{"id":29549,"date":"2021-07-20T09:52:25","date_gmt":"2021-07-20T09:52:25","guid":{"rendered":"https:\/\/pazodevilane.com\/cronicas-galineiro\/ganadores-concursos-visitan-pazo-vilane\/"},"modified":"2021-07-22T07:47:55","modified_gmt":"2021-07-22T07:47:55","slug":"ganadores-concursos-visitan-pazo-vilane","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pazodevilane.com\/gl\/cronicas-galineiro\/ganadores-concursos-visitan-pazo-vilane\/","title":{"rendered":"Ga\u00f1adores dos nosos concursos 25 aniversario visitan Pazo de Vilane e reciben unha clase de coci\u00f1a exclusiva"},"content":{"rendered":"\n
\u201cPasamos un d\u00eda inolvidable\u201d Ese foi a mensaxe com\u00fan que nos transmitiron o pasado 17 de xullo as ga\u00f1adoras dos nosos recentes concursos, o do Libro de Recetas do 25 aniversario e a 8\u00aa Edici\u00f3n de \u201c1 idea 1 \u00e1rbore!. Foi unha xornada chea de entretemento, aprendizaxes e goces en familia, pois as vencedoras puideron compartir o premio, un viaxe ao Pazo de Vilane con todos os gastos pagos, cos seus achegados. Encantounos recibirvos a todos. \u00a1Gracias pola vosa visita\u00a1<\/strong><\/p>\n\n\n\n Iniciamos a xornada coa recepci\u00f3n de todo o grupo baixo a sombra dos cedros xigantes que presiden o xard\u00edn de Pazo de Vilane. Al\u00ed, xunto ao h\u00f3rreo, os nosos visitantes-chegados de todos os puntos de Espa\u00f1a: Toledo, Valencia, Madrid, Orense\u2026.-co\u00f1eceron a historia de Pazo de Vilane ou o que \u00e9 o mesmo, a nosa aventura familiar. Ese periplo empresarial no que os Varela-Portas, orixinarios de Lugo, pero afincados en Madrid durante d\u00faas d\u00e9cadas, volvemos en 1996 \u00e1s nosas orixes para lanzar un novo concepto no mercado espa\u00f1ol: o ovo campero de gali\u00f1as criadas en liberdade e pastoreo verde todo o ano.<\/p>\n\n\n\n Ao longo de toda a ma\u00f1\u00e1 fomos amosando todas as instalaci\u00f3ns de Pazo de Vilane, unha instalaci\u00f3n labrega desde as s\u00faas orixes, no s\u00e9culo XVIII, a\u00ednda que a partir dos anos 60 e 70 do XX sufriu un serio deterioro e abandono total da s\u00faa actividade orixinaria.<\/p>\n\n\n\n Os nosos amigos tiveron ocasi\u00f3n de co\u00f1ecer o edificio do Pazo, que est\u00e1 incluido como ben cultural no inventario do Patrimonio Hist\u00f3rico da Xunta de Galicia; a Palleira (antigo almac\u00e9n de palla) que no seu momento ameazaba ruina e hoxe se destina a sala de formaci\u00f3n e eventos de RSC da empresa; os orixinais cortellos de xatos, convertidos na nave de clasificaci\u00f3n, envasado e almac\u00e9n de ovos camperos, ou a antiga sala de orde\u00f1o, onde actualmente se ubican as nosas compa\u00f1eiras do departamento de Administraci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n Pero sen d\u00fabida o momento estrela da ma\u00f1\u00e1 foi a visita a unha das nosas leiras, Susnav\u00e1s, onde o grupo tivo ocasi\u00f3n de mesturarse, contemprar de preto e incluso acari\u00f1ar as nosas gali\u00f1as camperas. A sorpresa para case todos foi a docilidade e a curiosidade das aves , que non dubidaron en acercarse para co\u00f1ecernos e o verdor do pasto de Pazo de Vilane, \u00e1 pesar da onda de calor que percorr\u00eda toda Espa\u00f1a. <\/p>\n\n\n\n A explicaci\u00f3n non \u00e9 outra que o clima privilexiado da Comarca da Ulloa, onde se ubica o Pazo e as s\u00faas terras.<\/p>\n\n\n\n Juan Pedro S\u00e1nchez, director de Producci\u00f3n, Bienestar Animal e Innovaci\u00f3n, explicou que \u201cunha temperatura templada \u00e9 fundamental na cr\u00eda e a boa posta de gali\u00f1as camperas: \u201cCando o term\u00f3metro supera os 26 graos, por cada grao de aumento baixa un 10% a posta de ovos. Beben m\u00e1is e comen menos. Se fai moita calor incluso rechazan sair ao exterior. Imaxinemos c\u00f3mo debe ser a vida das gali\u00f1as en rexi\u00f3ns onde ampliamente se superan os 38 graos moitos d\u00edas de ver\u00e1n\u201d.<\/p>\n\n\n\n En efecto, tam\u00e9n a calidade do ovo baixa, pois ao aumentar o l\u00edquido inxerido, increm\u00e9ntase a porcentaxe acuosa e perde consistencia.<\/p>\n\n\n\n Polo contrario, isto non ocorre no ovo campero galego de Pazo de Vilane, precisamente polas condici\u00f3ns clim\u00e1ticas antes descritas.<\/p>\n\n\n\n Ricardo Fern\u00e1ndez Guerra e Manuel Cordido Rios, profesores nas escolas p\u00fablicas de coci\u00f1a IES Vilamar\u00edn e CIFP Carlos Oroza de Pontevedra, desplaz\u00e1ronse ata o Pazo para impartir aos nosos ga\u00f1adores unha \u201cmaster class\u201d de coci\u00f1a galega co ovo campero como protagonista. <\/p>\n\n\n\n A pesar da maestr\u00eda dos noso h\u00f3spedes- non olvidemos que unha grande parte deles ga\u00f1aron a viaxe gracias ao seu bo facer entre fog\u00f3ns- tivemos a oportunidade de aprender moito sobre t\u00e9cnicas, receitas, truqui\u00f1os e caracter\u00edsticas esenciais do bo produto galego. <\/p>\n\n\n\n Todas as verduras e froitas empregadas nos pratos sa\u00edron da horta que cultivan os propios alumnos nas escolas, e o resto de ingredientes (desde vinagre, o porco celta, ata naturalmente os nosos ovos camperos\u2026) se adquiriron en Galicia, co fin de minimizar a pegada de carbono. <\/p>\n\n\n\n Xa se sabe, a menor distancia do lugar de producci\u00f3n ao de consumo, menor pegada.<\/p>\n\n\n\n A clase transcurriu nun ambiente distendido, ao aire libre, gozando todos da simpat\u00eda de Ricardo e Manuel, e dos seus excelentes pratos, que puidemos degustar a medida que quedaban compretados.<\/p>\n\n\n\n Finalmente, a \u00faltima hora da tarde, despedimos aos nosos premiados, moi contentos, seg\u00fan nos comentaron, por poder co\u00f1ecer o coraz\u00f3n dunha empresa \u201cque pon verdadeira paix\u00f3n no que fai.. e que cumpre o que d\u00ed\u201d<\/p>\n\n\n\n \u00bfTe interesou esta noticia? Subscr\u00edbete ao noso bolet\u00edn e recibir\u00e1s un libro electr\u00f3nico de balde<\/span><\/strong><\/p>\n\n\n\n<\/figure>\n\n\n\n
Visita \u00e1s nosas gali\u00f1as camperas en liberdade<\/span><\/h2>\n\n\n\n
Clase exclusiva de coci\u00f1a co apoio da escola profesional p\u00fablica galega<\/span> <\/h2>\n\n\n\n
Fotograf\u00eda de Johanna Baricot<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<\/figure>\n\n\n\n
<\/figure>\n\n\n\n
Fotograf\u00eda de Johanna Baricot<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n
Fotograf\u00eda de Johanna Baricot<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n