{"id":2905,"date":"2019-07-30T00:00:00","date_gmt":"2019-07-30T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/pazo.devialia.com\/un-conto-inquietante-creado-coa-caixa-de-ovo-campeiro\/"},"modified":"2019-07-30T00:00:00","modified_gmt":"2019-07-30T00:00:00","slug":"un-conto-inquietante-creado-coa-caixa-de-ovo-campeiro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pazodevilane.com\/gl\/cronicas-galineiro\/un-conto-inquietante-creado-coa-caixa-de-ovo-campeiro\/","title":{"rendered":"Un conto inquietante\u2026 creado coa caixa de ovo campeiro"},"content":{"rendered":"\n
Imos presentarvos unha idea moi traballada. Unha historia desas que deixan pegada. Cunha introduci\u00f3n que deixa coa boca aberta, un n\u00f3 que engancha e un desenlace do m\u00e1is sorprendente. Listos?
<\/p>\n\n\n\n
Hai uns meses recibimos a idea de Laura para reutilizar a caixa de ovos campeiros de Pazo de Vilane con motivo da sexta edici\u00f3n do noso concurso 1 idea, 1 \u00e1rbore. Como ben sabedes, a finalidade desta acci\u00f3n \u00e9 dobre: por unha banda, axudar a concienciar sobre a importancia da reutilizaci\u00f3n e, polo outro, contribu\u00edr a reforestar a Ulloa.
<\/p>\n\n\n\n
Nesta comarca do interior de Galicia, no concello de Antas de Ulla, at\u00f3pase Pazo de Vilane. Unha das propostas que levamos adiante cada ano \u00e9 a de plantar unha \u00e1rbore dunha especie aut\u00f3ctona por cada unha das ideas que recibimos neste concurso. As\u00ed, axudamos a manter a biodiversidade do bosque galego e tam\u00e9n facemos que a contorna natural das nosas gali\u00f1as sexa mellor.
<\/p>\n\n\n\n
A idea de Lien para darlle unha nova vida \u00e1 caixa da gali\u00f1a conquistounos e non hai nada mellor que vexades v\u00f3s mesmos en que consistiu:<\/p>\n\n\n\n
<\/p>\n\n\n\n
<\/p>\n\n\n\n
Que vos pareceu? Fant\u00e1stico, verdade? Non podemos m\u00e1is que darlle os parab\u00e9ns por esta idea tan orixinal. Grazas \u00e1 transformaci\u00f3n da caixa nun autob\u00fas para os poli\u00f1os cons\u00e9guese unha nova vida que chegar\u00e1 lonxe. Os pasos para seguir son, basicamente, decorar a caixa po\u00f1\u00e9ndoa de p\u00e9 e encost\u00e1ndolle unhas rodas de cart\u00f3n que podes realizar co interior da caixa de Pazo de Vilane para pegar despois con pegamento com\u00fan. Os tons elixidos para a carrocer\u00eda, neste caso, son verdes. Coas pinturas e un rotulador de punta non moi fina en negro para elaborar os detalles de xanelas, portas e demais, teriamos o noso particular autob\u00fas para poli\u00f1os listo.
<\/p>\n\n\n\n
Podes consultar todas as ideas que recibimos nas edici\u00f3ns anteriores do concurso 1 idea, 1 \u00e1rbore de Pazo de Vilane aqu\u00ed: 2014<\/a>, 2015<\/a> , 2016<\/a> , 2017<\/a> e 2018<\/a>. Hoxe tra\u00e9mosvos unha nova participaci\u00f3n no noso concurso de reutilizaci\u00f3n 1 idea, 1 \u00e1rbore que vos vai a deixar a todos coa boca aberta. Imos al\u00e1!<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":2680,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false},"categories":[23,70],"tags":[109],"yoast_head":"\n
<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"