{"id":4034,"date":"2019-12-24T17:58:54","date_gmt":"2019-12-24T17:58:54","guid":{"rendered":"https:\/\/pazo.devialia.com\/hablemos-de\/volve-o-apalpador\/"},"modified":"2021-12-20T17:06:57","modified_gmt":"2021-12-20T17:06:57","slug":"volve-o-apalpador","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pazodevilane.com\/gl\/cronicas-galineiro\/volve-o-apalpador\/","title":{"rendered":"Volve o Apalpador"},"content":{"rendered":"\n
\u00bfSab\u00edas que nas monta\u00f1as de Lugo vive O Apalpador, un xigante bonach\u00f3n que baixa t\u00f3dalas Noiteboas e Fins de Ano a tocar as barrigui\u00f1as dos nenos mentres durmen? Segue lendo e co\u00f1ecer\u00e1s m\u00e1is esta antiga tradici\u00f3n lucense que aos poucos se est\u00e1 recuperando en toda Galicia.<\/p>\n\n\n\n
A lenda do Apalpador naceu fai s\u00e9culos, probablemente nas monta\u00f1as de Lugo, ao redor das terras de L\u00f3ucara, Caurel e Cebreiro. Se co\u00f1eces estas terras probablemente entender\u00e1s por que. Se non as co\u00f1eces anim\u00e1mosche a facelo.<\/p>\n\n\n\n
<\/p>\n\n\n\n Al\u00ed, nas fr\u00edas noites do 24 e 31 de decembro, alumeados polo lume e co \u00fanico son das chamas crepitantes, os av\u00f3s sentaban aos netos nos seus xeonllos, d\u00e1ndolles aos seus xestos a importancia do gran misterio que nese momento estaban a punto de desvelar.<\/p>\n\n\n\n \u201cD\u00e9itate pronto , meu neno, porque o Apalpador est\u00e1 a piques de baixar da s\u00faa morada escondida. S\u00f3 entrar\u00e1 no cuarto se est\u00e1s durmido. Ent\u00f3n, tocar\u00e1 a t\u00faa barrigui\u00f1a para comprobar se est\u00e1s cheo ou famento. Se che ve algo flaqui\u00f1o, deixarache unhas casta\u00f1as e se adem\u00e1is fuches bo este ano, alg\u00fan agasallo<\/em>\u201d<\/p>\n\n\n\n Non \u00e9 de estra\u00f1ar que os nenos galegos se meteran na cama sumidos nunha mestura de terror, intriga e esperanza. \u00a1C\u00f3mo non asustarse ante un carboeiro xigante, de barba vermella, con boina e chaqueta ro\u00edda chea de parches, que viv\u00eda s\u00f3, aliment\u00e1ndose de froitos do bosque e xabariles que \u00e9l mesmo cazaba? Pero, ao mesmo tempo, \u00bfc\u00f3mo non emocionarse ante a chegada inminente dun mangall\u00f3n que sixilosamente deixar\u00eda casta\u00f1as e alg\u00fan agasallo aos pes da cama?<\/p>\n\n\n\n Para que os nenos se calmaran e lograran conciliar o sono, os av\u00f3s cant\u00e1banlles algunha que outra cantiga tradicional:<\/p>\n\n\n\n \u201cVai-te logo meu ninim\/nininha,<\/em><\/p>\n\n\n\n marcha agora pra caminha.<\/em><\/p>\n\n\n\n Que vai vir o Apalpador<\/em><\/p>\n\n\n\n a palpar – che a barriguinha.<\/em><\/p>\n\n\n\n J\u00e1 chegou o dia grande,<\/em><\/p>\n\n\n\n dia do nosso Senhor.<\/em><\/p>\n\n\n\n J\u00e1 chegou o dia grande,<\/em><\/p>\n\n\n\n E vir\u00e1 o Apalpador<\/em><\/p>\n\n\n\n Manh\u00e3 \u00e9 dia de cachela,<\/em><\/p>\n\n\n\n que haver\u00e1 gram nevarada<\/em><\/p>\n\n\n\n e h\u00e1 vir o Apalpador c\u00b4uma mega de castanhas<\/em><\/p>\n\n\n\n Por aquela cemba<\/em><\/p>\n\n\n\n j\u00e1 vem relumbrando<\/em><\/p>\n\n\n\n o senhor Apalpador<\/em><\/p>\n\n\n\n para dar-vos o aguinaldo<\/em>.\u201d<\/p>\n\n\n\n A tradici\u00f3n di que durante aquelas d\u00faas noites m\u00e1xicas ningunha persoa maior deb\u00eda xurar nin enfadarse de ning\u00fan xeito nin cos nenos nin cos animais. Moi ao contrario, eran noites nas que as familias quer\u00edan atraer a properidade, a paz e a boa fortuna.<\/p>\n\n\n\n As\u00ed, coa frase \u201cas\u00ed, as\u00ed esteas todo o ano\u201d que supostamente pronunciaba o Apalpador tras tocar a barriga dos nenos, desexaba abundancia econ\u00f3mica e boas colleitas a t\u00f3dalas familias que visita as noites do 24 e 31 de decembro.<\/p>\n\n\n\n A historia do Apalpador caeu no esquecemento durante d\u00e9cadas, pero nos \u00faltimos anos estase a traballar para recuperala. Sen d\u00fabida, engarza con outros personaxes do norte de Espa\u00f1a que fan a s\u00faa aparici\u00f3n en Nadal, como L\u2019Angleru<\/em> de Asturias, o el Olentzero<\/em> del Pa\u00eds Vasco.<\/p>\n\n\n\n Todos eles son lendas do rural que revelan costumes ancestrais: modos de vestir, oficios e sociedades e idiosincrasias antropol\u00f3xicas das comarcas nas que se ubican.<\/p>\n\n\n\n Hoxe en d\u00eda este personaxe serve de escusa para poder transmitir unha mensaxe importante ao nenos galegos urb\u00e1ns: a importancia de retomar as ra\u00edces e reconectar coa natureza.<\/p>\n\n\n\n O Apalpador \u00e9 un personaxe que vive escondido no campo e regala casta\u00f1as. Tam\u00e9n se alimenta do que lle d\u00e1 a terra, algo que para moitos pequenos \u2013 que cren que a comida crece nos supermercados- \u00e9 toda unha novidade. Por iso pode supo\u00f1er un exemplo doutro xeito de vida inmerso no rural.<\/p>\n\n\n\n <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" Un dos personaxes que forma parte do imaxinario galego de Nadal \u00e9 o Apalpador. Entra e descobre todo sobre esta figura tradicional.<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":4035,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false},"categories":[71],"tags":[],"yoast_head":"\n<\/figure><\/li><\/ul><\/figure>\n\n\n\n
Unha ancestral tradici\u00f3n do Nadal galega<\/strong><\/h2>\n\n\n\n