{"id":2917,"date":"2019-08-16T00:00:00","date_gmt":"2019-08-16T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/pazo.devialia.com\/ovos-campeiros-os-favoritos-dos-consumidores\/"},"modified":"2019-08-16T00:00:00","modified_gmt":"2019-08-16T00:00:00","slug":"ovos-campeiros-os-favoritos-dos-consumidores","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pazodevilane.com\/gl\/cronicas-galineiro\/ovos-campeiros-os-favoritos-dos-consumidores\/","title":{"rendered":"Ovos campeiros, os favoritos dos consumidores"},"content":{"rendered":"\n
Aos poucos o consumo dos ovos campeiros est\u00e1 a facerse m\u00e1is popular. Non s\u00f3 polos beneficios que pos\u00faen sen\u00f3n tam\u00e9n pola concienciaci\u00f3n das persoas co respecto ao ciclo natural do animal e o medio ambiente. A liberdade da gali\u00f1a perm\u00edtelle comer pastos tenros, especialmente no norte de Espa\u00f1a, conseguindo uns ovos con maior calidade.
<\/p>\n\n\n\n
Este tipo de crianza est\u00e1 a expandirse non s\u00f3 en Espa\u00f1a sen\u00f3n tam\u00e9n no resto de Europa. En Francia, o Goberno anunciou que a venda de ovos criados por gali\u00f1as engaioladas prohibir\u00edase a partir de 2022. Mesmo, hai cadeas de supermercados que se adiantaron \u00e1 entrada en vigor desta iniciativa e s\u00f3 venden ovos de gali\u00f1as en liberdade.<\/p>\n\n\n\n
Alg\u00fans axentes do mercado, en especial pequenas produci\u00f3ns cunha filosof\u00eda e un proxecto baseado nos valores da sustentabilidade, o coidado do medio ambiente, o coidado animal, o respecto aos seus traballadores, a atenci\u00f3n aos clientes e a responsabilidade de producir alimentos de calidade son os que est\u00e1n a liderar esta tendencia. Segundo os resultados do Eurobar\u00f3metro, en outubro de 2016, m\u00f3strase un aumento de preocupaci\u00f3n polo benestar animal entre os espa\u00f1ois. En 2006, o 71 por cento opinaban que o benestar do animal na granxa era importante, dez anos despois, subiu ao 94 por cento.
<\/p>\n\n\n\n
Os ovos campeiros cada vez son m\u00e1is solicitados no mercado. En Pazo de Vilane, desde os nosos inicios na d\u00e9cada dos 90, a nosa misi\u00f3n empresarial def\u00ednese en base ao coidado pola vida e o benestar dos animais; o respecto da contorna e o medio ambiente; e procesos de traballo e produci\u00f3n sustentables e de car\u00e1cter artesanal.
<\/p>\n\n\n\n
As gali\u00f1as viven en liberdade, tranquilas e sen tensi\u00f3ns, o que redunda na calidade dos ovos que po\u00f1en, ademais da achega nutricional do pastoreo en liberdade.<\/p>\n\n\n\n
Aparentemente os ovos campeiros presentan as mesmas caracter\u00edsticas externas que os que xorden doutros medios de produci\u00f3n. Para que poidas diferencialos cando fagas a t\u00faa compra s\u00f3 ter\u00e1s que mirar o texto que v\u00e9n impreso no ovo. Te\u00f1en uns c\u00f3digos que indican a s\u00faa produci\u00f3n.
<\/p>\n\n\n\n
Se o primeiro d\u00edxito que sae \u00e9 un 3, indica que o ovo procede dunha granxa na que as gali\u00f1as est\u00e1n engaioladas. Se \u00e9 un 2, quere dicir que as gali\u00f1as viven no chan pero nun recinto pechado. Se o d\u00edxito \u00e9 un 1, son gali\u00f1as criadas ao aire libre, de onde v\u00e9n o ovo campeiro. Se \u00e9 un 0, as gali\u00f1as est\u00e1n ao aire libre e tam\u00e9n contan cunha alimentaci\u00f3n ecol\u00f3xica.
<\/p>\n\n\n\n
O incremento do consumo fai que cada vez haxan m\u00e1is empresas que produzan ovos campeiros, polo que o consumidor debe ser moi coidadoso e responsable \u00e1 hora de mercar. Pazo de Vilane \u00e9 pioneiro neste tipo de crianza con gali\u00f1as que gozan durante todo o ano de pastos frescos e tenros grazas ao clima de Galicia. O m\u00e9todo de traballo, filosof\u00eda e a vida nunha contorna privilexiada perm\u00edtenos ofrecer ovos de m\u00e1xima calidade en achegas nutricionais e en sabor.
<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"
Cada vez son m\u00e1is os consumidores que apostan por comprar ovos campeiros ao consideralos de mellor calidade, m\u00e1is nutritivos e m\u00e1is seguros para comer e tam\u00e9n pola s\u00faa concienciaci\u00f3n co coidado do medio ambiente.<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":2247,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false},"categories":[66,22],"tags":[],"yoast_head":"\n