{"id":4311,"date":"2020-02-09T16:26:48","date_gmt":"2020-02-09T16:26:48","guid":{"rendered":"https:\/\/pazo.devialia.com\/?p=4311"},"modified":"2020-03-23T16:55:33","modified_gmt":"2020-03-23T16:55:33","slug":"conece-a-ulloa-torrentes-de-macara","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pazodevilane.com\/gl\/cronicas-galineiro\/conece-a-ulloa-torrentes-de-macara\/","title":{"rendered":"Co\u00f1ece A Ulloa: Torrentes de M\u00e1cara"},"content":{"rendered":"\n
Hoxe imos dar unha volta pola natureza e contarche todo sobre os Torrentes de M\u00e1cara situados no municipio de Palas de Rei que, xunto con Monterroso e Antas de Ulla, forman a comarca galega da Ulloa<\/strong>. Pertence \u00e1 provincia de Lugo e \u00e9 o sitio dende o que saen ao resto de Espa\u00f1a os ovos campeiros de Pazo de Vilane. Ad\u00e9ntrate a co\u00f1ecer todo sobre este emblem\u00e1tico para\u00edso: os Torrentes de M\u00e1cara. O municipio de Palas de Rei conserva numerosos restos arqueol\u00f3xicos, destacando a igrexa de Vilar de Doas, un dos referentes principais do rom\u00e1nico galego. Un amplo patrimonio con restos de fortaleza, torres, castelos e tam\u00e9n de natureza digna de co\u00f1ecer. Os Torrentes de M\u00e1cara son un conxunto de r\u00e1pidos situados no r\u00edo Ulla<\/strong>, con pequenas fervenzas e pozas creando unha contorna espectacular e \u00fanica. Ten un carreiro que segue o bordo do r\u00edo e que permite gozar desta paisaxe. No concello de Antas de Ulla est\u00e1n os montes de Olveda, onde nace o r\u00edo Ulla e segue o seu cami\u00f1o por Monterroso e Palas de Rei<\/strong>. Aqu\u00ed est\u00e1 a aldea de Ramil, onde se pode admirar as fervenzas co\u00f1ecidas como Torrentes de M\u00e1cara, con ata 3 e 4 metros de altura na ca\u00edda da auga, unha paisaxe digna de ver. Hai varias formas de chegar. Podes ir pola N-547 direcci\u00f3n Palas de Rei, onde hai sinalizaci\u00f3ns que levan ata os torrentes. Ou podes ir ata o Castelo de Pambre,<\/strong><\/a> constru\u00eddo no s\u00e9culo XIV por Gonzalo Ozores de Ulloa, membro da familia feudal que dominaba a comarca. Sit\u00faase pola estrada LU-4008 en direcci\u00f3n Ramil e Melide, a menos de dous quil\u00f3metros do castelo. Antes de cruzar unha ponte, \u00e1 esquerda hai un cartel que indica onde est\u00e1n os torrentes, podes acceder con coche e deixalo nunha pista. Se vas dende Liboreiro hai que tomar o cruzamento \u00e1 dereita direcci\u00f3n Monterroso<\/a>; a 200 metros hai un cruzamento \u00e1 dereita direcci\u00f3n Pambre e M\u00e1cara. No medio da natureza, antes de chegar ao teu destino xa podes escoitar a sonora auga do r\u00edo Ulla, dividindo os concellos de Palas de Rei, Antas de Ulla e Agolada, formando os Torrentes de M\u00e1cara en pleno de coraz\u00f3n da Ulloa, unha paraxe con pequenas fervenzas, ideal para facer deportes como o kaiak. \u00c9 m\u00e1is, aqu\u00ed celebr\u00e1ronse varias edici\u00f3ns da Copa Galega de Kaiak Extremo. Tam\u00e9n para facer roteiros de sendeirismo e actividades acu\u00e1ticas<\/strong> en tempadas de bo tempo como rafting ou pesca, unha pr\u00e1ctica usual nesta zona. O carreiro que segue o bordo do r\u00edo est\u00e1 perfectamente adaptado para percorrelo sen perigo, con chanzos de madeira e sinalizaci\u00f3ns en \u00e1rbores e pedras<\/strong>. Comeza o cami\u00f1o atravesando un bosque de casti\u00f1eiros e despois de 10 minutos de roteiro, o r\u00edo Ulla div\u00edsase entre as \u00e1rbores. Ao pouco chegas a unha preciosa zona con fervenzas e pozas ideais para practicar deportes, destacando a beleza dos seus r\u00e1pidos. Ademais no ver\u00e1n conv\u00e9rtese no lugar ideal para refuxiarse das altas temperaturas. Rodeada de fauna e natureza; carballos,casti\u00f1eiros, freixos e avellanos que na \u00e9poca de outono asolaga de cor o paseo<\/strong>. O roteiro pode alongarse m\u00e1is pero o cami\u00f1o comeza a complicarse xa que se enche de impedimentos, pero a\u00ednda as\u00ed, p\u00f3dese realizar. \u00c9 recomendable non ir con bicicletas ou carri\u00f1os. Un roteiro que hai que probar e ver cos teus propios ollos cunha dificultade media-alta, con obst\u00e1culos como pedras ou \u00e1rbores ca\u00eddos. Seguimos co\u00f1ecendo m\u00e1is recunchos e natureza que podemos atopar pola Ulloa. Hoxe aterramos en plena natureza, nos fermosos Torrentes de M\u00e1cara.<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":4309,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false},"categories":[71,25],"tags":[],"yoast_head":"\n
<\/p>\n\n\n\n
<\/p>\n\n\n\n
Fotograf\u00eda de Jos\u00e9 Antonio Gil Mart\u00ednez <\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\nComo chegar <\/h2>\n\n\n\n
<\/p>\n\n\n\n
<\/p>\n\n\n\nNatureza e sendeirismo<\/h2>\n\n\n\n
<\/p>\n\n\n\n
<\/p>\n\n\n\n
Este conxunto paisax\u00edstico recibe numerosas visitas, sobre todo en \u00e9poca estival. O roteiro conta cuns 22 quil\u00f3metros de percorrido, perfectamente sinalizada e habilitada para gozar con final nos Torrentes. Non te quedes coas ganas de co\u00f1ecelo e feixe un plan diferente na comarca d\u00e1 Ulloa, o lugar do que saen os ovos camperos de Pazo de Vilane. \t\n\n<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"