fbpx

Xa temos ao gañador do concurso de anécdotas

As historias que recibimos na cuarta edición do Concurso de Anécdotas Campestres de Pazo de Vilane fixéronnos rir, emocionarnos e sorprendernos. Hoxe presentamos ao relato gañador.

O pasado mes de xullo convocabamos a cuarta edición do Concurso de Anécdotas Campestres de Pazo de Vilane. Trátase dunha xa clásica acción que realizamos coa intención de construír a memoria da nosa terra e a esencia que nos une á natureza a través das historias que os nosos amigos nos debían trasladar. A participación estaba aberta a todo o público e as anécdotas que nos trasladastes chegáronnos moi dentro

O requisito básico para participar era elixir algún dos teus recordos, antigos ou máis recentes, ligados co mundo do campo: momentos coa familia, relacionados con animais, con aquela excursión polo monte ou algunha curiosidade vivida no rural. O prazo de recepción estivo aberto durante un mes e medio, período no que se debía votar a historia que máis vos gustase.

E é que a anécdota campestre con máis votos, sería a gañadora. O premio? Unha fin de semana nun aloxamento rural da comarca da Ulloa con almorzo ademais dunha comida nun establecemento da zona. E, como non podía ser doutra maneira, unha visita ás nosas instalacións para coñecer de preto Pazo de Vilane e ver ás galiñas en liberdade en primeira persoa. 

O gañador resultou ser Carlos Blanco e aquí deixámosvos a súa emocionante anécdota:

“Corría o ano 90 con tan só 6 anos e xa sabía o que era san: o sabor do natural. Nunha aldea galega quizais non moi lonxe do Pazo de Vilane espertábase un neno un pouco tímido ou talvez audaz ao compás do canto do galo que dominaba o curral da súa avoa por entón xa viúva. Era unha mañá do mes de agosto na que se mesturaba o doce cheiro dun almorzo campeiro co natural dos verdes prados que rodeaban o lugar. Torradas fixo a avoa. Con ovos recentemente recolleitos do curral. Sabor inconfundible que me ouriza a pel e conségueo unha vez máis case 30 anos despois. E é que memorizamos con todo luxo de detalles aquilo que nos emociona. Moitas veces nin sequera sabemos que o temos pero aí está: nun oco do noso cerebro perfectamente almacenado. Ano 2019. Poderiamos ser calquera dos que lemos esta historia. A miña muller Ana trae unha caixa perfectamente empacada cunha ducia de ovos de galiñas campeiras galiñas en liberdade. Ábroa con sumo coidado e xa vexo que falamos dun produto diferente. É entón cando prepara o almorzo: torradas cos ovos e pan de Cea. Por un momento próboas e pecho os ollos… Ourízame a pel… Aquel sabor inconfundible almacenado desde o pasado século volve xurdir: Vexo á miña avoa, cheiro o almibre, sinto o pasado no presente e consigo saciar o meu padal con tal doce manxar. E esa é a razón de escribir esta historia: para transmitir o que vivín desde entón. Os ovos campeiros do Pazo de  Vilane conservan o mellor do pasado pero en pleno século XXI. E é que o natural ademais de san, EMOCIONA.”

< Volver

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies