fbpx

Xa está aquí “A galiña dos ovos de ouro”

Volve decembro. Volve o Nadal. E como non podía ser doutra forma, volve tamén a nosa promoción “A galiña dos ovos de ouro”. Serás ti un dos afortunados ou afortunadas?

Grazas á promoción de “A galiña dos ovos de ouro” que Pazo de Vilane volve a poñer en marcha este mes de decembro, poderás vir coñecer ás nosas galiñas en liberdade a Galicia no 2020 e pasar unha fantástica fin de semana na Ulloa. Para participar no concurso soamente tes que adquirir durante o mes de decembro algún dos envases verdes dunha ou de media ducia dos nosos ovos campeiros en calquera dos puntos de venda nos que compras normalmente os nosos produtos.

Entre todos eles, colocamos aleatoriamente cinco flyers de cor dourada na caixa da galiñiña. Se atopas un deles coa frase “Noraboa! Es o gañador dunha viaxe a Galicia e dunha visita ao Pazo de Vilane onde poderás vivir unha experiencia única”, es un dos gañadores de “A galiña dos ovos de ouro”! O premio? Unha viaxe para ti e para o acompañante que ti decidas a Pazo de  Vilane durante a fin de semana do 26, 27 e 28 de xuño de 2020. Inclúense os gastos de transporte, dúas noites de aloxamento con almorzo incluído nun establecemento rural da comarca da Ulloa e unha visita guiada ás instalacións de Pazo.

Con esta promoción queremos premiar a todos aqueles que nos acompañades ao longo do ano e darvos a oportunidade de vir coñecer ás nosas galiñas en liberdade ademais de ver o edificio do Pazo e descubrir como se envasan os ovos campeiros de forma artesanal. En caso de ser un dos gañadores, deberás poñerte en contacto connosco a través do correo electrónico comunicacion@pazodevilane.com ou por medio das nosas redes sociais (Facebook, Twitter ou Instagram). A data límite para enviarnos o  comprobante é o 30 de xaneiro de 2020. Unha vez que os gañadores acepten o premio, publicaremos os nomes na nosa páxina web.

Podes consultar as bases completas da promoción “A galiña dos ovos de ouro” aquí.

< Volver

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies