¿Lembras a regla das 3 erres? Xa sabes, reducir, reutilizar e reciclar… Pois agora os consumidores demandamos dar un paso máis. E unha nova r. Recuperar, sumouse ás tres anteriores. En Pazo de Vilane tratamos de aplicar estas catro premisas á nosa actividade diaria e de mellorar día a día. Contámosche cómo tentamos crecer no noso desempeño medioambiental e ademáis propoñémosche algunhas ideas para que as leves á túa propia casa.
¿En qué consisten as 4 r?
Xa sabes que as 4r consisten en Reducir, Reutilizar, Reciclar e Recuperar. Pero queremos explicarchas con todo detalle:
- Reducir. É a primeira regra e se tódolos ciudadanos do Planetaconseguíramos levala a cabo con pleno alcance, solucionaríase unha boa parte do problema medioambiental. Trátase de reducir ao mínimo a xeración de residuos (unha porcentaxe considerable son envases).
- Reutilizar. Dar un novo uso a un obxecto que xa non nos serve á nos, pero pode facelo a outros: roupa que se quedou pequena, ou non nos poñemos, por exemplo, que está en bo estado e pode ter deceas de novos usos.
- Reciclar. Trátase de convertir un refugallo ou residuo nun produto novo, incluso totalmente diferente. A labor de todos é aquí fundamental para que o sistema funcione: debemos separar axeitadamente tódolos residuos e depositalos no contedor correspondente.
- Recuperar. Esa é a nova “r” e consiste en xerar enerxía a partir de residuos que non poden nin reducirse, nin reutilizarse, nin reciclarse.
As 4 r na túa tu casa: cómo podes chegar máis lexos
Estamos seguros de que xa practicas algo tan saudable para o medioambiente como as 4 r: Reducir, reutilizar, reciclar e recuperar. Pero quizá con estos consellos podes afondar no teu comportamento sostible.
Comecemos polo primeiro; reducir. Para iso propoñémosche varias iniciativas:
- Opta polo comercio que menos residuos xere e anima ao teu tendeiro- sobre todo se é de proximidade e pode tomar decisións- a que xuntos produzades menos residuos. Leva sempre a túa propia bolsa e garda nelas (sen usar papel, cartón ou bolsas adicionais) o pan, a froita, ou os alimentos xa manufacturados como latas, conxelados, etc.
- Sempre que poidas, expresa a través de enquisas, correos ou directamente en tódalas tendas onde compres a necesidade de xerar menos residuos, desde a orixe. ¿É necesario empregar bandexas de poliespan para os embutidos ou a carne, ademáis de varios papel filmes protectores e etiquetas de plástico? ¡Anima ao teu tendeiro!.
- Pénsate varias veces se necesitas comprar nova roupa. O teu peto agradecerao e máis aínda o medioambiente.
- Reduce ao mínimo indispensable os papeis filme de cociña ou o papel de aluminio ¿Cómo? Substitúeos por recipientes de cristal. Desde a carne ao peixe, pasando polos embutidos , sobras de comida… Ademáis, ¿sabías que a comida se conserva fresca máis tempo se a gardas en cristal?
- Premia coa túa compra aos produtores que se preocupen pola calidade medioambiental do seu envasado. Prima materiais sostibles fronte a outros de dificil redución, reciclado ou revalorización
Reutilizar ou asegunda r: A imaxinación, ao poder. Pensa en novos usos… e atrévete a ser creativo.
- Non tires nin un só tarro de cristal de marmeladas, legumes envasadas ou verduras, como espárragos ou outros. Son uns recicipientes estupendos para manter ordenada a neveira e conservar máis tempo os alimentos. Ademáis, terás máis capacidade con eles que cos clásicos recipientes de cristal, porque aproveitan o espacio “ ao alto”.
- Por suposto, non descartes as caixas dos nosos ovos. Non sabes a axuda que supoñen para manter as cousas ordenadas na casa: material de escritorio, bixutería, cápsulas de café, costureiro, sementes para unha horta urbana, documentación , parafusos,…¡Ten mil e un usos!
- Emprega calquer folla de papel blanco que caiga nas túas mans (facturas antigas, comunicacións comerciais, cadernos vellos dos nenos, …) para fabricar blocks caseiros nos que tomar notas, apuntar a compra, facer recordatorios…
- Aficiónate á costura, as manualidades e ao bricolaxe. Non sabes a de diñeiro que te aforrarás cada ano se reparas ti mesmo na casa mobles, portas, sanitarios, electrodomésticos… Internet está cheo de tutoriais onde se explican as reparacións máis frecuentes do fogar. Non olvides ensinar aos máis pequenos a reparar cousas sinxelas
- Tamén a Rede está chea de ideas súper enxeñosas de decoración con materiais reciclados: macetas para prantas, marcos para fotos, mantas realizados con roupa usada… e un largo etcétera.
Reciclar. A terceira “r” no teu fogar.
- Case todos separamos xa o vidro, os envases, o papel e a materia orgánica, pero… ¿Fas o mesmo cos aceites vexetais, medicinas, electrodomésticos, metais, mobles vellos ou incluso coa túa roupa? Tamén existen contedores específicos para estes residuos tan contaminantes. É importante que todos sigamos avanzando no camiño do reciclaxe.
- Trata de tirar o mínimo posible. En Internet atoparás titoriais para reciclar algúns produtos tí mesmo: por exemplo, xabón con aceite vexetal, ou abono ou compost para as túas prantas ou hora urbana cos teus residuos orgánicos.
Recuperar:Tamén estás facendo moito pola 4 “r”
E aínda esta 4ª pata se concreta en ámbitos industriais (pois consiste no tratamento dos residuos que non poderían nin reducirse, nin reutilizarse, nin reciclarse para liberar enerxía) xa estás facendo moito para que funcione e que se desenvolva.
Así, ao separar e mandar ao contedor axeitado os teus residuos, están depurando o lixo que chega finalmente os vertedoiros, lugares onde se volve a revisar e se envía a industrias que xeran enerxía a través de procesos avanzados como a combustión, a pirólisis, a gasificación, a dixestión aneróbica ou a recuperación de gas residual.
Pro exemplo, moitos plásticos ou as latas de refresco recupéranse e deles extráese enerxía mediante a pirólisis.
Tamén, ao abonar no teu taller autorizado unha taxa medioambiental recóllese tanto o aceite usado de teu motor como as rodas gastadas de teu coche, que nunha parte se converten en subprodutos e noutra se recuperan para xerar enerxía.
As 4 r en Pazo de Vilane
En Pazo de Vilane tratamos de intensificar a aplicación das 4 r na nosa actividade como empresa. Por exemplo, tentamos, sempre que é posible, que as materias primas que adquirimos cheguen cas mínimas embalaxes. Así, o penso das galiñas almacénase directamente en tolvas, deste xeito evitamos sacos de plástico innecesarios.
Doutra banda, moi frecuentemente tratamos de reutilizar materiais que xeramos como resultado da nosa actividade. Así, moitas veces os palés de madeira nos que nos chegan algúns materiais acaban formando parte de valos ou empalizadas das leiras nas que pastan as nosas galiñas. Uns cravos, unha capa de verniz, …¡ e quedan preciosas¡
Ademáis, indirectamente, e gracias ao teu apoio, reutilízanse centos de miles de envases de ovos Pazo de Vilane todos os anos, a través do noso concurso 1 idea, 1 arbore, que este ano cumpriu a súa 8ª edición.
A través desta iniciativa enviádesnos xeniais ideas de reutilización da “caixa da galiña”-como moitos a chamades- e a cambio nós prantamos unha árbore nas leiras do Pazo, que non só dan acubillo ou sombra ás galiñas, senón que tamén axudan a mellorar a contorna da nosa comarca, A Ulloa.
Por suposto, unha grande arte dos nosos residuos- os que non poden reducirse nin reutilizare- acaban sendo seleccionados para ser reciclados por unha empresa especializada en xestión de residuos. Ademáis, todos os nosos empregados recibiron formación ao respecto e acerca doutras medidas medioambientais.
De feito, desde fai dous anos Pazo de Vilane está inmerca nun ambicioso proxecto de redución de pegada de carbono que afecta tanto á empresa como a cada un dos seus integrantes
Por último, e repecto ao grande reto da recuperación, actualmente estamos estudando opcións para conseguir dar valor enerxético á gallinácea ou excrementos das galiñas, que agora mesmo estanse revalorizando en parte como abono agrícola.
¿Te ha interesado esta noticia? ¡Suscríbete a nuestro boletín y recibirás gratis un libro digital!