{"id":36434,"date":"2022-11-09T15:58:13","date_gmt":"2022-11-09T15:58:13","guid":{"rendered":"https:\/\/pazodevilane.com\/cronicas-galineiro\/18-curiosidades-das-galinas-que-non-conecias\/"},"modified":"2023-05-22T14:01:49","modified_gmt":"2023-05-22T12:01:49","slug":"18-curiosidades-das-galinas-que-non-conecias","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pazodevilane.com\/gl\/cronicas-galineiro\/18-curiosidades-das-galinas-que-non-conecias\/","title":{"rendered":"18 curiosidades das gali\u00f1as que non co\u00f1ec\u00edas"},"content":{"rendered":"\n
Despois de m\u00e1is de 25 anos de traballo, en Pazo de Vilane a\u00ednda nos seguimos a sorprender coas curiosidades das gali\u00f1as. Non paramos de descubrir cousas novas delas!<\/p>\n\n\n\n
Pensabas que eran animais simples e que interactuaban pouco cos humanos? Todo o contrario: son listas, simp\u00e1ticas, e moi curiosas, e podemos asegurarvos que nos devolven con de sobra todos os coidados que lles prodigamos. <\/p>\n\n\n\n
Non s\u00f3 nos dan fermosos e nutritivos ovos a diario, tam\u00e9n notamos as s\u00faas reacci\u00f3ns de aprecio e cari\u00f1o cando abrimos as portas do gali\u00f1eiro, limpamos os ni\u00f1os ou, simplemente, cando pasamos tempo con elas e lles ensinamos a pacer. <\/p>\n\n\n\n
Xa ver\u00e1s como o seu comportamento, costumes e a s\u00faa propia natureza tam\u00e9n logran sorprenderte. <\/p>\n\n\n\n
S\u00f3 te\u00f1en moega, un \u00f3rgano com\u00fan en todas as aves e que desempe\u00f1a a funci\u00f3n de moer ou esmiuzar o alimento, formado principalmente por grans. <\/p>\n\n\n\n
Por iso, as gali\u00f1as criadas en liberdade, como as nosas, pican algunhas pedri\u00f1as de vez en cando, xa que lles axuda a mellorar a s\u00faa dixesti\u00f3n ao actuar como pequenas \u201crodas de mu\u00ed\u00f1o\u201d.<\/p>\n\n\n\n
As gali\u00f1as non son festeiras, iso est\u00e1 claro. Precisan descansar unhas 6-8 horas diarias seguidas cada noite. Elas s\u00e1beno e en canto cae o sol, sen que ningu\u00e9n te\u00f1a que andar atr\u00e1s delas ou chamalas, rec\u00f3llense soas no gali\u00f1eiro.<\/p>\n\n\n\n
As \u00faltimas en entrar adoitan ser as denominadas gali\u00f1as dominantes do lote ou manada. Son as m\u00e1is valentes e tratan de establecer relaci\u00f3ns de submisi\u00f3n sobre o resto. Non te\u00f1en pr\u00e9sa en entrar porque saben que, a\u00ednda que entren en \u00faltimo lugar, faranse cun bo sitio para pasar a noite. <\/p>\n\n\n\n