Comeza a 6ª edición do concurso de reutilización 1 idea, 1 árbol

1 idea, 1 árbol en Pazo de V

No Día Internacional dos Bosques, Pazo de Vilane lanza a 6ª edición da iniciativa 1 idea, 1 árbol co dobre propósito de reutilizar a caixa de ovos campeiros e contribuír á reforestación na comarca da Ulloa.

Coa posta en marcha desta nova campaña, a empresa familiar colabora coa creación de bosques autóctonos para conservar a biodiversidade en Galicia e unha contorna saudable para as galiñas que viven en Pazo de Vilane.

Premios

Entre todas as persoas que participen na 6ª edición 1 idea, 1 árbol realizarase un sorteo de dez pack de marmeladas artesanais de framboesa e arando que inclúe a edición limitada dun tarro de louza branca creado a man pola firma de artesanía galega Mi madre no me deja.

Ademais, de entre todas as ideas recibidas, Pazo de Vilane elixirá unha delas como a gañadora absoluta, tendo en conta a súa orixinalidade, a inclusión doutros elementos reutilizados e a calidade das imaxes ou dos vídeos.

O premio para a persoa gañadora é unha viaxe a Galicia, entre o 28 e 30 de xuño de 2019, para ela e un acompañante da súa elección. A viaxe inclúe dúas noites de aloxamento nun establecemento de turismo rural da comarca, dous almorzos, unha visita guiada ás instalacións de posta de ovo campeiro e unha comida ou cea nun establecemento da zona.

Como participar?

As persoas interesadas poderán participar dende o 21 de marzo ata o 17 de maio de 2019, realizando un texto, foto ou vídeo que mostre de forma orixinal como reutilizar a caixa de cartón de ovos campeiros de Pazo de Vilane.

“Animo a todos os nosos clientes a participar nesta sexta edición e a ser moi creativos nas súas ideas de reutilización da nosa emblemática caixa de ovos campeiros. En edicións anteriores fabricaron dende cociñas solares e lámpadas ata caixas de música”, lembra Piedad, directora de Márketing e Comunicación de Pazo de Vilane.

En canto ás canles de recepción, serán a través do correo electrónico: comunicacion@pazodevilane.com; as redes sociais nas que está presente Pazo de Vilane (Facebook, Twitter e Instagram) ou correo postal: Lugar de Vilane 31, 27570 Antas de Ulla (Lugo).

O hashtag do concurso é #1idea1árbol

1 idea, 1 árbol

Desde os seus inicios en 1996, Pazo de Vilane leva adiante unha filosofía centrada no respecto ao medioambiente, que se reflicte no coidado das galiñas en liberdade, as leiras destinadas a cultivos ecolóxicos e as caixas de cartón reciclado en todos os seus produtos.

Durante as anteriores edicións, Pazo de Vilane recibiu máis de 900 ideas sobre como reutilizar a caixa de ovo campeiro que se deron a coñecer a través do blog da empresa e as redes sociais. Podedes consultar as ideas de reutilización da caixa de ovos campeiros recibidas en 2014, 2015 , 2016 , 2017 e 2018.

Por cada idea recibida, Pazo de Vilane comprométese a plantar durante o inverno de 2020 unha árbore de especie autóctona, como castañeiros, carballos, freixos, bidueiros e chopos na comarca da Ulloa (Lugo), contribuíndo así á reforestación da zona.

A caixa da galiña

O deseño da caixa de ovos campeiros Pazo de Vilane foi creado en exclusiva polo artista galego Pepe Barro en 1996. En abril de 2014, recibiu a mención de prata na categoría Best Brand Packaging na 14ª Edición dos Premios Best Pack dentro do marco da feira Alimentaria.

Bases Legais