30 Novembro 2017
O proxecto Pazo de Vilane ten desde os seus inicios a vocación de recuperar e rehabilitar o patrimonio, edificios e leiras, nos que se realiza a nosa actividade. Nas últimas rehabilitacións puidemos atender a denominada “Casa dos Caseiros”, onde ata 1931 viviron diferentes familias que se ocupaban da atención e o coidado do Pazo. É un edificio anexo ao edificio principal e que termina de dar forma de “U” a toda a construción.
A casa contaba cunha corte, unha habitación, unha sala de estar e un forno onde cada día se elaboraba o pan. Sempre con criterios de conservación e respecto á súa estrutura orixinal, hoxe convertémola nunha lugar cómodo e funcional para albergar diferentes actividades.