9 Agosto 2013
Falámoslles de Pazo de Vilane, unha empresa familiar do concello lugués de Antas de Ulla que conseguiu que os seus produtos cheguen a todo o mercado español a través das principais cadeas de alimentación.
Nunhas leiras de Antas de Ulla cultívanse as framboesas ou os arandos cos que a empresa Pazo de Vilane elabora marmeladas que xa se venden nas principais grandes superficies españolas. É o último paso dunha empresa familiar que comezou coa producción de ovos e que pouco a pouco foi apostando pola diversificacion e experimentando un gran crecemento en poucos anos.
Pazo de Vilane, que conta con vinte empregados, traballa xa nun plan de I+D pra implantar un laboratorio de desenvolvemento de produtos e tamén na obtención do selo de produción ecolóxica.
Video completo: https://www.crtvg.es/informativos/unha-empresa-de-antas-de-ulla-fai-marmeladas-para-as-principais-cadeas-de-alimentacion-638665