{"id":35960,"date":"2022-09-09T13:10:25","date_gmt":"2022-09-09T13:10:25","guid":{"rendered":"https:\/\/pazodevilane.com\/cronicas-galineiro\/bosques-de-galicia-onde-os-ollos-atopan-acougo\/"},"modified":"2022-09-09T13:10:26","modified_gmt":"2022-09-09T13:10:26","slug":"bosques-de-galicia-onde-os-ollos-atopan-acougo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pazodevilane.com\/gl\/cronicas-galineiro\/bosques-de-galicia-onde-os-ollos-atopan-acougo\/","title":{"rendered":"Bosques de Galicia: onde os ollos atopan acougo"},"content":{"rendered":"\n
Galicia \u00e9 terra verde por excelencia: auga abondosa, br\u00e9temas e espectaculares paisaxes. Sen d\u00fabida a natureza parouse especialmente nestas paraxes, de maneira moi especial nos bosques galegos, que te\u00f1en a capacidade de dar descanso \u00e1 vista.<\/p>\n\n
E \u00e9 que os bosques aut\u00f3ctonos galegos <\/b>non son s\u00f3 un dos principais atractivos de Espa\u00f1a, sen\u00f3n de toda Europa. De feito, moitos dos mellores bosques atl\u00e1nticos do Continente est\u00e1 situados nestas terras.<\/span><\/p><\/p>\n\n Non nos resistimos aos encantos de Galicia, porque a levamos moi dentro. Por iso quixemos co\u00f1ecer mellor o estado e caracter\u00edsticas dos bosques galegos <\/b>como primeiro paso para po\u00f1elos de novo en valor e para aprecialos como merecen.<\/span><\/p><\/p>\n\n Os bosques aut\u00f3ctonos galegos, tam\u00e9n denominados \u201cfragas\u201d son aqueles non que non interviu a man do home na s\u00faa formaci\u00f3n.<\/p>\n\n Existen dende tempos inmemoriais, a s\u00faa antig\u00fcidade \u00e9 case que incalculable e constit\u00faen ecosistemas aut\u00f3nomos que se rexeneran por si mesmos e est\u00e1n dotados de gran biodiversidade.<\/span><\/p><\/p>\n\n Os r\u00edos, anchos e caudalosos, son os grandes protagonistas do bosque galego, porque a abundancia de auga permite esa riqueza incalculable de fauna e flora.<\/p>\n\n Todo contrib\u00fae \u00e1 formaci\u00f3n de verdadeiras marabillas paisax\u00edsticas: as fragas son sempre moi espesas porque as copas das \u00e1rbores que as forman est\u00e1n cheas de ramallada; por iso a luz raras veces chega at\u00e9 o solo, mant\u00e9ndose as\u00ed unha temperatura e humidade constantes no interior.<\/p>\n\n As br\u00e9temas e n\u00e9boas, as\u00ed como as abondosas choivas, fan o resto. Os solos son ricos en nutrientes, polo que xorden liques, musgos e fentos<\/strong> das m\u00e1is diversas variedades que un se poida imaxinar.<\/span><\/p><\/p>\n\n O bosque aut\u00f3ctono de Galicia por excelencia \u00e9 o atl\u00e1ntico, as\u00ed que -dependendo sempre da altitude e das condici\u00f3ns do substrato- as especies predominantes adoitan ser o carballo, o casti\u00f1eiro, o acivro, o loureiro, o espi\u00f1o e a sobreira.<\/p>\n\n A fauna \u00e9, as\u00ed mesmo, moi rica e variada. Habitan nestes bosques unha gran diversidade de especies, como a marta, o raposo, o teixugo, a xineta, a martuxa, o fur\u00f3n, os gatos monteses, a donicela, e nos \u00faltimos anos o vis\u00f3n americano procedente das granxas. Este \u00faltimo ameaza con converterse en praga.<\/p>\n\n Conviven cos bosques galegos aut\u00f3ctonos outros de plantaci\u00f3n humana, na s\u00faa meirande parte de especies pir\u00f3fitas (eucaliptos) de r\u00e1pido crecemento; tr\u00e1tase de explotaci\u00f3ns de celulosa e madeireiras, nas s\u00faa maior parte.<\/p>\n\n As persoas que visitan por primeira vez o norte de Espa\u00f1a, e moi particularmente Galicia, quedan sempre impresionadas pola altura, porte e aroma que desprenden estas \u00e1rbores aos que consideran parte da paisaxe, sen saber que te\u00f1en unha historia relativamente recente nestas terras.<\/p>\n\n En realidade, son froito principalmente de plantaci\u00f3ns masivas nas d\u00e9cadas dos 50 e 60, que con posterioridade se foron mantendo con obxectivos econ\u00f3micos.<\/p>\n\n Estes bosques non aut\u00f3ctonos te\u00f1en sido obxecto de cr\u00edticas, por argum\u00e9ntase que as \u00e1rbores introducidas son perniciosas para o resto de especies propias e ademais arden con maior facilidade, polo que poden atraer incendios forestais masivos.<\/p>\n\nQue son os bosques aut\u00f3ctonos galegos?<\/h2>\n\n
O eucalipto en Galicia<\/h2>\n\n
Alg\u00fans dos bosques m\u00e1is fermosos de Galicia<\/h2>\n\n
Fragas do Eume<\/h3>\n\n