{"id":27336,"date":"2020-02-10T20:04:16","date_gmt":"2020-02-10T20:04:16","guid":{"rendered":"https:\/\/pazodevilane.com\/cronicas-galineiro\/antas-de-ulla\/"},"modified":"2021-03-14T08:00:27","modified_gmt":"2021-03-14T08:00:27","slug":"antas-de-ulla2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pazodevilane.com\/gl\/cronicas-galineiro\/antas-de-ulla2\/","title":{"rendered":"Antas de Ulla: o pobo de Pazo de Vilane"},"content":{"rendered":"\n
Antas de Ulla \u00e9 o noso pobo, o lugar onde se empraza Pazo de Vilane e centro xeogr\u00e1fico de Galicia. G\u00fastanos presumir de que \u00e9 o coraz\u00f3n da nosa terra. <\/p>\n\n\n\n
\u00a0E \u00e9 que Antas teno todo: historia, lendas, tradici\u00f3ns, natureza, bo clima e estrat\u00e9xica localizaci\u00f3n. Esaxeramos? Segue lendo e comprobar\u00e1s que quedamos curtos, porque adem\u00e1is a amabilidade das nosas xentes \u00e9 lexendaria.<\/p>\n\n\n\n
Como xa che adiantabamos, Antas de Ulla \u00e9 un pequeno municipio que marca o centro xeogr\u00e1fico de Galicia. Est\u00e1 estrat\u00e9xicamente situado no suroeste da provincia de Lugo, a un paso dos l\u00edmites coas provincias da Coru\u00f1a, Pontevedra e Ourense\u00a0<\/p>\n\n\n\n
\u00a0Hab\u00edtano algo m\u00e1is de 1.900 habitantes repartidos nunhas 133 entidades de poboaci\u00f3n, agrupadas, \u00e1 s\u00faa vez, en 29 parroquias.<\/p>\n\n\n\n
Case todos os seoaneses -xentilicio de Antas de Ulla- ded\u00edcanse a tarefas agr\u00edcolas ou gandeiras, ou ben a industrias derivadas destas d\u00faas actividades, as\u00ed como ao pequeno comercio, \u00e1 hostaler\u00eda, ou ao turismo rural. <\/p>\n\n\n\n
A Comarca da Ulloa, formada polos concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei, \u00e9 un territorio f\u00e9rtil, de gran riqueza cinex\u00e9tica e pisc\u00edcola e de fermosos recursos naturais.<\/p>\n\n\n\n
.\u00a0<\/p>\n\n\n\n
A historia de Antas de Ulla \u00e9 antiqu\u00edsima, e a iso fai menci\u00f3n o seu top\u00f3nimo. De feito, \u201canta\u201d \u00e9 a palabra galega para denominar un dolmen ou tumba neol\u00edtica; e \u00e9 que os historiadores cren que a orixe da actual poboaci\u00f3n \u00e9 un importante asentamento megal\u00edtico. As\u00ed o testemu\u00f1an os restos arqueol\u00f3xicos que poden visitarse na zona, dende petr\u00f3glifos a dolmens\/d\u00f3lmenes, adem\u00e1is de m\u00e1moas ( t\u00famulos funerarios) pasando polos castros de \u00e9poca posterior.<\/p>\n\n\n\n Por outra banda, o apelido do noso municipio fai honra ao r\u00edo Ulla, cuxo nacemento se sit\u00faa nos Montes de Olveda (dentro as\u00ed mesmo do concello de Antas de Ulla), e cuxo caudal enche de vida toda a comarca.\u00a0<\/p>\n\n\n\n Pero sigamos coa Historia de Antas\u2026 Co correr dos s\u00e9culos, os romanos asent\u00e1ronse na zona, pois era un lugar estrat\u00e9xico a medio cami\u00f1o entre as cidades de Lucus Augusti (Lugo) e Iria Flavia, porto importante por ent\u00f3n, situado no actual municipio de Padr\u00f3n, sur da Coru\u00f1a.\u00a0<\/p>\n\n\n\n Foi no s\u00e9culo VI cando se constitu\u00edu o Condado de Ulliensis e Antas de Ulla converteuse nun pr\u00f3spero burgo, cun amplo patrimonio de arquitectura civil e relixiosa que perdurou.\u00a0\u00a0<\/p>\n\n\n\n M\u00e1is tarde, na Idade Moderna, chegaron as pugnas entre grandes se\u00f1ores que se disputaban a hexemon\u00eda do territorio. Desa \u00e9poca (s\u00e9culo XIII) son a Torre ou Fortaleza de Amarante (levantado sobre un castro pola familia Noguerol, condes de Amarante) ou o Pazo de Santa Mari\u00f1a.<\/p>\n\n\n\n ntre 1467 e 1469 tivo lugar en Galicia a Gran Guerra ou revolta Irmandi\u00f1a, considerada a maior guerra civil europea do s\u00e9culo XV, e a Ulloa, lamentablemente, non se librou da traxedia.<\/p>\n\n\n\n Os irmandi\u00f1os (campesi\u00f1os, xentes dos burgos, baixa nobreza e membros do clero) aburados por pestes, fames e a necesidade de pagar impostos excesivos, rebel\u00e1ronse contra os grandes se\u00f1ores, asaltando castelos e fortalezas. Debido aos estragos desta revoluci\u00f3n, s\u00f3 nos chegou parte da Fortaleza ou Castro de Amarante. <\/p>\n\n\n\n A\u00ednda que a “Comarca da Ulloa” conserva no Municipio de Palas de Rei o Castelo Fortaleza de Pambre que foi a \u00fanica que resistiu os estragos das revoltas irmandi\u00f1as. <\/p>\n\n\n\n Pazo de Vilane entrou a formar parte da historia de Antas de Ulla m\u00e1is tarde, a partir do s\u00e9culo XVIII (a\u00ednda que hai quen asegura que \u00e9 anterior). Non era a mansi\u00f3n duns grandes se\u00f1ores, sen\u00f3n un pazo agr\u00edcola t\u00edpico da Galicia interior que congregaba a actividade de campesi\u00f1os, gandeiros e alde\u00e1ns da zona.\u00a0<\/p>\n\n\n\n