O concurso 1 idea, 1 árbore de Pazo de Vilane foi todo un éxito na edición de 2019. Como sempre, conseguides sorprendernos con cada unha das propostas que nos fixestes chegar e que vos seguimos trasladando. Desta maneira, todos podedes ter a vosa disposición estas fantásticas ideas de reutilización.
E é que a reutilización e a reciclaxe das caixas de ovos de Pazo de Vilane son os puntos básicos do concurso. Por cada idea dunha nova vida da nosa caixa comprometémonos a plantar unha árbore dunha especie autóctona na comarca da Ulloa.
Os deseños de 1 idea, 1 árbore que vos traemos hoxe faranvos a vida máis fácil. Son perfectamente válidos para todos os públicos e moi fáciles de facer. Comezamos.
Vós tamén vos queimastes levando o café desde a cafetería, bar ou máquina ata o voso posto na oficina? Pois non vos vai a pasar nunca máis. Sandra deseñou un portacafé coa nosa caixa que se adapta perfectamente aos vasos reutilizables. Ademais, é tamén válido para transportar infusións e todo tipo de bebidas quentes. A operativa para elaborar o portacafés non podería ser máis sinxela. Trátase de recortar a tapa superior con forma de círculo, adecuándoa ao tamaño da cunca ou vaso que se vaia a usar habitualmente. Á beira facemos outro círculo para poder levar 2 e a pola dose de cafeína diaria.
Para acompañar ao café, té ou bebida quente, hai que tomar algo para comer. E se é algo doce e caseiro, mellor que mellor! É o caso da nosa amiga Noemí, que utilizou a caixa de ovos de Pazo de Vilane para gardar as súas madalenas caseiras. Ao ser elaboradas en casa, consegue que teñan o tamaño perfecto para encaixar de 6 en 6, como os nosos ovos. O recipiente adáptase á perfección para trasladar as deliciosas madalenas ata o traballo, o cole, un pícnic ou para meter na despensa. Se queres coñecer algúns das sobremesas que podes facer cos nosos ovos, pásache pola nosa sección de receitas.
Seguimos co noso camiño de transportes doces. O usuario de Twitter @eme3a empregou a caixa a modo de almacenaxe para uns bombóns que teñen unha pinta deliciosa. O primeiro paso que seguiu foi o de recubrir a caixa de Pazo con papel de aluminio para protexer os doces. A continuación, colocou as tulipas de papel en filas e, sobre elas, os prezados bombóns O resultado é práctico á vez que vistoso e permitiravos levar os bombóns dunha maneira moi cómoda.
Outra semana chea de fantásticas ideas. Volvemos darvos as grazas por todas as recibidas e seguimos pensando en como contribuír a mellorar o medio ambiente que nos rodea e que fai que Pazo de Vilane sexa un sitio único.
Lembrade que podedes consultar as ideas de reutilización da caixa de ovos camperos recibidas en 2014, 2015 , 2016 , 2017 e 2018.