Xornada de Portas Abertas

Descobre en que consiste a iniciativa Xornadas de Portas Abertas de Pazo de Vilane coa que abrimos as nosas portas a todo aquel que queira visitarnos. Coa chegada da calor e do verán, as galiñas de Pazo póñense as súas mellores galas para recibir aos visitantes que queren ver en primeira persoa como viven.

Os nosos invitados, que chegan desde todos os puntos de España para esta ocasión tan especial, ven como pastan as galiñas pero tamén descobren a historia do pazo familiar e visitan a nave de envasado e as plantacións das que saen as nosas deliciosas marmeladas artesanais. Aquí atoparás toda a información sobre como participar na Xornada de Portas Abertas e sobre as últimas edicións.