fbpx

Verán en Pazo de Vilane

Descobre como afrontamos en Pazo de Vilane o cambio de estación e de que modo as nosas galiñas campeiras adáptanse á chegada do verán.

O verán chega a Pazo de Vilane. Volven as reunións familiares e o reencontro con amigos. A natureza cambia de cores e as aves migratorias visítannos de novo. Descobre como viven as galiñas campeiras durante a estación estival e os cambios que se producen nas nosas colleitas ao longo deste período. Percorre a comarca da Ulloa e marabíllate cunha paisaxe única.

Herba máis fresca para as galiñas 

O cambio de estación sempre trae novas rutinas e modifica algúns comportamentos dos animais. Para empezar, no verán os días son máis longos e tal e como comentamos cando falamos de cantos ovos pon unha galiña, este aumento de horas de luz (coñecido como fotoperiodo) é moi importante para a posta das galiñas campeiras. De feito, as investigadoras Alva Vasquez e Antonella Alexandra demostraron neste estudo que o maior número de horas de luz que hai no verán motiva que aumente a porcentaxe de produtividade das poñedeiras. Por este motivo os meses de primavera e verán presentan unha maior produción de ovos que no inverno.

Con todo, o aumento do fotoperiodo non é o único cambio que notan as galiñas de Pazo de  Vilane durante esta época. A pesar do clima atlántico que goza a comarca da Ulloa, o aumento das temperaturas é evidente. Por ese motivo, durante esta estación é frecuente ver como as galiñas estenden as súas ás máis a miúdo buscando arrefriarse. Para nós o benestar das galiñas é prioritario, así que durante o verán vixiamos que os bebedoiros teñan auga fresca e que se atopen á sombra.

Ademais, durante estes meses, os prados onde as galiñas pasan as súas longas horas de recreo contan con herba fresca e brotes deliciosos. Esta maior dispoñibilidade de pastos frescos favorecen a produción de ovos campeiros de gran calidade.

O ciclo de arándanos e framboesas

Coa chegada do estío comeza a recollida do arándano. Ao contrario que as variedades temperás do sur de España, en Pazo de Vilane as campañas de recollida comezan a finais de xuño e prolóngase durante os meses estivais. 

A madurez dos nosos arándanos e grosellas ecolóxicos empeza a colorear os arbustos e, tras ser guiados con estacas hai poucas semanas, atópanse en todo o seu esplendor. O aroma que desprenden ao pasear xunto a eles evoca os momentos felices de colleitas pasadas e confirman que a marmelada deste ano volverá ser moi saborosa.

Pola súa banda as framboesas aínda non están maduras, dado que a súa recollida é máis tardía. De feito, ata finais de agosto ou principios de setembro non chegará o momento no que podamos contar co outro ingrediente estrela das nosas marmeladas artesanais.

Esta época é a de maior trafego para a nosa horta. Os traballos realizados na primavera dan agora os seus froitos: É o momento da colleita de leitugas, pementos, espárragos, tomates e berenxenas. Ademais, todas as nosas árbores froiteiras están en flor aportando vistosos coloridos e doces aromas á nosa contorna.

O verán na comarca da Ulloa

Nos arredores do río Ulla comezan a florecer os xuncos, canas, salgueiros, freixos e fentos. Os roteiros de sendeirismo reciben aos primeiros camiñantes e na Peneda aparecen algúns peregrinos que percorren O Camiño francés.

As árbores plantadas nas anteriores edicións de “Unha idea, unha árbore , comezaron a mostrar os seus primeiros brotes e dende o miradoiro O Farelo de Antas de Ulla pode apreciarse como a vexetación da comarca adoptou tonalidades cálidas e alegres.

O verán en Pazo de Vilane é unha época onde a natureza móstrase colorida e chea de vida. Animámosvos a coñecer a frondosa comarca da Ulloa así como a visitarnos se vos atopades pola zona. Gocemos xuntos destes días de temperaturas agradables e máis horas de luz.

< Volver

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies