{"id":30433,"date":"2021-10-25T10:55:02","date_gmt":"2021-10-25T10:55:02","guid":{"rendered":"https:\/\/pazodevilane.com\/cronicas-galineiro\/3-r-4-r\/"},"modified":"2022-06-10T11:17:18","modified_gmt":"2022-06-10T11:17:18","slug":"3-r-4-r","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pazodevilane.com\/gl\/cronicas-galineiro\/3-r-4-r\/","title":{"rendered":"As 3 r medioambientais conv\u00e9rtense en 4 r"},"content":{"rendered":"\n
\u00bfLembras a regla das 3 erres? Xa sabes, reducir, reutilizar e reciclar\u2026 Pois agora os consumidores demandamos dar un paso m\u00e1is. E unha nova r. Recuperar, sumouse \u00e1s tres anteriores. En Pazo de Vilane tratamos de aplicar estas catro premisas \u00e1 nosa actividade diaria e de mellorar d\u00eda a d\u00eda. Cont\u00e1mosche c\u00f3mo tentamos crecer no noso desempe\u00f1o medioambiental e adem\u00e1is propo\u00f1\u00e9mosche algunhas ideas para que as leves \u00e1 t\u00faa propia casa.<\/p>\n\n\n\n
Xa sabes que as 4r consisten en Reducir, Reutilizar, Reciclar e Recuperar. Pero queremos explicarchas con todo detalle:<\/p>\n\n\n\n
Estamos seguros de que xa practicas algo tan saudable para o medioambiente como as 4 r: Reducir, reutilizar, reciclar e recuperar. Pero quiz\u00e1 con estos consellos podes afondar no teu comportamento sostible.<\/p>\n\n\n\n
Comecemos polo primeiro; reducir. Para iso propo\u00f1\u00e9mosche varias iniciativas:<\/p>\n\n\n\n
Reutilizar ou asegunda r: A imaxinaci\u00f3n, ao poder. Pensa en novos usos\u2026 e atr\u00e9vete a ser creativo.<\/p>\n\n\n\n
Reciclar. A terceira \u201cr\u201d no teu fogar.<\/p>\n\n\n\n Recuperar:Tam\u00e9n est\u00e1s facendo moito pola 4 \u201cr\u201d<\/p>\n\n\n\n E a\u00ednda esta 4\u00aa pata se concreta en \u00e1mbitos industriais (pois consiste no tratamento dos residuos que non poder\u00edan nin reducirse, nin reutilizarse, nin reciclarse para liberar enerx\u00eda) xa est\u00e1s facendo moito para que funcione e que se desenvolva.<\/p>\n\n\n\n As\u00ed, ao separar e mandar ao contedor axeitado os teus residuos, est\u00e1n depurando o lixo que chega finalmente os vertedoiros, lugares onde se volve a revisar e se env\u00eda a industrias que xeran enerx\u00eda a trav\u00e9s de procesos avanzados como a combusti\u00f3n, a pir\u00f3lisis, a gasificaci\u00f3n, a dixesti\u00f3n aner\u00f3bica ou a recuperaci\u00f3n de gas residual.<\/p>\n\n\n\n Pro exemplo, moitos pl\u00e1sticos ou as latas de refresco recup\u00e9ranse e deles extr\u00e1ese enerx\u00eda mediante a pir\u00f3lisis.<\/p>\n\n\n\n Tam\u00e9n, ao abonar no teu taller autorizado unha taxa medioambiental rec\u00f3llese tanto o aceite usado de teu motor como as rodas gastadas de teu coche, que nunha parte se converten en subprodutos e noutra se recuperan para xerar enerx\u00eda.<\/p>\n\n\n\n En Pazo de Vilane tratamos de intensificar a aplicaci\u00f3n das 4 r na nosa actividade como empresa. Por exemplo, tentamos, sempre que \u00e9 posible, que as materias primas que adquirimos cheguen cas m\u00ednimas embalaxes. As\u00ed, o penso das gali\u00f1as almac\u00e9nase directamente en tolvas, deste xeito evitamos sacos de pl\u00e1stico innecesarios.<\/p>\n\n\n\n Doutra banda, moi frecuentemente tratamos de reutilizar materiais que xeramos como resultado da nosa actividade. As\u00ed, moitas veces os pal\u00e9s de madeira nos que nos chegan alg\u00fans materiais acaban formando parte de valos ou empalizadas das leiras nas que pastan as nosas gali\u00f1as. Uns cravos, unha capa de verniz, …\u00a1 e quedan preciosas\u00a1<\/p>\n\n\n\n Adem\u00e1is, indirectamente, e gracias ao teu apoio, reutil\u00edzanse centos de miles de envases de ovos Pazo de Vilane todos os anos, a trav\u00e9s do noso concurso 1 idea, 1 arbore<\/a>, que este ano cumpriu a s\u00faa 8\u00aa edici\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n A trav\u00e9s desta iniciativa envi\u00e1desnos xeniais ideas de reutilizaci\u00f3n da \u201ccaixa da gali\u00f1a\u201d-como moitos a chamades- e a cambio n\u00f3s prantamos unha \u00e1rbore nas leiras do Pazo, que non s\u00f3 dan acubillo ou sombra \u00e1s gali\u00f1as, sen\u00f3n que tam\u00e9n axudan a mellorar a contorna da nosa comarca, A Ulloa.<\/p>\n\n\n\n Por suposto, unha grande arte dos nosos residuos- os que non poden reducirse nin reutilizare- acaban sendo seleccionados para ser reciclados por unha empresa especializada en xesti\u00f3n de residuos. Adem\u00e1is, todos os nosos empregados recibiron formaci\u00f3n ao respecto e acerca doutras medidas medioambientais.<\/p>\n\n\n\n<\/figure>\n\n\n\n
As 4 r en Pazo de Vilane<\/mark><\/h2>\n\n\n\n
<\/figure>\n\n\n\n