Festas de San Froilán de Lugo

O mércores 4 de outubro comezan as festas de San Froilán 2017 en Lugo. Nove días de celebración para desfrutar da música, a gastronomía e actividades para todos os públicos e idades… ademais dunha ocasión magnífica para coñecer a ciudade de Lugo.

Desde a súa fundación nos anos 90, Pazo de Vilane sempre estivo moi vinculado á nosa terra, convertindo esta filosofía nunha das nosas señas de identidade. De feito, o noso fundador Juan Varela-Portas y Pardo foi nomeado Lucense do Ano, exerceu de presidente da Cámara de Comercio de Lugo durante 8 anos e fundou o equipo Breogán de Baloncesto de Lugo.

As festas de San Froilán, declaradas Festa de Interese Turístico Galego e Fiesta de Interés Turístico Nacional, son unha data moi destacada no calendario lucense. Álvaro Cunqueiro xa sinalaba na súa época que as fiestas de San Froilán eran as máis fermosas do outono galego. A súa orixe parece remontarse a mediados do século XVIII a raíz da conmemoración relixiosa ao patrón de Lugo, San Froilán, a partir da cal fóronse incorporando diversos elementos non relixiosos ata convertirla na festividade de varios días que se celebra na actualidade.

Durante 9 días de celebración, desde o mércoles 4 podrás atopar propostas para todo tipo de público e idades. Concertos, polbo á feira, tradición, pasarúas, actividades para os máis cativos, o Domingo das mozas… e unha estupenda ocasión para coñecer e desfrutar o Lugo monumental e o seu centro histórico, vestido de festa e tinguidoc coa luz e as cores do outono.

Programa San Froilán 2017

< Volver

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR