Volve o Apalpador

¿Sabías que nas montañas de Lugo vive O Apalpador, un xigante bonachón que baixa tódalas Noiteboas e Fins de Ano a tocar as barriguiñas dos nenos mentres durmen? Segue lendo e coñecerás máis esta antiga tradición lucense que aos poucos se está recuperando en toda Galicia.

A lenda do Apalpador naceu fai séculos, probablemente nas montañas de Lugo, ao redor das terras de Lóucara, Caurel e Cebreiro. Se coñeces estas terras probablemente entenderás por que. Se non as coñeces animámosche a facelo.

Alí, nas frías noites do 24 e 31 de decembro, alumeados polo lume e co único son das chamas crepitantes, os avós sentaban aos netos nos seus xeonllos, dándolles aos seus xestos a importancia do gran misterio que nese momento estaban a punto de desvelar.

Déitate pronto , meu neno, porque o Apalpador está a piques de baixar da súa morada escondida. Só entrará no cuarto se estás durmido. Entón, tocará a túa barriguiña para comprobar se estás cheo ou famento. Se che ve algo flaquiño, deixarache unhas castañas e se ademáis fuches bo este ano, algún agasallo

Non é de estrañar que os nenos galegos se meteran na cama sumidos nunha mestura de terror, intriga e esperanza. ¡Cómo non asustarse ante un carboeiro xigante, de barba vermella, con boina e chaqueta roída chea de parches, que vivía só, alimentándose de froitos do bosque e xabariles que él mesmo cazaba? Pero, ao mesmo tempo, ¿cómo non emocionarse ante a chegada inminente dun mangallón que sixilosamente deixaría castañas e algún agasallo aos pes da cama?

Unha ancestral tradición do Nadal galega

Para que os nenos se calmaran e lograran conciliar o sono,  os avós cantábanlles algunha que outra cantiga tradicional:

Vai-te logo meu ninim/nininha,

marcha agora pra caminha.

Que vai vir o Apalpador

a palpar – che a barriguinha.

Já chegou o dia grande,

dia do nosso Senhor.

Já chegou o dia grande,

E virá o Apalpador

Manhã é dia de cachela,

que haverá gram nevarada

e há vir o Apalpador c´uma mega de castanhas

Por aquela cemba

 já vem relumbrando

o senhor Apalpador

para dar-vos o aguinaldo.”

A tradición di que durante aquelas dúas noites máxicas ningunha persoa maior debía xurar nin enfadarse de ningún xeito nin cos nenos nin cos animais. Moi ao contrario, eran noites nas que as familias querían atraer a properidade, a paz e a boa fortuna.

Así, coa frase “así, así esteas todo o ano” que supostamente pronunciaba o Apalpador tras tocar a barriga dos nenos, desexaba abundancia económica e boas colleitas a tódalas familias que visita as noites do 24 e 31 de decembro.

A historia do Apalpador caeu no esquecemento durante décadas, pero nos últimos anos estase a traballar para recuperala. Sen dúbida, engarza con outros personaxes do norte de España que fan a súa aparición en Nadal, como L’Angleru de Asturias, o el Olentzero del País Vasco.

Todos eles son lendas do rural que revelan costumes ancestrais: modos de vestir, oficios e sociedades e idiosincrasias antropolóxicas das comarcas nas que se ubican.

Hoxe en día este personaxe serve de escusa para poder transmitir unha mensaxe importante ao nenos galegos urbáns: a importancia de retomar as raíces e reconectar coa natureza.

O Apalpador é un personaxe que vive escondido no campo e regala castañas. Tamén se alimenta do que lle dá a terra, algo que para moitos pequenos – que cren que a comida crece nos supermercados- é toda unha novidade.  Por iso pode supoñer un exemplo doutro xeito de vida inmerso no rural.