A edición 2019 do noso concurso 1 idea, 1 árbore volveunos a sorprender gratamente pola alta participación e pola incrible creatividade dos nosos clientes. A idea principal do concurso é a de darlle unha nova vida á caixa de ovos campeiros Pazo de Vilane para fomentar a reutilización e conseguir sensibilizar á sociedade sobre a importancia da reciclaxe nos nosos días.
Por cada unha das máis de 400 propostas recibidas para a reutilización da caixa de ovos campeiros plantaremos unha árbore autóctona nas nosas leiras para cumprir o obxectivo de reforestar a comarca da Ulloa. Unha das temáticas que máis ideas deu nesta sexta edición da iniciativa 1 idea, 1 árbore é a de xardinería. As ideas centradas na agricultura e nos usos agrícolas foron das máis numerosas e tamén das máis orixinais.
A proposta para reutilizar a caixa de Pazo de Vilane como sementeiro é unha das que repiten ano tras ano. E en cada edición aumenta a creatividade de cada unha das vosas ideas! A estrutura da caixa faia perfecta para usala con este fin xa que os espazos para colocar os nosos ovos campeiros adáptanse á perfección para colocar as sementes.
Ana ensinounos a través dunha serie de fotografías como creceron as súas plantas na caixa. A caixa de ovos foi o lugar ideal para que pasasen as súas primeiras semanas de vida nas mellores condicións de crecemento. Tamén é un espazo perfecto para que os peques da casa poidan plantar garavanzos ou lentellas e ver o seu crecemento día tras día. Unha forma de experimentar e de inculcarlles desde os seus primeiros anos o amor pola natureza.
Unha das ideas que máis nos chamou a atención é a dos sementeiros de Meiling. Neste caso souberon aproveitar ata a propia casca dos ovos campeiros de Pazo de Vilane. Os ovos serven de maceta para botar a terra que fará crecer as sementes, quedando protexidas de axentes externos daniños. Ademais, decoraron a tapa da caixa cuns bonitos gnomos dándolle un toque único. Encántanos!
Outra das ideas de reciclaxe pensadas para o mundo hortícola é o de invernadoiro. Belén enviounos a súa proposta na que decidiu substituír o cartón da tapa por un plástico para conseguir recrear o efecto dun auténtico invernadoiro e proporcionarlle a calor suficiente ás súas sementes para crecer rápidas e fortes. O envase de Pazo de Vilane deixa ver aquí a súa versatilidade, adaptándose a todos os materiais.
Que vos pareceron estas primeiras propostas sobre xardinería para reutilizar a caixa de ovos campeiros de Pazo de Vilane? A nós parécennos do máis auténtico. Permanecede atentos porque nas próximas semanas seguiremos sacando máis ideas das que nos enviastes para o concurso 1 idea, 1 árbore.
Lembrade que podedes consultar as ideas de reutilización da caixa de ovos camperos recibidas en 2014, 2015 , 2016 , 2017 y 2018.