{"id":2901,"date":"2019-06-21T00:00:00","date_gmt":"2019-06-21T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/pazo.devialia.com\/1-idea-1-arbore-preservando-a-biodiversidade-da-ulloa\/"},"modified":"2019-06-21T00:00:00","modified_gmt":"2019-06-21T00:00:00","slug":"1-idea-1-arbore-preservando-a-biodiversidade-da-ulloa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pazodevilane.com\/gl\/cronicas-galineiro\/1-idea-1-arbore-preservando-a-biodiversidade-da-ulloa\/","title":{"rendered":"1 idea, 1 \u00e1rbore: preservando a biodiversidade da Ulloa"},"content":{"rendered":"\n
\u00c9 imprescindible para todas e cada unha das persoas que formamos parte desta empresa familiar. Unha das iniciativas que realizamos para trasladar o noso amor pola terra aos nosos clientes \u00e9 o concurso 1 idea, 1 \u00e1rbore. Neste 2019 alcanzamos a sexta edici\u00f3n e recibimos, nin m\u00e1is nin menos que m\u00e1is de 400 propostas!
<\/p>\n\n\n\n
O obxectivo principal deste concurso de ideas \u00e9 reutilizar a caixa de ovos campeiros de Pazo de Vilane para darlle unha nova vida en cada fogar ao que chega. Conseguimos as\u00ed fomentar a reciclaxe das nosas m\u00edticas caixas, elaboradas con cart\u00f3n reciclado. A reutilizaci\u00f3n \u00e9 unha das li\u00f1as b\u00e1sicas para preservar o medio ambiente e reducir a contaminaci\u00f3n. Por cada idea que chega para darlle un novo uso \u00e1 caixa de Pazo de Vilane compromet\u00e9monos a plantar unha \u00e1rbore na Ulloa durante o inverno de 2020.
<\/p>\n\n\n\n
A Ulloa \u00e9 unha comarca que se atopa en pleno coraz\u00f3n de Galicia. Est\u00e1 formada polos concellos de Palas de Rei, Monterroso e Antas de Ulla, lugar no que se atopa Pazo de Vilane. A s\u00faa localizaci\u00f3n no centro da provincia de Lugo out\u00f3rgalle unha posici\u00f3n privilexiada e chea de paisaxes \u00fanicas. Precisamente para axudar \u00e1 conservaci\u00f3n desas paisaxes e da contorna natural galego plantamos unha \u00e1rbore dunha especie aut\u00f3ctona por cada idea que nos enviastes ao noso concurso.
<\/p>\n\n\n\n
A idea que nos move \u00e9 axudar a preservar a biodiversidade da comarca da Ulloa e conseguir que mante\u00f1a a s\u00faa esencia natural. Para iso apostamos por plantar \u00e1rbores como casta\u00f1os, chopos, freixos, bidueiros ou carballos. Coa contribuci\u00f3n de Pazo de Vilane e de todas as persoas que participan no noso concurso 1 idea, 1 \u00e1rbore, axudamos a reforestar toda a zona.
<\/p>\n\n\n\n
Con esta plantaci\u00f3n cr\u00e9anse novos bosques aut\u00f3ctonos, que son un dos numerosos h\u00e1bitats que se dan en Galicia. A comunidade conta cunhas 20.000 especies animais e vexetais que ven cada vez m\u00e1is ameazada a s\u00faa existencia pola destruci\u00f3n da contorna natural, os incendios ou a aparici\u00f3n de especies invasoras. O territorio galego foi historicamente una das zonas con m\u00e1is biodiversidade agraria de toda Europa. Isto \u00e9 debido \u00e1s caracter\u00edsticas xeogr\u00e1ficas, que crean gran variedade de paisaxes e de h\u00e1bitats, e ao seu clima atl\u00e1ntico con toques mediterr\u00e1neos.
<\/p>\n\n\n\n
Tam\u00e9n influ\u00edron as actividades agr\u00edcolas, gandeiras e forestais, xa que modelaron a paisaxe de Galicia e da Ulloa ao longo dos s\u00e9culos. \u00c9 aqu\u00ed onde entramos n\u00f3s e a pegada que queremos deixar como parte de Pazo de Vilane para as pr\u00f3ximas xeraci\u00f3ns. Para que os que ve\u00f1en tam\u00e9n poidan descubrir as marabillas naturais que n\u00f3s tanto queremos e que loitamos por conservar co noso traballo diario.
<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"
Unha das m\u00e1ximas que temos en Pazo de Vilane \u00e9 coidar de todo o que nos rodea e, especialmente, do medio ambiente.<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":2675,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false},"categories":[23,70],"tags":[109],"yoast_head":"\n