{"id":10185,"date":"2020-06-17T13:15:09","date_gmt":"2020-06-17T11:15:09","guid":{"rendered":"https:\/\/pazodevilane.com\/?p=10185"},"modified":"2020-11-12T19:22:31","modified_gmt":"2020-11-12T19:22:31","slug":"menus-economicos-co-ovo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pazodevilane.com\/gl\/cronicas-galineiro\/menus-economicos-co-ovo\/","title":{"rendered":"12 ideas para facer men\u00fas baratos con ovos"},"content":{"rendered":"\n
Cantas veces contamos en Pazo de Vilane que o ovo \u00e9 un dos alimentos m\u00e1is completos que existen? Xa perdemos a conta pero non nos cansamos de repetilo. Fal\u00e1mosche sobre as propiedades da clara<\/a>, chea de prote\u00ednas e de vitaminas imprescindibles para o ser humano, e tam\u00e9n sobre os numerosos beneficios da xema<\/a><\/strong>, a pesar da mala e falsa imaxe que tivo anos atr\u00e1s. Por todas estas calidades e nutrientes, faise imprescindible inclu\u00edr ao ovo campeiro como o de Pazo de Vilane na nosa dieta diaria. P\u00f3dense consumir 6 ou 7 ovos \u00e1 semana<\/a> sen que a s\u00faa inxesta te\u00f1a repercusi\u00f3n negativa na nosa sa\u00fade. Ademais, estamos a falar dun produto barato e ao alcance de todos<\/strong>. Por isto, hoxe tra\u00e9mosche unha serie de men\u00fas econ\u00f3micos con ovos ideais para a t\u00faa sa\u00fade e para o teu peto. Ofrecemos entrantes, tortillas, pratos fortes e sobremesas para que poidas elixir e servir ao teu gusto.\u00a0 F\u00e1ciles de preparar, p\u00f3denche sacar de m\u00e1is dun apuro. A clave est\u00e1 en cocer os ovos \u00e1 perfecci\u00f3n<\/a>, 10 minutos. Para o recheo podemos usar o que te\u00f1amos pola neveira,\u00a0 at\u00fan, cebola, millo, embutidos de pavo ou xam\u00f3n en anaqui\u00f1os, pali\u00f1os de cangrexo\u2026 Aproveita ingredientes e aforrar\u00e1s ademais de ser eficiente. Hai moitas versi\u00f3ns pero este s\u00e1ndwich que propo\u00f1emos \u00e9 perfecto para inclu\u00edr nun men\u00fa econ\u00f3mico con ovo. Tan s\u00f3 tes que coller unha rebanada de pan de molde e esmagar o medio cunha culler, de forma que quede c\u00f3ncavo, cos bordos m\u00e1is altos. Botamos o ovo no oco e encima un lisco de xam\u00f3n e outra de queixo. Un toque de ourego ou pementa, se tes en casa e ao forno 10 minutos. Encantaravos! Escolle unhas patacas das que te\u00f1as por casa de bo tama\u00f1o e ponas a cocer coa pel. Cando estean blandi\u00f1as, bal\u00e9iraas pola metade cunha culler e vertes o ovo nese espazo. Engade un pouco de queixo (en liscos, relado, do pa\u00eds\u2026) por encima e ao forno ata que o ovo calle. Est\u00e1 delicioso e s\u00f3 necesitas 3 ingredientes que tes na despensa. Nun men\u00fa barato con ovos non pode faltar unha boa tortilla de pataca. Tan s\u00f3 necesitamos patacas, aceite e sal, ademais dos xa citados ovos para que quede deliciosa. \u00c9 un prato contundente e que gusta a maiores e a pequenos polo que \u00e9 perfecta para inclu\u00edr nas nosas receitas semanais. Podes facela m\u00e1is pasada ou menos, ao gusto.<\/p>\n\n\n\n Unha opci\u00f3n saborosa e nutritiva, das que as avoas dir\u00edan que \u00e9 de aproveitamento. Por que? Pois porque podemos usar todas as verduras e hortalizas que te\u00f1amos na neveira: cebola, champi\u00f1\u00f3ns, pemento, cabaci\u00f1a, berenxenas, etc. A clave est\u00e1 en ir poch\u00e1ndolas de m\u00e1is dura a menos dura para que todas queden blanditas ao mesmo tempo. Despois s\u00f3 hai que engadir os ovos e deixar que callen.<\/p>\n\n\n\n F\u00e1cil de preparar, barata e rica. Non se lle pode pedir m\u00e1is a este cl\u00e1sico que ademais admite moitas variantes. Hai quen a fai s\u00f3 cun par de ovos batidos, outros lle engaden marmelada por encima (como as que elaboramos de maneira artesanal<\/a> en Pazo de Vilane) , hai alg\u00fans que optan por un toque de queixo, outros de\u00a0 at\u00fan ou xam\u00f3n\u2026 Sempre ao gusto do consumidor. E m\u00e1is nada que engadir. A sinxeleza non est\u00e1 ligada co sabor e por iso os ovos fritos con patacas fritas son un dos pratos m\u00e1is repetidos cando se lle pregunta \u00e1 xente pola s\u00faa comida favorita. Aqu\u00ed deix\u00e1mosche o truco para que salga perfecto<\/a>.<\/p>\n\n\n\n A frittata non pode faltar \u00e1 hora de pensar receitas para men\u00fas baratos. Alg\u00fans chamana a tortilla italiana, pois a s\u00faa orixe est\u00e1 nos campesi\u00f1os de Italia que aproveitaban ingredientes da despensa e que sobraban doutras pratos para elaborala. Pode levar multitude de ingredientes (verduras, pito, carne picada) as\u00ed que a clave est\u00e1 en aproveitar o que te\u00f1as en casa. Un cl\u00e1sico que non pode faltar. A receita tradicional leva pl\u00e1tano frito, e nalg\u00fans lugares eng\u00e1denlle salchichas, pero con que fagas o arroz branco no seu punto xunto coa salsa de tomate e un par de ovos fritos ben feitos, solucionar\u00edas unha comida de forma barata \u00e1 vez que deliciosa. \u00c1 hora de falar de sobremesas con ovo, o flan sempre sae \u00e1 dianteira. A receita tradicional leva ovos, leite e azucre e podes preparalo en pouco tempo polo que ademais de ser unha receita econ\u00f3mica, \u00e9 de r\u00e1pida preparaci\u00f3n. Deix\u00e1mosche unha v\u00eddeo receita<\/a>\u00a0que elaboran en 5 minutos! Ovos, azucre e leite tam\u00e9n son os ingredientes desta sobremesa, a\u00ednda que se tes vainilla non dubides en usala. Aqu\u00ed levaranos un pouco m\u00e1is de tempo a preparaci\u00f3n xa que hai que montar as claras a piques de neve e xuntar as xemas xa batidas con azucre co leite quente. Logo metemos a mestura na neveira e cando arrefr\u00ede, envorcamos nun cunco e coroamos coas claras que pasariamos 20 segundos por microondas. Uno das sobremesas galegas m\u00e1is desexados son as filloas. Son f\u00e1ciles de facer polo que \u00e9 unha boa sobremesa para que colabore toda a familia. Deix\u00e1moste a receita tradicional das filloas<\/a>, tal e como as elaboramos desde sempre en Pazo de Vilane. Xa sabes cales vas inclu\u00edr nos teus men\u00fas baratos con ovos? O mellor \u00e9 ir variando e facendo rotaci\u00f3n con todas elas. As\u00ed descubrir\u00e1s cada semana novos sabores \u00e1 vez que probas os teus dotes de cocinillas. O que est\u00e1 claro \u00e9 que os mellores ovos para elaborar estas receitas son os de Pazo de Vilane<\/strong>, procedentes de gali\u00f1as criadas en liberdade en Galicia. Non esperes m\u00e1is e b\u00f3talle ovos ao teu men\u00fa! Desde Pazo de Vilane present\u00e1mosche unha serie de men\u00fas econ\u00f3micos co ovo como ingrediente principal, cheos de pratos ricos e sinxelos.<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":10135,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false},"categories":[66],"tags":[],"yoast_head":"\n
<\/p>\n\n\n\n
<\/p>\n\n\n\nEntrantes<\/h2>\n\n\n\n
Ovos recheos<\/h3>\n\n\n\n
<\/figure>\n\n\n\n
<\/p>\n\n\n\nS\u00e1ndwich de ovo<\/h3>\n\n\n\n
<\/figure>\n\n\n\n
<\/p>\n\n\n\nPatacas recheas con ovo<\/h3>\n\n\n\n
<\/figure>\n\n\n\n
<\/p>\n\n\n\nTortillas<\/h2>\n\n\n\n
Tortilla de pataca<\/h3>\n\n\n\n
<\/figure>\n\n\n\n
Tortilla de verduras<\/h3>\n\n\n\n
<\/figure>\n\n\n\n
Tortilla francesa<\/h3>\n\n\n\n
<\/figure>\n\n\n\n
<\/p>\n\n\n\nPratos fortes<\/h2>\n\n\n\n
Ovos fritos con patacas<\/h3>\n\n\n\n
<\/figure>\n\n\n\n
Frittata<\/h3>\n\n\n\n
<\/figure>\n\n\n\n
<\/p>\n\n\n\nArroz \u00e1 cubana<\/h3>\n\n\n\n
<\/figure>\n\n\n\n
<\/p>\n\n\n\nSobremesas<\/h2>\n\n\n\n
Flan de ovo<\/h3>\n\n\n\n
<\/figure>\n\n\n\n
<\/p>\n\n\n\nIsla flotante<\/h3>\n\n\n\n
<\/figure>\n\n\n\n
<\/p>\n\n\n\nFilloas<\/h3>\n\n\n\n
<\/figure>\n\n\n\n
<\/p>\n\n\n\n
<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"