Necesitamos parar, reflexionar e reconducir a nosa maneira de alimentarnos no só para lograr unha mellor saúde , senón un mundo máis respectuoso co medio ambiente e as sociedades e culturas rurais, ademáis de viable á longo prazo. Estes son os obxectivos da alimentación sostible e precisamente tanto a actividade como as producións de Pazo de Vilane están enfocadas a cumplilos.
Queres saber como e por que deberías adoptar a alimentación sostible para mellorar a túa vida e a do Planeta?
¿Qué é a alimentación sostible?
A alimentación sostible é unha proposta avanzada que trata de mellorar a saúde das persoas a través dos alimentos que inxeren, así como implementar modelos agrícolas, gandeiros , de distribución e industriais que garantan unha produción mundial suficiente para todos, e que poida manterse indefinidamente sen esquilmar os recursos da Terra.
Para que este tipo de alimentación sexa posible fai falta que se cumpran dúas premisas: que cambiemos os actuais modelos de produción de alimentos e que modifiquemos os nosos hábitos de consumo cara outros máis saudables e respectuosos co medio ambiente.
Só así conseguiremos os obxectivos que persegue a alimentación sostible: mellorar a saúde das persoas, garantir que haxa alimentos para todos aínda que creza a poboación mundial, respectar as culturas rurais e conservar a biodiversidade terrestre e marítima.
A alimentación sostible non é unha moda ou unha declaración de intencións: vai moito máis alá. En realidade, é unha filosofía ou modo de vida que se enmarca nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) de Nacións Unidas, entre os que se inclúen o fin da pobreza, a fame 0, a saúde o benestar, auga limpa, traballo decente e crecemento económico, produción e consumos responsables e vida submarina e de ecosistemas terrestres.
Gracias a ela, poderíanse producir alimentos cunha pegada ambiental mínima, é dícir, con escaso uso de auga, explotación da terra, consumo de enerxía e emisión de gases.
¿Por qué é necesaria unha alimentación sostible?
Actualmente poboamos a terra 7.500 millóns de persoas, e según apuntan os expertos seremos 9.600 millóns para o ano 2050. Desta primeira cifra, uns 800 millóns pasan fame, e unha cantidade moi superior aliméntase incorrectamente, polo que padecen enfermidades como a obesidade ou a desnutrición.
A única forma de revertir esta situación mentres nos preparamos para un futuro de previsible escasez é lograr que as producións de alimentos se adecúen a cada rexión do mundo, é dicir, que se fagan máis locais e personalicen según as características do clima, composición das terras e distintas culturas.
Por suposto, tamén é imprescindible que os consumidores comprendamos que a nosa saúde tamén está en xogo.
En Occidente, por exemplo, e máis concretamente en España, onde temos acceso a unha variedade extensísima de alimentos saudables, temos unha das cifras de obesidade infantil máis altas de Europa: un 14% de obesidade e un 12% de sobrepeso. En adultos esta tendencia acrecéntase cun 17% e un 37% respectivamente.
Ademáis nestas cifras non se ten en conta as consecuencias e “invisibles” de dietas cargadas de alimentos procesados e pouco saudables, que nun primeiro momento non se reflicten na báscula, pero sí van minando pouco a pouco a saúde e tradúcese no futuro, en deceas de patoloxías graves, como diabetes, ictus, cáncer ou enfermidades coronarias.
Por outro lado, non só a saúde da poboación mundial podería mellorar se adoptáramos unha alimentación máis sostible, tamén a saúde do planeta melloraría notablemente, porque explotaríamos os recursos naturais (auga, terra, bosques, mares…) de maneira máis sensata.
De feito, a FAO asegura que actualmente a produción mundial de alimentos emprega case o 50% dos recursos naturais e o 70% da auga doce, o que ten claras consecuencias no avance da desertificación e na pérdida de biodiversidade.
5 claves sinxelas para adoptar unha alimentación sostible na túa vida
Seguramente estás preguntándote que podes facer para impulsar a alimentación sostible. ¿É posible axudar a implementar este cambio de mentalidade?
Pois sí, o teu papel é importante. Como mencionamos ao principio, a alimentación sostible só logra establecerse se consumidores, industria e gobernos traballamos conxuntamente.
Máis aún, somos os consumidores os que impulsaremos este tipo de alimentación a través dos nosos actos, é dicir, as nosas compras, pois esixiremos desta forma alimentos ben producidos tanto a dirixentes políticos como a industria alimentaria.
Por tanto, recomendámosche unha serie de claves moi sinxelas que podes poñer en práctica hoxe mesmo para adoptar na túa vida unha alimentación sostible.
- Compra só produtos frescos de tempada, non exóticos ou producidos en países lexanos. Fíxate ben nas etiquetas: damos por feito que proceden de agricultores e gandeiros próximos , cando ás veces cruzaron medio mundo madurando de forma artificial en cámaras frigoríficas.
- Leva a casa únicamente produtos cárnicos de ganderia extensiva: pregúntalle ao teu carniceiro él sabrá aconsellarte. En canto aos ovos, que sexan camperos. Non te deixes enganar, descarta aqueles que se autodescriben como “fora de xaulas”. Esta denominación responde á ovos procedentes de granxas avícolas intensivas, é dicir, de galiñas encerradas en naves (aínda fora de xaulas).
- Elimina os procesados da túa cesta da compra: nada de patacas fritas, comidas preparadas conxeladas ou refrixeradas, embutidos industriais… infórmate ben: estamos rodeados de procesados “emboscados” ou alimentos que consideramos saudables sen selo. Decídete sempre polos alimentos frescos de orixe vexetal (verduras, froitas, sementes ou frutos secos…) e animal (carne, pescados, ovos e leite).
- Prima a calidade fronte á cantidade. Case todos comemos demasiadas calorías vacías, chucherías, refrescos, sal , aditivos, graxas saturadas… que non só minan a nosa saúde, senón que encarecen a nosa cesta da compra. Moi pronto comprobarás que se deixas fora esos “enemigos” sobrarache presuposto para elexir alimentos ben producidos.
- Anímate a cociñar moito máis, usando sempre ingredientes naturais. Se che falta tempo, métete entre fogóns só unha vez á semana e conxela varias porcións que poderás consumir pouco a pouco. Organiza os teus menús e sorprenderache o sinxelo que te resultará cando teñas práctica.
¿Cómo beneficia á túa saúde unha alimentación sostible?
Comer máis san (unha das premisas da alimentación sostible) ten unha incidencia directa na túa saúde. Así os cánceres gastrointentinais, os accidentes cerebrovasculares, a diabetes, algunhas enfermidades dixestivas e outras tipo autoinmune, asócianse cun mala alimentación.
Tamén se relacionan, cunha dieta inadecuada a osteoporosis, a gosta, a caries, a hipercolesterolemia, a hipertensión arterial e por suposto, a obesidade e o sobrepeso.
O que é máis : a comunidade médica considera que o estado xeral da saúde mellora notablemente en canto se adopta unha boa nutrición.
É dicir, cando inxeres todos os nutrientes necesarios e nas cantidades axeitadas, o teu sistema inmunolóxico, o sistema musculo-esquelético, a vista , o olfato ou incluro o teu estado psicolóxico ( menos ansiedade, estrés, insomnio…)refórzanse.
Por certo, se queres adoptar unha alimentación sostible farías moi ben en incorporar ovos camperos á túa dieta. En Pazo de Vilane producímolos tendo en conta a pegada de carbono xerada, da forma máis respectuosa posible co noso entorno, na comarca da Ulloa, en Lugo, onde levamos máis de 25 anos criando exclusivamente galiñas camperas.
Ademáis o ovo campero é un súper alimento, un dos mais completos da natureza, como xa te detallamos anteriormente. ¡Nin te imaxinas a de enfermidades que te axudarán a previr¡
En definitiva, a alimentación sostible, movimento que en Pazo de Vilane consideramos imparable, axudarache a levar unha vida máis saudable no medio dun mundo mellor. Recorda que as túas decisións contan.
Fontes:
Universitat Oberta de Catalunya
¿Te ha interesado esta noticia? ¡Suscríbete a nuestro boletín y recibirás gratis un libro digital!