{"id":2899,"date":"2019-10-17T00:00:00","date_gmt":"2019-10-17T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/pazo.devialia.com\/non-perdas-o-fio-con-1-idea-1-arbore\/"},"modified":"2019-10-17T00:00:00","modified_gmt":"2019-10-17T00:00:00","slug":"non-perdas-o-fio-con-1-idea-1-arbore","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pazodevilane.com\/gl\/cronicas-galineiro\/non-perdas-o-fio-con-1-idea-1-arbore\/","title":{"rendered":"Non perdas o f\u00edo con 1 idea, 1 \u00e1rbore"},"content":{"rendered":"\n
Unha semana m\u00e1is, seguimos igual de felices vendo como gozades coas nosas caixas de ovos campeiros. Xa sabedes que en Pazo de Vilane lanzamos a 6\u00aa edici\u00f3n de 1 idea, 1 \u00e1rbore<\/strong> cunha dobre intenci\u00f3n: aprender a reciclar e contribu\u00edr \u00e1 reforestaci\u00f3n na comarca da Ulloa<\/strong>. Por cada idea que nos enviardes, en Vilane comprometi\u00e1monos a plantar durante o inverno de 2020 unha \u00e1rbore de especie aut\u00f3ctona, como casta\u00f1os, carballos, freixos, bidueiros e chopos na comarca da Ulloa (Lugo), contribu\u00edndo as\u00ed \u00e1 reforestaci\u00f3n da zona.<\/p>\n\n\n\n M\u00e1is de 400 ideas son as que participaron nesta iniciativa e non podemos parar de ensinarvos o orixinais e divertidos que chegades a ser. Instrumentos musicais, contos interactivos, xoguetes para mascotas ou caixas de ferramentas son s\u00f3 algunhas das ideas que nos chegaron. Hoxe imos a ensinarvos como facer un costureiro grazas \u00e1 caixa de ovos campeiros de Pazo de Vilane. <\/p>\n\n\n\n Seguro que tes por casa algunha lata de galletas chea de f\u00edos, dedais e alfinetes (a m\u00e1is dun neno romp\u00e9uselle o coraz\u00f3n pensando que ter\u00eda galletas). Pois grazas a \u00c1ngeles e o seu costureiro customizado poder\u00e1s deixar de usar latas. Que necesitas? Soamente unha tea, creatividade e unha caixa de ovos campeiros. Cunha pistola de silicona pega a tea ao redor da caixa, forr\u00e1ndoa por completo. Dentro podes meter unhas caixi\u00f1as ou usar a caixa de ovos para organizala e enchela cos teus utensilios de costura. A decoraci\u00f3n deix\u00e1mola \u00e1 creatividade de cada un. Neste caso, \u00c1ngeles pegou na parte superior diferentes obxectos de costura deixando unha almofada no medio para non perder os alfinetes. O usuario @ MCh tr\u00e1enos outro precioso costureiro, m\u00e1is sinxelo e r\u00e1pido de elaborar, para gardar os teus utensilios e teas. Comeza cortando a tapa da caixa de ovos, forra o interior cunha tea utilizando unha pistola de silicona quente e dec\u00f3raa bordeando a caixa cunha corda, en pouco tempo ter\u00e1s un costureiro ideal para ter gardadas as t\u00faas teas, metros e alfinetes. Tam\u00e9n podes usar esta idea para gardar outras cousas ou usalo de paneira ou froiteiro; n\u00f3s ensin\u00e1mosche a idea, ti pos a creatividade. Se che gusta tecer e est\u00e1s cansada de perder o f\u00edo, temos outra idea fabulosa para ti. Laura tr\u00e1enos este costureiro para nobelos. Novamente forra a caixa enteira con tea e acolcha o seu interior. Despois s\u00f3 tes que gardar as agullas e o nobelo. Cando termines de tecer, ter\u00e1s o nobelo intacto e poder\u00e1s gardar as t\u00faas creaci\u00f3ns sen perder o teu traballo. Non \u00e9 ideal? Unha vez m\u00e1is temos que darvos as grazas por todas as vosas marabillosas ideas e axudarnos a contribu\u00edr a mellorar o medio ambiente facendo que Pazo de Vilane sexa un sitio \u00fanico. Lembrade que podedes consultar na web as ideas de reutilizaci\u00f3n da caixa de ovos campeiros<\/strong> de 1 idea, 1 \u00e1rbore recibidas en 2014<\/a>, 2015<\/a> , 2016<\/a> , 2017<\/a> , 2018<\/a> e 2019<\/a>. Co\u00f1ece m\u00e1is ideas orixinais para ter a t\u00faa casa organizada coas caixas de ovos campeiros de Pazo de Vilane.<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":2898,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false},"categories":[23,70],"tags":[109],"yoast_head":"\n
<\/p>\n\n\n\n
<\/p>\n\n\n\n
<\/p>\n\n\n\n
<\/p>\n\n\n\n
<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"