{"id":28427,"date":"2021-05-13T14:54:20","date_gmt":"2021-05-13T14:54:20","guid":{"rendered":"https:\/\/pazodevilane.com\/cronicas-galineiro\/rafa-valladares-observador-gallinas\/"},"modified":"2021-05-13T16:29:12","modified_gmt":"2021-05-13T16:29:12","slug":"rafa-valladares-observador-gallinas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pazodevilane.com\/gl\/cronicas-galineiro\/rafa-valladares-observador-gallinas\/","title":{"rendered":"Rafa Valladares: o perspicaz observador de gali\u00f1as camperas"},"content":{"rendered":"\n

A xornada de Rafa-irm\u00e1n de Basi, o noso capataz-comeza ben cedo nas granxas de Pazo de Vilane, cando entra nos gali\u00f1eiros para facer a primeira revisi\u00f3n xeral do d\u00eda.<\/p>\n\n\n\n

O seu labor par\u00e9cese \u00e1 dun detective: comproba a temperatura, a humidade relativa, os niveis dos comedeiros\u2026 Calquer anomal\u00eda faille po\u00f1erse en garda: \u00bfFalta moita auga nos bebedoiros? Ent\u00f3n \u00e9 que as gali\u00f1as comeron pouco e debe pescudar por que.<\/p>\n\n\n\n

Rafa, \u00bfc\u00e1nto tempo levas en Pazo de Vilane?<\/strong><\/span><\/strong><\/p>\n\n\n\n

Dentro de pouco cumplirei dous anos. Co\u00f1ec\u00edn o Pazo a trav\u00e9s de Basi, o meu irm\u00e1n m\u00e1is pequeno.<\/p>\n\n\n\n

\u00bfG\u00fastache o teu traballo nas granxas?<\/strong><\/span><\/strong><\/p>\n\n\n\n

Moito; g\u00fastame estar entre animais e cuidalos. A\u00ednda te\u00f1o que aprender de gali\u00f1as camperas- de feito, f\u00e1goo todos os d\u00edas- pero xa distingo ben os seus distintos cacarexos, porque co\u00f1ecelos \u00e9 fundamental para o noso traballo. O cacarexo \u00f3ptimo dunha gali\u00f1a, o que sempre debemos procurar cos nosos coidados, asem\u00e9llase ao ronroneo dun gato. Xa sabes, un ruido constante, suave e monocorde \u00a1Tranquilo, en definitiva.\u00a1<\/p>\n\n\n\n

E dicir, que se pasa algo, elas te avisan\u2026<\/strong><\/span><\/strong><\/p>\n\n\n\n

Desde logo, pero hai que ter experiencia e pasar tempo con elas para detectalo. P\u00f3dese chegar a distinguir un cacarexo de dor, de nerviosismo, de medo, ata de enfermidade.<\/p>\n\n\n\n

\u00a1Casi como cando cuidas a un neno!<\/strong><\/span><\/strong><\/p>\n\n\n\n

Xusto. Porque \u00e1s veces tam\u00e9n hai que separalas como aos nenos nos recreos (r\u00ed). No Pazo estamos tan encima das gali\u00f1as que sabemos cando algunhas est\u00e1n a ter problemas cos seus conx\u00e9neres e c\u00f3mo evitalos. As\u00ed, temos zonas especiais, coutadas, nos gali\u00f1eiros, onde refuxiamos as m\u00e1is d\u00e9biles- ata que collen m\u00e1is peso, por exemplo. Ou as m\u00e1is submisas, aquelas as que picotean as dominantes.<\/p>\n\n\n\n

Tampouco permitimos que as m\u00e1is novas e medosas se amontonen nas s\u00faas horas de descanso, cando non est\u00e1n fora, pastando. As dominantes tenden a escoller os mellores sitios, coller m\u00e1is comida, etc..\u00a1Son abusonas\u00a1 (R\u00ed)<\/p>\n\n\n\n

\u00bfE isto \u00e9 habitual?<\/strong><\/span><\/strong><\/p>\n\n\n\n

Estos comportamentos son normais, instintivos, en lotes de poli\u00f1as novas, onde todav\u00eda se est\u00e1n establecendo as relaci\u00f3ns de xerarqu\u00eda.<\/p>\n\n\n\n

Pero non os permitimos polo seu propio ben. Por iso observamos e resgardamos \u00e1s d\u00e9biles ; recup\u00e9ranse pronto, as reincorporamos e volven a estar felices.<\/p>\n\n\n\n

Desde logo, chegades a co\u00f1ecelas a fondo\u2026<\/strong><\/span><\/strong><\/p>\n\n\n\n

\u00a1E tanto\u00a1 Incluso polo aspecto dos ovos que po\u00f1en. E a\u00ednda que o maior control de calidade neste sentido o realiza o Departamento de Envasado, n\u00f3s fix\u00e1monos moito porque nos \u201cfala\u201d de c\u00f3mo est\u00e1 a gali\u00f1a por dentro. Cando facemos a recollida diaria buscamos detalles para detectar posibles problemas: aspecto rugoso, ou demasiado blanquecino, por exemplo. Pero sempre dentro do seu contexto.<\/p>\n\n\n\n

Expl\u00edcanos mellor esto \u00faltimo\u2026<\/strong><\/span><\/strong><\/p>\n\n\n\n

Pois que buscamos par\u00e1metros que se salgan do normal dentro da idade das gali\u00f1as. \u00c9 d\u00edcir, que as novas po\u00f1en ovos pequenos e de c\u00e1scaras m\u00e1is fortes e as maiores, m\u00e1is grandes e fr\u00e1xiles (a\u00ednda que ambos sexan de boa calidade) Buscamos defectos que suxiran un problema; non o habitual producto de envelecemento da ave.<\/p>\n\n\n\n

A moita xente lle chama \u00e1 atenci\u00f3n o mansas que son as nosas gali\u00f1as. Podemos incluso collelas sen problemas\u2026.<\/strong><\/span><\/strong><\/p>\n\n\n\n

Efectivamente, iso d\u00ed moito de c\u00f3mo est\u00e1n coidadas. Son moi mansas e tranquilas porque non lles falta ning\u00fan nutriente (\u00e1 parte de porque est\u00e1n afeitas ao trato humano) Aseg\u00farote que non ter\u00edan ese comportamento se lles faltasen prote\u00ednas, calcio, hidratos ou alg\u00fan amino\u00e1cido\u2026<\/p>\n\n\n\n

\u00bfRecomendar\u00edas os nosos ovos?<\/strong><\/span><\/strong><\/p>\n\n\n\n

Por suposto, porque todo o equipo de Granxas de Pazo de Vilane prima a calidade frente a cantidade. E a calidade \u00e9 a mellor posible porque o coidado \u00e9 artesanal. O que facemos \u00e9 sen trampa nen cart\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n

\u00bfE c\u00f3mo os prefires, en qu\u00e9 pratos?<\/strong><\/span><\/strong><\/p>\n\n\n\n

Tam\u00e9n ah\u00ed o te\u00f1o claro: en arroz \u00e1 cubana e no flan de ovo caseiro<\/a>.\u00a0<\/p>\n\n\n\n

Rafa, non paramos de falar sobre gali\u00f1as e ovos camperos\u2026 \u00a1F\u00e1lanos de ti e das t\u00faas afici\u00f3ns!<\/strong><\/span><\/strong><\/p>\n\n\n\n

\u00a1Claro! Antes da pandemia encant\u00e1bame practicar deporte. \u00a1Calquera! F\u00fatbol, ciclismo, o que fora. Son moi activo. Tam\u00e9n me gustan moito os animais. Na casa sempre tivemos gali\u00f1as e incluso os meus av\u00f3s ti\u00f1an vacas fai tempo. Como son solteiro e vivo solo, gran parte do meu tempo libre o pasaba cos meus amigos. Pero agora non quedo con eles por temor aos contaxios, Temos a responsabilidade de coidar de Pazo de Vilane, de ah\u00ed que fagamos grupos burbulla, no traballo e fora del.<\/p>\n\n\n\n

\u00bfC\u00f3mo te gustar\u00eda vernos dentro de 5 anos?<\/strong><\/span><\/strong><\/p>\n\n\n\n

Pois coa estabilidade e tranquilidade de seguir traballando aqu\u00ed. Que Pazo de Vilane siga adiante, sendo a gran familia e empresa que \u00e9 hoxe en d\u00eda. \u00a1Pero a\u00ednda m\u00e1is desenvolvida\u00a1<\/p>\n\n\n\n

\u00bfTe ha interesado esta noticia? \u00a1Suscr\u00edbete a nuestro bolet\u00edn y recibir\u00e1s gratis un libro digital!<\/span><\/strong><\/p>\n\n\n\n

Subscr\u00edbete ao noso bolet\u00edn<\/div>
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...<\/div><\/div>
<\/div>\n\t\t\t
<\/div> \n\t\t
\n\t\t\t\t\t\tLin e acepto a pol\u00edtica de privacidade e os termos de uso<\/a><\/div>\n
<\/div>\n
Informaci\u00f3n b\u00e1sica 1\u00aa CAPA sobre Protecci\u00f3n de Datos:<\/strong>\r\nResponsable:<\/strong> Pazo de Vilane | Finalidade:<\/strong> Contestar \u00e1s solicitudes de informaci\u00f3n do interesado, establecemento ou mantemento de Relaci\u00f3ns Comerciais e posiblemente para o env\u00edo de publicidade.\u00a0| Lexitimaci\u00f3n:<\/strong> Consentimento do interesado e interese lex\u00edtimo no desenvolvemento da relaci\u00f3n comercial | Destinatarios:<\/strong> Non se cede a informaci\u00f3n | Dereitos:<\/strong> Acceso, rectificaci\u00f3n, supresi\u00f3n, limitaci\u00f3n, oposici\u00f3n e portabilidade | Informaci\u00f3n adicional:<\/strong> Pol\u00edtica de privacidade<\/a><\/div><\/div><\/div>