{"id":36130,"date":"2022-09-30T13:47:50","date_gmt":"2022-09-30T13:47:50","guid":{"rendered":"https:\/\/pazodevilane.com\/cronicas-galineiro\/dia-mundial-da-alimentacion-poden-as-galinas-axudar-a-paliar-a-fame\/"},"modified":"2022-11-09T15:19:16","modified_gmt":"2022-11-09T15:19:16","slug":"dia-mundial-da-alimentacion-poden-as-galinas-axudar-a-paliar-a-fame","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pazodevilane.com\/gl\/cronicas-galineiro\/dia-mundial-da-alimentacion-poden-as-galinas-axudar-a-paliar-a-fame\/","title":{"rendered":"D\u00eda Mundial da Alimentaci\u00f3n: Poden as gali\u00f1as axudar a paliar a fame?"},"content":{"rendered":"\n

Cada 16 de outubro cel\u00e9brase a nivel internacional o D\u00eda Mundial da Alilmentaci\u00f3n, <\/u><\/a>unha conmemoraci\u00f3n impulsada pola FAO (Organizaci\u00f3n das Naci\u00f3ns Unidas para a Agricultura e a Alimentaci\u00f3n) que ten como prop\u00f3sito diminu\u00edr a fame no mundo, todo isto encadrado na Axenda 2030, na s\u00faa meta \u201cfame cero\u201d.<\/p>\n\n

A xornada estableceuse para lembrarnos que mill\u00f3ns de persoas non poden adoptar unha alimentaci\u00f3n sostible<\/u> <\/a>e, o que \u00e9 m\u00e1is, est\u00e1n en risco de inseguridade alimentaria e desnutrici\u00f3n severa. Mentres tanto, non deixa de ser un paradoxo que se produzan alimentos suficientes no planeta como para abastecer a todos os seus habitantes.<\/p>\n\n

Con todo, seguen a darse inxustizas no acceso aos alimentos motivadas polos conflitos ou guerras, tensi\u00f3ns e especulaci\u00f3ns nos mercados internacionais, a pandemia de Covid-19, as subas de prezos, as mudanzas e inestabilidades clim\u00e1ticas…<\/p>\n\n

O D\u00eda Mundial da Alimentaci\u00f3n f\u00edxonos reflexionar en Pazo de Vilane sobre a importancia que te\u00f1en os pequenos animais de granxa<\/u><\/a>, como as nosas gali\u00f1as campeiras, para acadar a meta dunha alimentaci\u00f3n sa e equilibrada dos habitantes dos pa\u00edses en v\u00edas de desenvolvemento.<\/p>\n\n

Fix\u00e9monos en que os expertos da FAO apuntan a que \u00e9 necesaria \u201cunha mellor produci\u00f3n de alimentos\u201d, o que nos levar\u00eda a \u201cunha mellor nutrici\u00f3n, mellor medio ambiente e a unha vida mellor\u201d.<\/p>\n\n

As produci\u00f3ns familiares extensivas de gali\u00f1as campeiras<\/u> <\/a>son sen d\u00fabida un exemplo desa \u201cmellor produci\u00f3n de alimentos\u201d que persegue a FAO e probablemente poder\u00eda ser unha parte da soluci\u00f3n deste problema de magnitudes mundiais. <\/strong><\/p>\n\n

Por que gali\u00f1as e non outros animais de granxa?<\/p>\n\n

Pois porque, a\u00ednda que este ano a FAO po\u00f1a o acento nas guerras ou na pandemia de COVID-19 como causas directas da deficiente alimentaci\u00f3n mundial, existen outros factores estruturais que non axudan ao desenvolvemento das persoas nos pa\u00edses m\u00e1is empobrecidos, como o escaso acceso \u00e1 terra para o cultivo ou a gander\u00eda <\/strong>porcina ou bovina por parte das familias.<\/p>\n\n

Sen dubida, as gali\u00f1as requiren menos inversi\u00f3n e espazo <\/strong>ca outro tipo de explotaci\u00f3n gandeira.<\/p>\n\n

A cr\u00eda de gali\u00f1as campeiras nos pa\u00edses en v\u00edas de desenvolvemento<\/h2>\n\n

Numerosas ONGs e organizaci\u00f3ns que traballan en pa\u00edses en v\u00edas de desenvolvemento destacan a importancia das pequenas produci\u00f3ns familiares de gali\u00f1as campeiras para o desenvolvemento e a prosperidade das comunidades. <\/p>\n\n

\"\"<\/figure>\n

Existen numerosas evidencias arqueol\u00f3xicas de que as gali\u00f1as dom\u00e9sticas xurdiron na China fai 8000 anos e despois e que despois se expandiron cara Europa Occidental, quizais a trav\u00e9s de Rusia. Ao mesmo tempo, a domesticaci\u00f3n acadouse na India e de a\u00ed exportouse a todo o continente asi\u00e1tico. <\/p>\n\n

As gali\u00f1as tam\u00e9n levan en \u00c1frica varios s\u00e9culos e hoxe en d\u00eda constit\u00faen un elemento fundamental da cultura africana. De feito, o galo \u00e9 un dos signos ou emblemas m\u00e1is frecuentes dos seus partidos pol\u00edticos. <\/p>\n\n

En conclusi\u00f3n, as gali\u00f1as son aves estendidas por todo o planeta dende fai s\u00e9culos, polo que est\u00e1n perfectamente adaptadas a todos os climas e condici\u00f3ns de crianza. <\/strong>De feito, \u00e9 curioso comprobar como en cada rexi\u00f3n, segundo as s\u00faas particularidades (humidade extrema, ausencia de choivas ou choivas torrenciais) f\u00f3ronse desenvolvendo as razas, aclimat\u00e1ndose ao caso concreto.<\/p>\n\n

Ademais, case calquera cultura ten experiencia sobrada no seu manexo<\/strong> e \u00e9 un animal pequeno que non require moito espazo nin cantidades grandes de forraxe para o seu mantemento.<\/p>\n\n

Por suposto, estamos falando de pequenas comunidades locais en desenvolvemento onde as gali\u00f1as adoitan vivir en liberdade e as propias aves proc\u00faranse parte do alimento nos seus paseos (insectos, herbas…) posto que os granxeiros non sempre llelo poden proporcionar -ser\u00eda o ideal-.<\/p>\n\n

Hai varias reflexi\u00f3ns interesantes que podemos facer sobre o papel das gali\u00f1as no Terceiro Mundo con motivo do D\u00eda Mundial da Alimentaci\u00f3n. <\/p>\n\n