{"id":11271,"date":"2020-09-06T14:05:16","date_gmt":"2020-09-06T14:05:16","guid":{"rendered":"https:\/\/pazo.devialia.com\/cronicas-galineiro\/castillo-de-pambre-2\/"},"modified":"2020-10-09T14:32:20","modified_gmt":"2020-10-09T14:32:20","slug":"castelo-de-pambre","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pazodevilane.com\/gl\/cronicas-galineiro\/castelo-de-pambre\/","title":{"rendered":"Co\u00f1ece A Ulloa: o castelo de Pambre"},"content":{"rendered":"\n
<\/p>\n\n\n\n
O Castelo de Pambre sit\u00faase no municipio lucense de Palas de Rei.<\/strong> Este concello xunto con Monterroso e Antas de Ulla (o lugar no que est\u00e1 Pazo de Vilane) forman a comarca da Ulloa. Situada no centro da provincia de Lugo, esta zona foi moi estrat\u00e9xica para o control de Galicia en s\u00e9culos pasados e por iso \u00e9 polo que este edificio consid\u00e9rese un dos m\u00e1is emblem\u00e1ticos da arquitectura militar de toda a comunidade. Fai catro anos exactos, en setembro do ano 2016, o Castelo de Pambre volv\u00eda \u00e1 vida grazas a unha reforma que permitiu a s\u00faa apertura ao p\u00fablico.<\/strong> A restauraci\u00f3n correu a cargo da Xunta de Galicia que, unha vez finalizadas as obras, cedeu a titularidade ao concello de Palas de Rei. Esta era unha vella demanda que os veci\u00f1os da zona levaban anos reclamando. Acomp\u00e1\u00f1anos, que imos descubrir todo o que debes saber sobre o Castelo de Pambre Considerado Ben de Interese Cultural, esta fortaleza data do s\u00e9culo XIV e foi mandada constru\u00edr por Gonzalo Ozores de Ulloa nun alto rochoso e preto do r\u00edo Pambre, para que serviran de defensas naturais. Consid\u00e9rase a \u00fanica construci\u00f3n con car\u00e1cter militar que sobreviviu \u00e1s Revoltas Irmandi\u00f1as de 1467<\/strong>. O Castelo de Pambre pasou por varias mans e familias ata caer no abandono e volver ser de titularidade p\u00fablica no ano 2012, cando a Xunta a adquiriu dunha irmandade relixiosa \u00e1 que fora doado. O castelo ten planta cadrada, con catro torres en cada unha das s\u00faas esquinas e comunicadas por unha muralla e unha destacada no interior, co\u00f1ecida como Torre da Homenaxe. Os muros son de canter\u00eda e siller\u00eda de granito. A impo\u00f1ente torre central ten tam\u00e9n planta cadrada, tres alturas e uns once metros. Desde a s\u00faa parte m\u00e1is elevada p\u00f3dese observar unha panor\u00e1mica \u00fanica da comarca da Ulloa.<\/strong>
<\/p>\n\n\n\n
<\/p>\n\n\n\nUn lugar con historia<\/h2>\n\n\n\n
<\/p>\n\n\n\n
<\/p>\n\n\n\n