{"id":29066,"date":"2021-06-15T15:49:40","date_gmt":"2021-06-15T15:49:40","guid":{"rendered":"https:\/\/pazodevilane.com\/cronicas-galineiro\/huevos-y-salmonella\/"},"modified":"2024-09-23T13:34:45","modified_gmt":"2024-09-23T11:34:45","slug":"huevos-y-salmonella","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pazodevilane.com\/gl\/cronicas-galineiro\/huevos-y-salmonella\/","title":{"rendered":"Salmonela: c\u00f3mo te afecta e c\u00f3mo podes evitala f\u00e1cilmente"},"content":{"rendered":"\n
A salmonella \u00e9 unha das palabras m\u00e1is temidas e repetidas cando chega a calor. Parece que s\u00f3 ent\u00f3n reparamos no seu potencial perigo e na necesidade de vixiar o procesado dos alimentos, especialmente dos ovos. Con todo, \u00e9 unha bacteria moi com\u00fan que convive connosco todo o ano, en multitude de ambientes, e sen que non nos deamos conta. As boas noticias son que case sempre basta unha boa hixiene e o noso sistema inmunitario para facela fronte.<\/strong><\/strong><\/p>\n\n\n\n Agrupamos as d\u00fabidas m\u00e1is com\u00fans acerca desta bacteria e fomos consultando aos expertos para darlles resposta. Toma nota para previr todos os riscos.<\/strong>\u00a0<\/p>\n\n\n\n \u00c9 un x\u00e9nero bacteriano pertencente \u00e1 familia Enterobacteriaceae, constituido por bacilos gran negativo e con m\u00e1is de 2.500 serotipos rexistrados.<\/p>\n\n\n\n A\u00ednda que o seu h\u00e1bitat natural \u00e9 o tracto dixestivo dos animais e o home, debido a s\u00faa resistencia no ambiente \u00e9 unha bacteria potencialmene ubicua. \u00c9 dicir, convivimos con ella, de feito, foi illada en case calquer sustrato.<\/p>\n\n\n\n A salmonella \u00e9 un axente causante da salmonelosis, unha infecci\u00f3n bacteriana que adoita afectar ao tracto intestinal e ocasionalmente, ao torrente sangu\u00edneo. \u00c9 unha das causas m\u00e1is com\u00fans de gastroenteritirs.<\/p>\n\n\n\n A salmonelosis enm\u00e1rcase dentro das zoonosis (enfermidades ou infecci\u00f3ns que se transmiten dos animais ao home e viceversa, de forma directa ou indirecta) m\u00e1is en concreto zoonosis alimentaria, pois a s\u00faa v\u00eda de transmisi\u00f3n principal est\u00e1 asociada ao consumo de alimentos.<\/p>\n\n\n\n Tam\u00e9n pode definirse como unha toxiinfecci\u00f3n alimentaria.<\/p>\n\n\n\n Na UE a salmonelosis \u00e9 a zoonosis alimentaria \/toxiinfecci\u00f3n alimentaria m\u00e1is habitual en canto ao n\u00famero de brotes e a segunda en canto a de casos (26,4 por cada 100.000 habitantes).<\/p>\n\n\n\n Os casos de salmonelosis producidos no home polo serotipo Enteritidis est\u00e1n xeralmente asociados ao consumo de ovos contaminados, mentres que o serotipo Tuphimurium est\u00e1 m\u00e1is asociado ao de carne de polo, porco ou bovino.<\/p>\n\n\n\n As zoonosis son m\u00e1is com\u00fans do que pensamos: por exemplo, a enteritis por Camylobacter, que causa a chamada diarrea do viaxeiro, \u00e9 unha das enfermidades m\u00e1is com\u00fans en Europa, seg\u00fan apunta a AESAN (Axencia Espa\u00f1ola de Seguridade Alimentaria e Nutrici\u00f3n) e corrobora a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA).<\/p>\n\n\n\n Igualmente, son com\u00fans as infecci\u00f3ns provocadas por E. coli que se desenvolven ao comer alimentos contaminados, carne de animais que aloxan a bacteria ou agua infectada.<\/p>\n\n\n\n As enfermidades producidas por salmonela poden ser graves e son m\u00e1is peligrosas para certos grupos.<\/p>\n\n\n\n \u00c9 dicir, calquer persoa pode contraer unha infecci\u00f3n por salmonela, pero alg\u00fans grupos te\u00f1en m\u00e1is probabilidades de presentar s\u00edntomas graves: os adultos maiores, os nenos menores de 5 anos e as persoas co sistema inmunitario debilitado.<\/p>\n\n\n\n Os s\u00edntomas de infecci\u00f3n xeralmente aparecen entre 6 horas e 6 d\u00edas despois de comer un alimento contaminado, pero poden demorarse moito m\u00e1is. Incl\u00faen diarrea, febre e c\u00f3licos estomacais. Na maior\u00eda dos casos, dura de 4 a 7 d\u00edas e non precisa tratamento con antibi\u00f3ticos. Noutras ocasi\u00f3ns, algunhas persoas deben ser hospitalizadas.<\/p>\n\n\n\n Con todo, a maior\u00eda das persoas afrontan as infecci\u00f3ns por salmonella sen complicaci\u00f3ns ou incluso sen darse conta. O seu sistema inmunitario ou ben as rechaza e impide o seu desenrolo, ou ben \u00e9 capaz de mantelas baixo control, polo que apenas xeran s\u00edntomas.<\/p>\n\n\n\n\u00bfQu\u00e9 \u00e9 a salmonela<\/strong>?<\/span><\/strong><\/h2>\n\n\n\n
\u00bf\u00c9 moi<\/strong> frecuente?<\/span><\/strong><\/h2>\n\n\n\n
\u00bf\u00c9 perigosa a salmonela<\/strong>?<\/span><\/strong><\/h2>\n\n\n\n