha contorna espectacular e única. Ten un carreiro que segue o bordo do río e que permite gozar desta paisaxe. 


Fotografía de José Antonio Gil Martínez

Como chegar 

No concello de Antas de Ulla están os montes de Olveda, onde nace o río Ulla e segue o seu camiño por Monterroso e Palas de Rei. Aquí está a aldea de Ramil, onde se pode admirar as fervenzas coñecidas como Torrentes de Mácara, con ata 3 e 4 metros de altura na caída da auga, unha paisaxe digna de ver.  

Hai varias formas de chegar. Podes ir pola N-547 dirección Palas de Rei, onde hai sinalizacións que levan ata os torrentes. Ou podes ir ata o Castelo de Pambre, construído no século XIV por Gonzalo Ozores de Ulloa, membro da familia feudal que dominaba a comarca. Sitúase pola estrada LU-4008 en dirección Ramil e Melide, a menos de dous quilómetros do castelo. Antes de cruzar unha ponte, á esquerda hai un cartel que indica onde están os torrentes, podes acceder con coche e deixalo nunha pista. Se vas dende  Liboreiro hai que tomar o cruzamento á dereita dirección Monterroso; a 200 metros hai un cruzamento á dereita dirección Pambre e Mácara. 

Natureza e sendeirismo

No medio da natureza, antes de chegar ao teu destino xa podes escoitar a sonora auga do río Ulla, dividindo os concellos de Palas de Rei, Antas de Ulla e Agolada, formando os  Torrentes de Mácara en pleno de corazón da Ulloa, unha paraxe con pequenas fervenzas, ideal para facer deportes como o kaiak. É máis, aquí celebráronse varias edicións da Copa Galega de Kaiak Extremo. Tamén para facer roteiros de sendeirismo e actividades acuáticas en tempadas de bo tempo como rafting ou pesca, unha práctica usual nesta zona.

O carreiro que segue o bordo do río está perfectamente adaptado para percorrelo sen perigo, con chanzos de madeira e sinalizacións en árbores e pedras. Comeza o camiño atravesando un bosque de castiñeiros e despois de 10 minutos de roteiro, o río Ulla divísase entre as árbores. Ao pouco chegas a unha preciosa zona con fervenzas e pozas ideais para practicar deportes, destacando a beleza dos seus rápidos. Ademais no verán convértese no lugar ideal para refuxiarse das altas temperaturas. 

Rodeada de fauna e natureza; carballos,castiñeiros, freixos e avellanos que na época de outono asolaga de cor o paseo. O roteiro pode alongarse máis pero o camiño comeza a complicarse xa que se enche de impedimentos, pero aínda así, pódese realizar. É recomendable non ir con bicicletas ou carriños. Un roteiro que hai que probar e ver cos teus propios ollos cunha dificultade media-alta, con obstáculos como pedras ou árbores caídos.
Este conxunto paisaxístico recibe numerosas visitas, sobre todo en época estival. O roteiro conta cuns 22 quilómetros de percorrido, perfectamente sinalizada e habilitada para gozar con final nos  Torrentes. Non te quedes coas ganas de coñecelo e feixe un plan diferente na comarca dá Ulloa, o lugar do que saen os ovos camperos de Pazo de Vilane.