O proxecto Pazo de Vilane mantén o seu compromiso con valores medioambientais, sociais e culturais na busca dunha transformación da nosa sociedade. Nunha aposta polo desenvolvemento rural e o coidado do medio ambiente, o emprendemento socio-económico e o fomento da cultura e a arte neste entorno, pon en marcha unha serie de iniciativas que propoñen a participación de todos e a vocación de que cada vez máis persoas traballemos nunha sociedade máis xusta, sostible e humana.

Emprender desde a raíz

O desenvolvemento persoal de quen emprende

Pazo de Vilane, referente no mundo do emprendemento, e catro emprendedoras do ámbito da psicoloxía, a formación, a educación e a empresa uníronse na aventura de crear un proxecto formativo pioneiro en España: Emprender desde a raíz.

Este ciclo que une o desenvolvemento persoal co emprendemento pretende explorar e ampliar habilidades, competencias e comportamentos emprendedores desde unha metodoloxía práctica e vivencial, baseada na toma de conciencia e no fomento da creatividade. Trátase dun percorrido interno e individual que se imparte nun contexto grupal.

O obxectivo do programa é conseguir que a persoa emprendedora tome conciencia do seu eu-emprendedor, a súa historia, os seus propios obstáculos e medos, as súas fortalezas e sobre todo, a súa capacidade creativa. En definitiva, dotar ao alumnado dun empoderamento suficiente que lle permita non só desenvolver o seu proxecto emprendedor a través da toma de conciencia das súas calidades reais como persoa senón tamén a través das súas fortalezas e debilidades como líder empresarial.

Pazo de Vilane viu en Emprender desde a raíz unha forma de poñer ao servizo de quen quere emprender a súa experiencia e apoiar a outras persoas que emprenden, como fixo a familia Varela- Portas cando empezou o seu proxecto nos anos noventa.

Xornada de Portas Abertas

Transparencia e apertura

Cada xuño, nos días próximos á festa de San Xoan, Pazo de Vilane abre as portas da súa finca co obxectivo de que os seguidores poidan coñecer de preto a granxa onde viven as galiñas en liberdade, ver como se alimentan e pastan no campo.

Durante a xornada visítase a nave de envasado onde se arman artesanalmente cada unha das caixas que contén e coidan dos ovos campeiros ata que chegan aos fogares de toda España.

Os visitantes tamén coñecen as plantacións de froitos do bosque das cales obtemos a froita para elaborar as marmeladas artesanais de framboesa, arando e tomate.

1 idea, 1 árbore

Compromiso coas 3R: reducir, reutilizar, reciclar

Coa chegada da primavera, Pazo de Vilane celebra a campaña 1 idea, 1 árbore, mediante a cal invita aos consumidores dos seus ovos campeiros e marmeladas artesanais de framboesa, arando o tomate a compartir o uso que lle dan as caixas. Por cada idea recibida, Pazo de Vilane comprométese a plantar unha árbore ao inverno seguinte.

A plantación de árbores está aberta á participación de nenos, familias, veciños da comarca e seguidores de toda España. Ademais de contribuír á reforestación da Comarca da Ulloa con especies autóctonas, nun tempo non moi lonxano as galiñas poderán gozar de parques e árbores para o seu acubillo durante os días soleados do verán.

Desde os seus inicios en 1996, Pazo de Vilane leva adiante unha filosofía centrada no respecto ao medio ambiente, que se reflicte no coidado das galiñas en liberdade, as fincas destinadas a cultivos ecolóxicos e as caixas de cartón reciclado en todos os seus produtos.

Concertos no pazo

Fomento da cultura no medio rural

Un dos piares fundamentais de Pazo de Vilane é a recuperación respectuosa do patrimonio histórico onde ten a sede o proxecto e promover actividades sociais e culturais na Comarca da Ulloa.

Neste marco, cada verán celébrase Concertos no Pazo, unha actividade gratuíta que ten como propósito traer a música clásica ao medio rural e permitir que os habitantes da zona e quen se queiran achegar ata Pazo de Vilane poidan desfrutar dunha velada de boa música.

Desta forma, ademais de traballar na mellora das fincas e o seu entorno con actividades agrícolas e gandeiras sostibles e elaborar produtos de calidade, como o ovo campeiro ou as marmeladas artesanais, a empresa familiar da sentido e actividade aos espazos arquitectónicos do pazo.

Onde mercar

O inconfundible sabor dos ovos campeiros, a explosión das framboesas das nosas marmeladas ecolóxicas e o resto de produtos de Pazo de Vilane están dispoñibles en moitos establecementos próximos a ti.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR